Miguel VII Ducas, emperador de Bizancio entre 1067 e 1078). Foi tamén coñecido como Miguel Parapinaces ("menos dun cuarto"), pola depreciación que durante o seu reinado sufriu a moeda bizantina.

Infotaula de personaMiguel VII Ducas

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1050 Editar o valor em Wikidata
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Morte1090 Editar o valor em Wikidata (39/40 anos)
Constantinopla Editar o valor em Wikidata
Byzantine emperor (en) Traducir
22 de maio de 1067 – 24 de marzo de 1078
← Constantino X DucasNicéforo III → Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeImperio Bizantino Editar o valor em Wikidata
RelixiónCristianismo ortodoxo Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónclérigo , monxe Editar o valor em Wikidata
Familia
FamiliaDinastia dos Ducas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
CónxuxeMaria Bagrationi (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosConstantino Ducas (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaisConstantino X Ducas Editar o valor em Wikidata  e Eudocia Makrembolitissa Editar o valor em Wikidata
IrmánsConstâncio Ducas (pt) Traducir, Andrónico Ducas (pt) Traducir, Teodora Ana Ducaina Selvo (pt) Traducir, Anna Doukaina (en) Traducir, Zoe Doukaina (en) Traducir, Nicéforo Diógenes (pt) Traducir e Leão Diógenes (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
ParentesAdriano Comneno (pt) Traducir (cunhado (pt) Traducir)
Domenico Selvo (pt) Traducir (cunhado (pt) Traducir)
Constantino Diógenes (pt) Traducir (stepbrother (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata

WikiTree: Doukas-18
Miguel VII Ducas, miniatura da Santa Coroa húngara.

Traxectoria editar

Miguel VII era fillo do emperador Constantino X Ducas e da súa esposa Eudocia. Ao morrer o seu pai o 21 de maio de 1067, Eudocia asumiu a rexencia do Imperio. Pouco despois contraeu matrimonio con Romano IV Dióxenes, que foi coroado novo emperador o 1 de xaneiro de 1068.

Romano IV foi derrotado polos selxúcidas na batalla de Manzikert (1071) (en gran parte debido á escasa belicosidade demostrada polo curmán de Miguel, Andrónico Ducas, o que fixo pensar aos historiadores nunha conspiración da aristocrática familia dos Ducas para acabar co poder de Romano IV). O césar Xoán Ducas, pai de Andrónico, conseguiu que o seu sobriño Miguel fose proclamado emperador e coroado en Santa Sofía, en tanto que a súa nai, Eudocia, era recluída nun convento. Os exércitos mandados por Xoán e Andrónico venceron aos restos das tropas derrotadas de Romano IV, quen foi cegado, e morreu pouco despois a consecuencia das súas feridas.

Miguel VII negouse a aceptar o tratado que o seu predecesor, Romano IV, asinara co sultán selxúcida, Alp Arslan. Como consecuencia, as invasións turcas continuaron e en 1080 constituíuse o sultanato de Rüm, que dominaba a maior parte de Anatolia.

Durante o reinado de Miguel, a situación do Imperio foise progresivamente deteriorando: ademais das incursións selxúcidas, aumentaron en Occidente os ataques de pechenegos e maxiares, a inflación aumentou considerabelmente (orixe do alcume do emperador, Parapinaces, "menos dun cuarto"), e producíronse varias insurreccións militares.

A primeira foi a do mercenario normando Roussel de Bailleul, quen fundou un estado independente en Anatolia, aínda que foi derrotado polo xeneral e futuro emperador Aleixo I Comneno. Máis adiante, en novembro de 1077, levantouse contra Miguel Nicéforo Brienio, que foi aclamado emperador en Adrianópolis, e, en Oriente, conduciu unha nova insurrección Nicéforo Botaniates, strategos do thema de Anatolikon. Ao mesmo tempo, estalaron revoltas en Constantinopla, e Miguel viuse obrigado a abdicar e refuxiarse ao mosteiro de Studion. Nicéforo Botaniates entrou triunfalmente na capital, e fixo cegar ao seu rival Nicéforo Brienio.

Imperio Bizantino

Segue a:
Romano IV Dióxenes
Miguel VII Ducas
Precede a:
Nicéforo III
Dinastía Ducas-Comneno

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Norwich, John Julius. Breve historia de Bizancio. Editorial Cátedra, 2000. ISBN 84-376-1819-3.
  • Miguel Pselo. Vidas de los emperadores de Bizancio. Editorial Gredos, 2005. ISBN 84-249-2754-0.