Thema de Colonea
O thema de Colonea ou Coloneia (grego: θέμα Κολωνείας, théma Kolonéias) foi unha provincia civil-militar (thema) do Imperio bizantino localizada no norte de Capadocia e o sur do Ponto, na actual Turquía.
Foi creado nalgún momento de mediados do século IX e sobreviviu até a súa conquista polos turcos selxúcidas despois da batalla de Manzikert en 1071.
Historia
editarOrixinalmente formaba parte do thema de Armenia, sendo formado a partir do núcleo da cidade de Colonea no río Lykos (actual Şebinkarahisar)[1]. O thema está testemuñado por primeira vez en 863, pero aparentemente existira como distrito separado en datas anteriores. Nikolaos Oikonomides interpreta unha referencia do xeógrafo árabe al-Masudi, que afirma que foi inicialmente unha kleisura (un distrito de fronteira fortificado)[2][3][4]. Ademais, unha versión da Vida dos 42 Mártires de Amorium menciona que o emperador Teófilo (r. 829-842) nomeou a certo spatharios chamado Kallistos como o seu dux sobre 842, facéndoo a data probábel da conversión en thema (xunto á veciña Caldia).
A súa localización remota preservouna das incursións árabes, excepto unha por parte de Sayf al-Dawla en 939/940. En 1057, o rexemento local, baixo Katakalon Kekaumenos, apoiou a revolta de Isaac I Comneno. En 1069, o thema foi ocupado polo mercenario normando sublevado Robert Crispin. A rexión caeu ante os turcos selxúcidas pronto despois da batalla de Manzikert en 1071[5].
Localización
editarNo De Thematibus, o emperador Constantino VII (r. 913–959) describe o thema como unha pequena circunscrición que abarcaba á parte de Colonea, Neocaesarea no leste, Arabraca, Monte Phalakros (probabelmente o actual Karaçam Dáğı), Nicopolis e Tephrike. Tamén comprendía dezaseis fortalezas que non se nomeaban. Finalmente rexístrase que o seu pai, León VI o Sabio (r. 886–912), separou a turma de Kamacha de Colonea para formar (xunto con Keltzene) o novo thema de Mesopotamia[6].
Notas
editar- ↑ Kazhdan 1991, p. 1138.
- ↑ Oikonomides 1972, p. 349.
- ↑ Pertusi 1952.
- ↑ Bryer & Winfield 1985, p. 147.
- ↑ Bryer & Winfield 1985.
- ↑ Kazhdan 1991, p. 1092.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Bryer; Winfield. Byzantine Monuments and Topography of the Pontos, Volume 1. Washington, District of Columbia: Dumbarton Oaks Research Library and Collection. ISBN 0-88402-122-X.
- Kazhdan (ed.). The Oxford Dictionary of Byzantium. New York, New York and Oxford, United Kingdom: Oxford University Press. ISBN 978-0-19-504652-6.
- Oikonomides, N. (1972). Les Listes de Préséance Byzantines des IXe et Xe Siècles (en francés). Paris: Editions du Centre National de la Recherche Scientifique.
- Pertusi. Constantino Porfirogenito: De Thematibus (en italiano). Rome, Italy: Biblioteca Apostolica Vaticana.