The Mars Volta foi unha banda norteamericana fundada polos membros da desaparecida At the Drive-In Cedric Bixler-Zavala e Omar Rodríguez-López. O seu estilo é difícil de clasificar, indo do rock ao hardcore, e pasando polo rock progresivo, a psicodelia e incluso a salsa.

The Mars Volta
A banda en directo
OrixeEl Paso (Texas), Estados Unidos
Período2001 - 2012
Xénero(s)rock progresivo, rock experimental
Selo(s) discográfico(s)GSL / Universal / Strummer
MembrosOmar Rodríguez-López
Cedric Bixler-Zavala
Isaiah "Ikey" Owens
Juan Alderete
Thomas Pridgen
Marcel Rodríguez-López
Adrián Terrazas-González
Paul Hinojos
John Frusciante
Na rede
themarsvolta.com
IMDB: nm1862595 Facebook: TheMarsVolta Twitter: themarsvolta Instagram: themarsvolta MySpace: themarsvolta Youtube: UC8I6kOvPYaYZiFQWfbnSFyQ Souncloud: themarsvolta Spotify: 75U40yZLLPglFgXbDVnmVs iTunes: 1645800 Last fm: The+Mars+Volta Musicbrainz: 20883363-1ea4-4d72-ad72-c0e767038f3e Songkick: 151394 Discogs: 96218 Allmusic: mn0000045560 Deezer: 1211 Genius: The-mars-volta Editar o valor em Wikidata

Historia editar

Os inicios editar

Os membros da banda At the Drive-In, Cedric Bixler e Omar Rodríguez-López, estaban na banda De Facto co técnico de son Jeremy Ward dende mediados dos anos 90. De Facto tiña a Cedric na batería, a Omar no baixo e a Jeremy na voces e manexando os efectos.

A pesar de que o grupo comezou como unha banda local facendo rock, estiveron influenciados polos pioneiros do reggae como Lee Perry e Dr. Alimantado. O grupo tamén utilizaba música electrónica, música latina, salsa, e jazz, dando como resultado un son distinto e universal. A banda presentouse en locais próximos á súa cidade natal, El Paso (Texas) e lanzaron o seu primeiro álbum How do you dub? You Fight for Dub. You plug Dub in.

Ao trasladárense a Long Beach (California) no ano 2000, a banda incorporou ao teclista Isaiah "Ikey" Owens. Ikey trouxo un novo ton a De Facto que conseguiu unha popularidade que antes non existía. En 2001, De Facto lanzou o seu segundo álbum, Megaton Shotblast, conseguindo éxito instantaneamente. Omar e Cedric decidiron rematar con At the Drive-In mentres De Facto continuaba experimentando co seu son. Eva Gardner xuntouse á banda, converténdose en The Mars Volta.

O seu nome para o primeiro concerto en Anaheim, California, foi DeFacto + Eva Gardner + Jon Theodore. Durante 2001, a banda gravou dúas cancións con Alex Newport, dando como resultado a súa primeira demo. Gravaron tres temas máis con Alex Newport, o que se converteu no álbum Tremulant EP, lanzado a principios de 2002. Tremulant está composto polas cancións "Cut that City", "Concertina" e "Eunuch Provocateur". O EP era unha fusión de rock progresivo, salsa e música experimental.

De-Loused in the Comatorium editar

Despois de Tremulant EP, The Mars Volta continuou dando concertos e trocando os membros da banda mentres preparaba o álbum De-Loused in the Comatorium, producido por Rick Rubin. Mentres Tremulant non tiña un tema específico (excepto pola mención ao seu seguinte álbum), De-Loused era un traballo que contaba unha historia en primeira persoa dun adicto ás drogas en coma. A pesar das letras implícitas, The Mars Volta alegaba en entrevistas que o protagonista do álbum estaba baseado nun antigo amigo, Julio Venegas, ou "Cerpin Taxt" (como é mencionado na historia, que estivo en coma durante varios anos antes de acordar, e que se tirou dun viaduto en El Paso, Texas. A morte de Venegas foi tamén tratada na canción de At the Drive-In titulada "Embroglio", do seu álbum Acrobatic Tenement.

