Noctourniquet é o sexto álbum da banda de rock progresivo estadounidense The Mars Volta, publicado o 26 de marzo do 2012 a través do selo Warner Bros. Records. Producido polo guitarrista e compositor Omar Rodríguez-López, é o primeiro disco do grupo en contar co batería Deantoni Parks, e tamén o primeiro no que non colabora o guitarrista John Frusciante.

Noctourniquet
Álbum de The Mars Volta
Gravación2009 - 2011
Duración64:31
Xénero(s)rock progresivo, rock electrónico, rock experimental
Selo(s)Warner Bros. Records
Sargent House/Rodriguez-Lopez Productions (vinilo)
Producido porOmar Rodríguez-López
Cronoloxía
Octahedron Noctourniquet -

Inspirado pola canción infantil "Solomon Grundy", e o mito grego de Xacinto, Noctourniquet é un álbum conceptual.

Listaxe de cancións editar

Todas as letras escritas por Cedric Bixler-Zavala e toda a música composta por Omar Rodríguez-López.

N.º Título Duración
1. "The Whip Hand"   4:49
2. "Aegis"   5:11
3. "Dyslexicon"   4:22
4. "Empty Vessels Make the Loudest Sound"   6:43
5. "The Malkin Jewel"   4:44
6. "Lapochka"   4:16
7. "In Absentia"   7:26
8. "Imago"   3:58
9. "Molochwalker"   3:33
10. "Trinkets Pale of Moon"   4:25
11. "Vedamalady"   3:54
12. "Noctourniquet"   5:39
13. "Zed and Two Naughts"   5:36
64:31
Canción extra no Xapón
N.º Título Duración
14. "The Malkin Jewel" (live) 5:08