Lionel Walter Rothschild

político e zoólogo británico

Lionel Walter Rothschild, 2º barón Rothschild, nado en Londres, Inglaterra, o 8 de febreiro de 1868, e finado na mesma cidade o 27 de agosto de 1937, foi un banqueiro, político e zoólogo británico, membro da prominente familia Rothschild.

Lionel Walter Rothschild
Walter Rothschild.jpg
Nacemento8 de febreiro de 1868
 Londres
Falecemento27 de agosto de 1937
 Tring
SoterradoCemitério judaico de Willesden
NacionalidadeReino Unido
RelixiónXudaísmo
Alma máterMagdalene College
Ocupaciónbiólogo, banqueiro, político, zoólogo, ornitólogo, entomólogo e lepidopterologia
PaiNathan Rothschild, 1º Barão Rothschild
NaiEmma Louisa Rothschild
FillosOlga Alice Muriel Rothschild
IrmánsCharles Rothschild
PremiosMedalha Vitória
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

 
Rothschild no seu carruaxe.

Estudou no Magdalene College da Universidade de Cambridge. Coñecido pola súa excentricidade, tiña canguros no xardín da súa casa, e chegou a adestrar a un grupo de cebras para que tiraran do seu carruaxe. Entre 1889 e 1908 traballou na empresa familiar N. M. Rothschild and Sons de Londres.

ZooloxíaEditar

A súa gran paixón foi a zooloxía, especialmente a disecar a aves e coleccionar bolboretas. Neste sentido foi patrocinador e membro de varias expedicións zoolóxicas a numerosas partes do mundo, así como autor de numerosos escritos sobre a materia.

Construíu un zoolóxico particular na localidade de Tring, cerca da súa residencia de Hertfordshire, que se abriu ao público en 1892. En 1932, para poder facer fronte a problemas económicos, cedeu a maior parte da súa gran colección de aves ao Museo Americano de Historia Natural. O resto da colección iría a parar ao Museo Británico un pouco máis tarde, en 1936. O "Museo Zoolóxico Walter Rothschild" é hoxe unha sección do Museo de Historia Natural de Londres.

Actividade políticaEditar

Foi deputado conservador por Aylesbury entre 1899 e 1910.[1] De ideas sionistas e amigo próximo do líder sionista británico Chaim Weizmann, é coñecido por ter sido o destinatario da Declaración Balfour, unha carta enviada polo ministro de Asuntos Exteriores Arthur Balfour, do partido conservador, o 2 de novembro de 1917, na que se lle informaba da decisión do Goberno británico de apoiar a construción dun «fogar nacional xudeu» no Mandato Británico de Palestina, e se lle pedía que puxera esta decisión en coñecemento da Organización Sionista Mundial.[1] Cómpre aclarar, porén, que finalmente, trinta anos máis tarde, no momento decisivo en 1948, xa morto Rothschild, foi o partido laborista o que pediu o recoñecemento por parte do Reino Unido do estado de Israel que se estaba creando, con Chaim Weizmann, íntimo amigo de Walter e un gran liberal, como primiero presidente de Israel.[2]

AbreviaturaEditar

A abreviatura Rothschild emprégase para recoñecer a Lionel Walter Rothschild como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar

Ligazóns externasEditar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.