Isaac I Comneno
Isaac I Comneno, nado contra o ano 1005 e finado en 1061, foi emperador bizantino de 1057 a 1059. Foi o primeiro emperador da dinastía Comneno.
Isaac I Comneno | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1007 |
Lugar de nacemento | Imperio Bizantino |
Falecemento | 1060 e 1061 |
Lugar de falecemento | Mosteiro de Estúdio |
Soterrado | Igreja dos Santos Apóstolos |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | oficial |
Pai | Manuel Erótico Comneno |
Cónxuxe | Catarina da Bulgária |
Irmáns | João Comneno (doméstico das escolas) e Unnamed daughter of Manuel Erotikos Komnenos |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Isaac era fillo de Manuel Comneno, un oficial do emperador Basilio II que no seu leito de morte encomendara aos seus dous fillos, Isaac e Xoán, ao emperador. Este encargárase de que os dous recibisen unha esmerada educación no mosteiro de Studion; máis adiante, deulles importantes cargos no exército. En 1057 era o comandante en xefe do exército bizantino, e encabezou unha rebelión contra o emperador Miguel VI. O 8 de xuño dese ano foi proclamado emperador polas súas tropas e elevado sobre un escudo, segundo a antiga tradición militar. O 20 de agosto dese mesmo ano derrotou ás tropas de Miguel II, e o 1 de setembro entrou triunfante en Constantinopla.
Propúxose reformar o exército para recuperar para o Imperio a grandeza da época de Basilio II. Para recadar fondos, comezou a confiscar propiedades á aristocracia latifundista, que se enriqueceu enormemente nos anos de crises que seguiron á morte de Basilio II, en 1025. Intentou tamén confiscar propiedades da Igrexa, o que produciu o seu enfrontamento co patriarca de Constantinopla Miguel Cerulario, que fora antes partidario seu e traballara activamente para a súa entronización. Como o patriarca ameazase a Isaac con destituílo, o emperador fíxoo deter e enviouno ao exilio o 8 de novembro de 1058. Como Cerulario se negase a renunciar ao seu cargo, Isaac fixo que se convocase formalmente un sínodo para destituílo. O patriarca morreu antes de que o sínodo puidese ditar sentenza, pero o pobo de Constantinopla considerouno un mártir. Pouco máis dun ano logo de comezar o seu reinado, Isaac atopábase coa oposición frontal da aristocracia, da Igrexa e do pobo de Constantinopla; só o exército continuaba séndolle leal.
Realizou unha única expedición militar durante o seu breve reinado, en 1059, contra os maxiares e pechenegos, que ameazaban as fronteiras setentrionais do Imperio. A finais de 1059, cando se atopaba cazando, enfermou repentinamente, e nomeou como sucesor, forzado por Miguel Psellos, a Constantino Ducas. Morreu en 1061, tras tomar o hábito de monxe en Studion, onde se dedicou aos estudos literarios.
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Miguel VI Estratiótico |
Isaac I Comneno | Precede a: Constantino X Ducas |
Dinastía Ducas-Comneno |
Véxase tamén Editar
Bibliografía Editar
- Norwich, John Julius: Breve historia de Bizancio. Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1819-3