Eudocia Makrembolitissa
Eudocia Makrembolitissa ou Eudoxia Macrembolitissa (en grego: Ευδοκία Μακρεμβολίτισσα), foi unha emperatriz bizantina. Morta en 1096, era sobriña do patriarca Miguel Cerulario
Eudocia Makrembolitissa | |
---|---|
![]() | |
Nacemento | 1021 |
Falecemento | 1096 e 1096 |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | escritora, raíña e Freira |
Cónxuxe | Constantino X Ducas e Romano IV Dióxenes |
Fillos | Nicéforo Diógenes, Leão Diógenes, Andrónico Ducas, Constâncio Ducas, Anna Doukaina, Miguel VII Ducas, Teodora Ana Ducaina Selvo e Zoe Doukaina |
Na rede | |
![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Casa de primeiras en 1050 con Constantino X Ducas († 1067), emperador bizantino. Á morte deste último, exerceu a rexencia no nome dos seus tres fillos Miguel VII, Andrónico e Constantino. Volveu casar con Romano IV Dióxenes.
Eudocia asegurou a canonización de Cerulario pouco tempo despois da súa morte, facendo del o campión da independencia espiritual dos gregos despois do Gran Cisma de Oriente de 1054.
Foi apartada do poder polo seu fillo máis vello Miguel VII en 1071, e mandada ao exilio nun mosteiro do Bósforo. Nicéforo III Botaniates, que derrocou a Miguel VII en 1078, fíxoa volver á capital e colmouna de favores.