Miguel I Cerulario, en grego medieval Μιχαήλ Α' Κηρουλάριος, e en latín Michael I Cerularius, nado en Constantinopla contra o ano 1000 e finado o 21 de xaneiro de 1059, foi patriarca de Constantinopla do 25 de marzo de 1043 ao 2 de novembro de 1058.

Modelo:BiografíaMiguel Cerulario

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento1005 Editar o valor en Wikidata
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1059 Editar o valor en Wikidata (53/54 anos)
Constantinopla, Turquía Editar o valor en Wikidata
Patriarca de Constantinopla
1043 – 1059
← Aléxio de Constantinopla (pt) TraducirConstantino III de Constantinopla (pt) Traducir → Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
ResidenciaConstantinopla Editar o valor en Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónbispo Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteEnciclopedia Larousse en liña
Pequeno Dicionario Enciclopédico de Brockhaus e Efron
Novo Dicionario Enciclopédico, 1911-1916 Editar o valor en Wikidata
BNE: XX1325770

Traxectoria

editar

Foi un dos axentes da ruptura entre as Igrexas de Constantinopla e de Roma en 1054 (Gran Cisma de Oriente). Foi excomungado por León IX.

En 1056, rexeitou aliarse con Teodosio, curmán do emperador Constantino IX Monómaco na súa loita polo poder contra Miguel VI. Sábese, con todo, que se opuña á facción que estaba no poder en Constantinopla. Foi enviado ao exilio, pois o emperador sospeitaba que quería ocupar o seu posto. Unha vez morto, fíxose regresar o seu corpo a Constantinopla para o enterrar con grande pompa. Miguel Psellos, un dos seus máis vivos opositores, escribe unha oración fúnebre e un panexírico. Cerulario era extraordinariamente popular e o poder vixente quería aproveitarse do fervor do pobo con vistas aos seus propósitos. A súa sobriña, Eudocia Makrembolitissa, muller do emperador Constantino X, fará del o portaestandarte da independencia da Igrexa Ortodoxa con respecto á romana despois do cisma de 1054.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar