At The Drive-In é unha banda de post-hardcore formada en El Paso, Texas, e que estivo activa entre os anos 1993 e 2001. Os seus membros foron: Cedric Bixler (voz, percusión e sintetizadores), Omar Rodríguez-López (guitarra e voz) Jim Ward (guitarra, voz, teclados e percusión), Paul Hinojos (baixo) e Tony Hajjar (batería). A comezos do ano 2012 a banda anunciou unha reunión para realizar varios concertos.

At the Drive-In
OrixeEl Paso, Texas, Estados Unidos
Período1993 - 2001
2012
2016 - presente
Xénero(s)post-hardcore
Selo(s) discográfico(s)Grand Royal, Rise Records, Fearless Records
MembrosCedric Bixler-Zavala
Keeley Davis
Omar Rodríguez-López
Paul Hinojos
Tony Hajjar
Antigos membrosJim Ward
Jarrett Wrenn
Kenny Hopper
Bernie Rincon
Davy Simmons
Adam Amparan
Ryan Sawyer
Ben Rodriguez
Artistas relacionadosDe Facto, Dios Kilos, El Grupo Nuevo de Omar Rodríguez López, The Fall on Deaf Ears, The Mars Volta, Omar Rodriguez Lopez Group, Sleepercar, Sparta, Crime in Choir, Antemasque
Na rede
atthedriveinmusic.com
Facebook: ATDImusic Twitter: AtTheDriveIn_ Instagram: atthedrivein MySpace: atdi Youtube: UCPV42MqVj5VFVoMlcY_21uQ Souncloud: at-the-drive-in Spotify: 5E2rtn57BM2WPjwak4kGd5 iTunes: 41990355 Last fm: At+the+Drive-In Musicbrainz: 7e13cd1c-0300-4d03-bd8e-5f86dd99d74f Songkick: 206412 Discogs: 81742 Allmusic: mn0000932154 Deezer: 1868 Genius: At-the-drive-in Editar o valor en Wikidata

No ano 2016 a banda reuniuse por segunda vez, nesta ocasión sen o guitarrista Jim Ward que foi substituído polo membro de Sparta Keeley Davis. O grupo tivo que cancelar parte da súa xira norteamericana despois de que Bixler comezase a ter problemas coa súa voz. O 8 de decembro At the Drive-In publicaría o sinxelo "Governed by Contagions", 16 anos despois de editar o seu último material.

A banda publicou o seu cuarto álbum de estudio, in•ter a•li•a, no ano 2017. En novembro de 2018 At the Drive-In anunciou un hiato indefinido.[1]

Historia

editar

Formación

editar

At the Drive-In foi fundada na cidade de El Paso, en Texas, no ano 1994 polo guitarrista Jim Ward e o vocalista Cedric Bixler-Zavala.[2] O seu primeiro concerto foi o 14 de outubro dese ano en The Attic, un local de El Paso, e ao día seguinte tocaron nunha feira no instituto Loretto High School. Pouco despois a banda lanzou o seu primeiro rexistro sonoro, o EP Hell Paso, aparecido ese mesmo mes de maneira independente, a través do selo Western Breed,[3] e pagado pola propia banda.

Para divulgar o lanzamento, o grupo realizou a súa primeira xira, percorrendo o estado de Texas á procura de actuacións, a maioría delas con malas crítica e con apenas público. Tras un cambio de batería debido á morte de Bernie Rincon,[4] At the Drive-In lanzou o seu segundo EP, ¡Alfaro Vive, Carajo!, en xuño de 1995 e tamén a través de Western Breed. A banda comezou entón outra xira, desta vez cunha furganeta Ford Econoline de 1981 nova, e que durou 42 día durante os cales percorreron máis de 15 000 km polos Estados Unidos.[5]

Nestas xiras At the Drive-In comezou a conseguir un gran número de seguidores no underground tocando sobre todo en sotos e pequenos locais do oeste do país. Un destes concertos que cambiaría a historia da banda foi nun desaparecido bar dos Ánxeles, onde o grupo realizou unha explosiva actuación diante de tan só nove persoas, algunhas das cales eran empregadas do selo Flipside. Estes quedaron tan entusiasmados co espectáculo de At the Drive-In que se ofreceron alí mesmo a editarlles un disco.[5] A banda aceptou a oferta e tras outra xira de 21 días polo suroeste dos Estados Unidos gravaron nos Ánxeles o seu álbum de estrea, Acrobatic Tenement, por 600 dólares.[6]

Acrobatic Tenement

editar

A mediados 1996 lanzaron Acrobatic Tenement. A exemplo do clásico Bleach de Nirvana, o custo total da gravación do disco foi de apenas 600 dólares. Dende o principio, a enerxía da banda amósase presente, aínda que cun son non moi definido aínda. Non era doadamente encadrada como unha banda de hardcore, talvez pola calidade das súas gravacións, pero a agresividade da banda era o diferencial, o que facía que se saísen de calquera tentativa de rótulo.

