Nicéforo Brienio, o Vello
Nicéforo Brienio era un xeneral bizantino do século XI. Foi o fillo máis vello de Nicéforo Brienio.
Nicéforo Brienio, o Vello | |
---|---|
Nacemento | século XI |
Lugar de nacemento | Edirne |
Falecemento | 1095 |
Lugar de falecemento | Edirne |
Nacionalidade | Imperio Bizantino |
Ocupación | militar |
Pai | Nicéforo Briénio |
Irmáns | John Bryennios |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria editar
Ingresou no exército baixo as ordes de seu pai no reinado de Romano IV Dióxenes do que foi irmán adoptivo. Apreciado pola súa intelixencia e rectitude, participou xunto ao emperador na súa última campaña contra os selxúcidas en 1071, data na que obtivo o título de magistros e Duque de Dirraquio (Dux de Dyrrachium). Esmagou o levantamento eslavo de 1072 e foi o representante máis distinguido da aristocracia militar bizantina na área europea do imperio. En novembro de 1077 entrou como emperador en Adrianópole, a súa cidade natal, e desde alí enviou forzas contra as murallas de Constantinopla. O seu alzamento coincidiu co do seu homónimo Nicéforo Botaniates en Asia Menor, quen lle tomou a dianteira e fíxose coa capital en marzo de 1078, forzando a renuncia de Miguel Parapinaces. A súa rebelión foi sufocada pouco despois por Aleixo Comneno, naquel momento un dos xenerais de Botaniates. Foi cegado entre abril e maio de 1078 e morreu c. 1095.[1]
Notas editar
- ↑ COMNENO, Ana. Alexiada. Traducido por Emilio Díaz Rolando. 1 ed. Sevilla.: Universidad de Sevilla, 1989. 700 p. (Colección Clásicos Universales; nº. 3). ISBN 978-84-7405-433-0. (en castelán)