Constantino X Ducas
Constantino X Ducas, nado en 1006 e finado en maio de 1067, foi emperador do Imperio Bizantino entre 1059 e 1067. Foi nomeado sucesor por Isaac I Comneno, antes de retirarse a un mosteiro, grazas ao consello de Miguel Psellos.
Nome orixinal | (el) Κωνσταντίνος Ι΄ Δούκας |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1006 (Gregoriano) Anatolia, Turquía |
Morte | 22 de maio de 1067 (60/61 anos) Constantinopla, Turquía |
Lugar de sepultura | Igreja dos Santos Apóstolos (pt) |
Emperador bizantino | |
24 de novembro de 1059 – 22 de maio de 1067 ← Isaac I Comneno – Romano IV Dióxenes → | |
Actividade | |
Ocupación | gobernante |
Familia | |
Familia | Dinastia dos Ducas (pt) |
Cónxuxe | Eudocia Makrembolitissa |
Fillos | Miguel VII Ducas, Anna Doukaina, Andrónico Ducas, Teodora Ana Ducaina Selvo, Constâncio Ducas, Zoe Doukaina |
Irmáns | João Ducas |
Descrito pola fonte | Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Traxectoria
editarConstantino estaba casado con Eudocia Macrembolitissa, sobriña de Miguel Cerulario. Tanto Eudocia como Miguel Psellos foron figuras moi poderosas durante o seu reinado. Valedor da aristocracia civil de Constantinopla, foi bastante impopular. Limitou considerabelmente o financiamento do exército, o que se traduciu en importantes perdas territoriais. Durante o seu reinado, perdéronse case todas as posesións bizantinas en Italia (fóra dun exiguo territorio ao redor de Bari) a mans do normando Roberto Guiscardo; tamén se produciron as invasións dos selxúcidas, guiados por Alp Arslan, quen conquistaron Armenia e Capadocia. Constantino, que xa era ancián cando accedeu ao poder, morreu en 1067.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Norwich, John Julius: Breve historia de Bizancio. Editorial Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1819-3. (en castelán)
Imperio Bizantino | ||
---|---|---|
Segue a: Isaac I Comneno |
Constantino X Ducas | Precede a: Romano IV Dióxenes |
Dinastía Ducas-Comneno |