Threskiornis solitarius
Threskiornis solitarius, coñecida vulgarmente como ibis da Reunión, ibis sagrado da Reunión ou solitario da Reunión, é unha especie de ave da orde dos pelecaniformes, da familia dos tresquiornítidos e subfamilia dos tresquiornitinos, unha das seis integradas no xénero Threskiornis, endémica da illa da Reunión, que se extinguiu a comezos do século XVIII.[1]
Threskiornis solitarius Ibis da Reunión Ibis sagrado da Reunión Solitario da Reunión | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Restauración de 1854 de Hermann Schlegel, en base nas descriciónes contemporáneas «dunha ave ibis», como unha cegoña. | |||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||
Extinto [1] | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
No círculo, antiga área de dispersión
| |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
Taxonomía
editarDescrición
editarA especie foi descrita en 1848 polo político liberal, entomólogo, ornitólogo e mastozoólogo belga Edmond de Sélys Longchamps.
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:
- Apterornis solitarius Sélys, 1848
- Raphus solitarius Sélys, 1848
- Didus apterornis (Schlegel, 1854)
- Pezophaps borbonica Bonaparte, 1854
- Ornithaptera borbonica (Bonaparte, 1854)
- Apterornis solitaria (Milne-Edwards, 1869)
- Didus borbonica (Schlegel, 1873)
- Didus borbonicus (Schlegel, 1875)
- Ornithaptera solitarius (Hachisuka, 1953)
- Victoriornis imperialis Hachisuka, 1937
- Borbonibis latipes Mourer & Moutou, 1987
Características
editarVellos escritos describen que tiña unha plumaxe de cor branca, coas puntas das ás e a cola negras. Unha mandíbula superior fósil mostraba que o peteiro era máis curto e máis recto que o dos ibis. Con todo, parecíase moito a un pequeno ibis sagrado, pero coas ás e o peteiro curtos.
Este ibis medía uns 70 cm de lonxitude. morfoloxicamente estaba moi preto do ibis sagrado (Threskiornis aethiopicus), coa excepción, como quedou dito, do peteiro, máis curto e máis recto; e o diámetro da pata era maior. A súa masa estímase en aproximadamente 3 kg.[2]
As ás non estaban atrofiadas, pero a configuración dos ósos mostra que esta ave voaba pouco ou mal.
Historia
editarTalvez sexa unha ave descuberta polos navegantes portugueses en 1613.
Até 1995 supoñíase que era un parente do dodo (Raphus cucullatus), e se clasificou, por tanto, na subfamilia dos rafinos (Raphinae) —clado considerado xeralmente como unha subfamilia dos colúmbidos— de aves non voadoras extintas, chamadas antigamente didinos (Didini),[3] que habitaron nas illas Mascareñas de Mauricio e Rodrigues, e se lle deu o nome de Raphus solitarius.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BirdLife International (2017): Threskiornis solitarius na Lista vermella da UICN. Versión 2019.2. Consultada o 9 de outubro de 2019.
- ↑ Mourer-Chauviré, Cécile et al. (2000): "Le Solitaire de la Réunion", en Bull. SEOR n°5-6 p.14-18.
- ↑ Este nome provén dun nome científico hoxe obsoleto do dodo, Didus.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Threskiornis solitarius |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Threskiornis solitarius |
Bibliografía
editar- Fuller, Errol (2001). Extinct Birds. Nova York: Comstock. ISBN 978-0-8014-3954-4.
- Fuller, Errol (2002). Dodo – From Extinction To Icon. Londres: HarperCollins. ISBN 978-0-0071-4572-0.
- Parish, Jolyon C. (2013). The Dodo and the Solitaire: A Natural History. Bloomington: Indiana University Press. ISBN 978-0-2530-0099-6.
- Rothschild, Walter (1907). Extinct Birds. Londres: Hutchinson & Co.
- Strickland, Hugh Edwin; Melville, A. G. (1848). The Dodo and Its Kindred; or the History, Affinities, and Osteology of the Dodo, Solitaire, and Other Extinct Birds of the Islands Mauritius, Rodriguez, and Bourbon. Londres: Reeve, Benham and Reeve.
Ligazóns externas
editar- Raphus solitarius en The extinction website.