Threskiornis
Threskiornis | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus) | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies e Subespecies | |||||||||||||||
|
Threskiornis é un xénero de aves da orde dos pelecaniformes da familia dos tresquiornítidos e subfamilia dos tresquiornitinos.[1][2]
Inclúe cinco especies vivas de ibis do Vello Mundo que habitan no sur de Asia, Australasia e na África subsahariana,[3] e unha máis, non voadora, extinguida no século XVIII.
Taxonomía
editarDescrición
editarO xénero foi descrito en 1842 polo naturalista inglés George Robert Gray, irmán do máis famoso John Edward Gray,[4] na súa obra A list of the genera of birds Ed.2, Appendix p. 13.[5]
Etimoloxía
editarO nome científico Threskiornis está formado pola raíz do adxectivo do grego antigo θρῆσκος, thrẽskos, "relixioso", "devoto", e o nome ὄρνις órnis, "paxaro", "ave".[6]
Especies e subespeces
editarNa actualidade, a maioría dos autores recoñecen no xénero as especies seguintes,[7][8][9][10] coas subespecies que se indican.[11]
Threskiornis G. R. Gray, 1842
- Threskiornis aethiopicus (Latham, 1790)
- Threskiornis bernieri (Bonaparte, 1855)
- Threskiornis bernieri abbotti (Ridgway, 1893)
- Threskiornis bernieri bernieri (Bonaparte, 1855)
- Threskiornis melanocephalus (Latham, 1790)
- Threskiornis molucca (Cuvier, 1829)
- Threskiornis molucca molucca (Cuvier, 1829)
- Threskiornis molucca pygmaeus Mayr, 1931
- Threskiornis solitarius ¡ (Selys-Longchamps, 1848)
- Threskiornis spinicollis (Jameson, 1835)
Porén, algúns autores considean que Threskiornis bernieri (Bonaparte, 1855), de Madagascar, que está en perigo de extinción,[9] é unha subespecie do ibis sagrado, (Threskiornis aethiopicus bernieri).[Cómpre referencia]
Características
editarOs ibis adultos do xénero Threskiornis miden normalmente uns 75 cm de longo e teñen a plumaxe de corpo branca. A cabeza, o pescozo e as patas (espidas) son negras. A peteiro é groso e curvado. Ambos os sexos son semellantes, pero os inmaturos teñen o pescozo máis branco.
Threskiornis spinicollis difire das outras especies por ter as partes superiores escuras, polo que algúns autores sitúano nun xénero separado, Carphibis (Jameson, 1835), como Carphibis spinicollis.[12]
Bioloxía
editarHabitan en zonas húmidas pantanosas e aliméntanse de diversas especies de peixes, anfibios, crustáceos e insectos.
Son criadores coloniais que constrúen un niño de pau nunha árbore ou nun arbusto no que depositan de dous a catro ovos.
Notas
editar- ↑ Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan & C. L. Wood. (2010): The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology.
- ↑ Peterson, A. P. (2010): Birds of the World - current valid scientific avian names.
- ↑ Ver Threskiornis na IOC World Bird List. Versión 9.2 (2019) Arquivado 23 de abril de 2020 en Wayback Machine. do Congreso Ornitolóxico Internacional.
- ↑ "Gray, George Robert (1808–1872)". En Oxford Dictionary of National Biography. Oxford University Press.
- ↑ Wikispecies.
- ↑ R. S. P. Beekes & Lucien Van Beek (2009): Leiden, Netherlands: Brill Netherlands. ISBN 978-9-0041-7418-4.
- ↑ Threskiornis G. R. Gray, 1842 no ITIS.
- ↑ Clements, J. F. (2012): The Clements Checklist of Birds of the World. Ithaca, NY, USA: Cornell University Press.
- ↑ 9,0 9,1 BirdLife International (2016): Threskiornis bernieri na Lista vermella da UICN.
- ↑ Madagascar Sacred Ibis. Threskiornis bernieri (Bonaparte 1855) na EOL.
- ↑ Threskiornis G. R. Gray, 1842. Especies e subespecies no ITIS.
- ↑ Jobling, J. A. (2019): Key to Scientific Names in Ornithology. En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E., eds.: Handbook of the Birds of the World Alive. Volume 1. Ostrich to Ducks Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Threskiornis |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Threskiornis |
Bibliografía
editar- del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D.A. & de Juana, E., eds. (1992): Handbook of the Birds of the World Alive. Volume 1. Ostrich to Ducks. Barcelona, España: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
- Lowe, Kim W. & Richards, Geraldine C. (1991): "Morphological variation in the Sacred Ibis Threskiornis aethiopicus superspecies complex". Emu 91 (1): 41–45.