Abrir o menú principal
Plagadis falcinellus en voo, ave que pode verse ás veces en Galicia.
Cabeza de ibis escarlata (Eudocimus ruber) adulto.

Os ibis[1] son as aves da subfamilia dos tresquiornitinos (Threskiornithinae). Son aves pelecaniformes[2][3] de pescozo longo e peteiro curvado para abaixo, que habita en zonas húmidas, bosques e chairas.[4]. Aliméntanse en grupo sondando o barro co peteiro para obter a comida, normalmente crustáceos. A maioría fai o seu niño nas árbores, a miúdo rodeado de garzas e cullereiros. Son monógamos e moi territoriais cando están aniñando e alimentándose.[4] Todas as especies viventes son voadoras, pero hai dous xéneros extinguidos non voadores, que son o Apteribis de Hawaii, que lembra a un kiwi, e o peculiar Xenicibis de Xamaica.[4] O nome ibis vén do latín ibis[5] e este do grego ἶβις (ibis), e este á súa vez do exipcio hb, hīb.[6]

Os tresquiornitinos mazarico negro ou mouro (Plegadis falcinellus) e ibis pelado (Geronticus eremita) están incluídos na Lista de aves de Galicia.

Xéneros e especiesEditar

Na culturaEditar

Segundo o folklore, o ibis é o último animal que se refuxia antes dun furacán, e o primeiro en reaparecer despois do paso da tormenta.

O ibis sagrado Threskiornis aethiopicus era venerado na relixión do antigo Exipto, e estaba asociado ao deus Djehuty, denominado en grego Thoth. Estaba relacionado coa escritura, matemáticas, medidas e o tempo e tamén coa lúa e a maxia.[7] Nas obras de arte do Período tardío do Antigo Exipto, Thoth representábase popularmente como un home con cabeza de ibis que está escribindo.[7]

Na cidade de Hermopolis, o ibis criábase especificamente para utilizalo despois nos sacrificios, e no serapeum en Saqqara, os arqueólogos atoparon momias dun millón e medio de ibis e de centos de miles de falcóns.[8]

Galería de imaxesEditar

NotasEditar

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para ibis.
  2. 2,0 2,1 Clements, J. F., T. S. Schulenberg, M. J. Iliff, B.L. Sullivan, and C. L. Wood. 2010. The Clements checklist of birds of the world: Version 6.5. Cornell University Press. Downloadable from Cornell Lab of Ornithology
  3. Peterson, A. P. 2010. Birds of the World -- current valid scientific avian names. Consultado en xaneiro de 2011.
  4. 4,0 4,1 4,2 Longrich, N. R.; Olson, S. L. (5 January 2011). "The bizarre wing of the Jamaican flightless ibis Xenicibis xympithecus: a unique vertebrate adaptation". Proceedings of the Royal Society B: Biological Sciences 278 (1716): 2333–2337. doi:10.1098/rspb.2010.2117. Consultado o 12 November 2015. 
  5. "ibis". Chambers Dictionary.
  6. R. S. P. Beekes, Etymological Dictionary of Greek, Brill, 2009, p. 575.
  7. 7,0 7,1 Birmingham Museum of Art (2010). Birmingham Museum of Art : guide to the collection. [Birmingham, Ala]: Birmingham Museum of Art. p. 65. ISBN 978-1-904832-77-5. 
  8. Fleming, Furgus; Alan Lothian; Duncan Baird Publishers. The Way to Eternity: Egyptian Myth. Amsterdam: Time-Life Books. 1997. pp. 66-67

Véxase taménEditar

LigazónsexternasEditar