The Bedlam in Goliath
The Bedlam in Goliath é o cuarto álbum da banda estadounidense de rock progresivo The Mars Volta, editado o 29 de xaneiro do 2008. O disco estreouse no número 3 da Billboard 200, converténdose no lanzamento do disco en chegar máis alto nas listas despois de vender ao redor das 54.000 copias na súa primeira semana.
The Bedlam in Goliath | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Mars Volta | ||||
Publicado | 29 de xaneiro do 2008 | |||
Gravación | 2006 - 2007 | |||
Estudio(s) | Ocean Way Recording, Hollywood, California e no estudio caseiro de Rodríguez-López en Brooklyn, Nova York | |||
Duración | 75:45 | |||
Xénero(s) | rock progresivo, rock experimental | |||
Selo(s) | Universal Motown Records, Gold Standard Laboratories | |||
Producido por | Omar Rodríguez-López | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Producido polo guitarrista Omar Rodríguez-López, o proceso creativo do álbum foi obxecto da "mala sorte" despois dunha estraña experiencia da banda cunha ouija que Rodríguez-López mercara en Xerusalén como regalo para Cedric Bixler-Zavala.
Listaxe de canciónsEditar
- "Aberinkula" - 5:45
- "Metatron" - 8:12
- "Ilyena" - 5:36
- "Wax Simulacra" - 2:39
- "Goliath" - 7:15
- "Tourniquet Man" - 2:38
- "Cavalettas" - 9:32
- "Agadez" - 6:44
- "Askepios" - 5:11
- "Ouroborous" - 6:36
- "Soothsayer" - 9:08
- "Conjugal Burns" - 6:36