Nesa época a banda non tiña baixista. Flea (baixista de Red Hot Chili Peppers) tocou o baixo en nove das dez temas do álbum. De-Loused converteuse no seu maior éxito tanto para a crítica como comercialmente, vendendo 500.000 copias.

Mentres estaban de xira con Red Hot Chili Peppers para divulgar o disco, o enxeñeiro de son e letrista da banda, Jeremy Ward, foi atopado morto por sobredose. A banda cancelou a segunda parte da xira e o primeiro sinxelo de De-Loused foi posteriormente dedicado a Ward.

Frances the Mute editar

Coa volta á xira, Juan Alderete converteuse no baixista da banda e Marcel Rodriguez (irmán de Omar) en percusionista. Iniciábase entón o traballo para o segundo álbum en 2004.

En 2005, a banda lanzou o seu segundo álbum, Frances the Mute, inspirado nun diario atopado no coche do enxeñeiro de son Jeremy Ward. O autor do diario é descoñecido, pero parece ser alguén que foi adoptado que comezou a procura dos seus pais biolóxicos, e que pode ter sufrido dunha enfermidade mental causada pola morte dun ser querido. A letra de cada tema do álbum está inspirada en personaxes e acontecementos da vida que se describen no diario.

Frances the Mute converteuse nun éxito comercial aínda maior que De-Loused..., vendendo 123.000 copias na súa primeira semana, principalmente porque o tema "The Widow" foi moi pinchado nas emisoras de radio. As críticas ao álbum foron variadas. "L'Via L'Viaquez" foi posteriormente lanzado como sinxelo, reducida dos seus doce minutos orixinais a cinco minutos.

Talvez o feito máis incrible do álbum sexa o enorme traballo de Omar na súa creación. El escribiu todas as partes instrumentais (guitarra, teclado, melodías vocais e baterías, coa axuda de Theodore), e tamén encargouse dos arranxos e a produción.

Na gravación Rodríguez-López recrutou a Adrián Terrazas-González para tocar o saxofón, a frauta e algún que outro instrumento de vento no disco. Terrazas-González pararía a formar parte da banda durante a xira de promoción do álbum. Tamén durante a xira, o antigo membro de At the Drive-In, Paul Hinojos, deixou Sparta e uniuse á banda.

A banda fixo unha xira a mediados do 2005 con System of a Down na divulgación do álbum e foi a comisaria do festival All Tomorrow's Parties. Ademais, o 8 de novembro dese ano editouse o álbum ao vivo Scabdates.

Amputechture editar

Despois de rematar a meirande parte da xira de Frances the Mute no outono do 2005, Rodríguez-López viaxou a Ámsterdam e compuxo o que se convertería en Amputechture. O terceiro álbum da banda sería editado o 8 de setembro do 2006 en Europa, o 9 en Australia e o 12 nos Estados Unidos. Rodríguez-López pasou gran parte do seu tempo en Ámsterdam traballando e actuando con varios proxectos en solitario, destacando o "Omar Rodríguez Quintet". Durante ese tempo Rodríguez-López tamén compuxo a música para a película El Búfalo de la Noche, escrita e dirixida por Guillermo Arriaga e Jorge Hernández Aldana respectivamente. The Mars Volta interpretou toda a música.

Discografía editar

Álbums editar

Álbum Ano Selo
De-Loused in the Comatorium 2003 Gold Standard Laboratories, Universal, Strummer
Frances the Mute 2005 Gold Standard Laboratories, Universal, Strummer
Amputechture 2006 Gold Standard Laboratories, Universal, Strummer
The Bedlam in Goliath 2008 Universal Motown Records, Gold Standard Laboratories
Octahedron 2009 Warner Bros. Records, Mercury Records
Noctourniquet 2012 Warner Bros. Records
The Mars Volta 2022 Clouds Hill
Qué Dios Te Maldiga Mí Corazón 2023 Clouds Hill

EPs editar

  • Tremulant - 2002 (Gold Standard Labs)
  • Live - 2003 (Gold Standard Labs, Universal, Strummer)