Antes de entrar en xira para promover Acrobatic Tenement, houbo mudanzas na formación e Omar decidiu asumir a segunda guitarra. Os concertos os facían coa axuda de amigos doutras bandas dispostos a tocar con eles, e Paul Hinojos e Tony Hajjar, que fixeron parte destas rotacións, foron integrados definitivamente na banda.

Debido ás dificultades financeiras da Flipside, que non conseguía divulgar debidamente ao grupo, aconsellaron á banda a pasarse á One Foot/Offtime Records, un selo un pouco maior que súa discográfica orixinal. A pesar das mellores condicións de gravación, o resultado non poderia ter sido peor: o EP El Gran Orgo, de setembro de 1997, foi lanzado sen a previa autorización da banda, e tornouse o único rexistro que non era comercializado nos seus concertos, como forma de protesta. Pódese percibir un cambio no son de At The Drive-In, como se o grupo estivese aproximándose ao que outras bandas de hardcore melódico facían na época (talvez ux reflexo da convivencia cos seus compañeiros de xira: Screw 32, JChurch, AFI, Still Life, Mustard Plug, Face to Face e Cosmic Psychos, entre outros).

O descontento coa súa nova discográfica era tanto que o grupo chegou a facer antipropaganda: “At the Drive-In foi enganado pola OFFTIME Records cando lanzou El Gran Orgo; por favor NON o merque!!!! Cando vostede merca El Gran Orgo non está apoiando a At The Drive-In, vostede apoioa á DESHONESTIDADE”. Ironicamente, a antipropaganda empregada pola banda tivo o efecto inverso: a primeira tirada de “El Gran Ogro” esgotouse en tres días, estendendo a popularidade da banda a un campo maior, que antes consistía só en amigos de clubs do circuíto underground. Neste período, o line-up do grupo non contaba con Jim Ward, que deixara At the Drive-In temporalmente.

Desfeito o tortuoso contrato coa Offtime Records, a banda atopouse sen discográfica para proseguir. Non poderían continuar de maneira independente, como comezaron, xa que os concertos estaban tomando un porte maior ás súas posibilidades. Pero ese período durou pouco: despois dun concerto, representantes da Fearless Records entraron en contacto coa banda, ofrecendo un contrato.

In/Casino/Out

editar

En xuño de 1998, o grupo estaba no estudio novamente para preparar o primeiro disco para o seu novo selo. Traballando con Alex Newport (que xa producira aos Melvins, Ikara Colt, Sepultura e System of a Down) e con Jim Ward de volta, At The Drive-In sacou un disco glorioso chamado In/Casino/Out. Gravado case enteriamente en vivo no estudio (foron feitos só uns poucos overdubs de voz e guitarra), este segundo LP foi lanzado en agosto de 1998. In/Casino/Out fixo a At The Drive-In definitivamente unha das bandas máis importantes dun período que podemos identificar como unha especie de post-grunge, a pesar de que, nitidamente, a banda non tivese aínda na época o recoñecemento que merecía (hoxe en día, o culto a At The Drive-In é cada vez maior).

Despois do lanzamento, a banda entrou en xira, participando en actuacións ao lado de bandas como Murder City Devils, Fugazi, Good Riddance, The Promise Ring, Sonic Youth, Get Up Kids, Sunny Day Real Estate, Archers of Loaf e Jimmy Eat World, parando en decembro para un rápido descanso e algunhas sesións de estudio. Xa en 1999, en marzo, a banda volta á estrada, facendo algúns concertos nos Estados Unidos antes de partir cara a súa primeira visita a Europa. No medio do ano, o grupo decide xuntar algunhas cancións aínda non editadas oficialmente e lanzalas nun EP. "Vaya" saíu en xullo de 1999 pola Fearless, soando como unha pequena continuación de "In/Casino/Out". Despois diso, a banda embarcouse nunha nova xira para a divulgación do seu novo EP, facendo concertos polos Estados Unidos e dúas noites no Canadá.

Nas presentacións desta xira, era evidente o crecente entusiasmo do público con At the Drive-In. Ese período marcou tamén a sinatura da banda coa recentemente fundada DEN Records, cuxos propietarios eran Gary Gersh e John Silva. Esa actitude levou a algúns fans a dar as costas á banda, como se se tivese se vendido a unha discográfica maior. Pero a propia banda nunca amosou ter ningunha pretensión de ser un expoñente ou representante do underground, ignorando a posibilidade de existir só no mercado independente.

Relationship of Command

editar

Despois dalgúns concertos máis a finais de 1999 ao lado de Rage Against the Machine, en xaneiro do 2000 At the Drive-In entrou no estudio para gravar o seu novo disco ao lado de Ross Robinson (famoso polo seu traballo con Korn, Sepultura e Slipknot), que a banda coñecera na súa última viaxe por Nova York. Foron sete semanas de gravacións no estudio Indigo Ranch, en Malibu, ata que o material foi entregado a Andy Wallace para facer a mestura. Relationship of Command foi finalmente lanzado en setembro.

Ademais de xirar por Europa, Asia e os Estados Unidos tras o lanzamento de Relationship of Command, At The Drive-In actuou en varios programas de televisión. A súa primeira actuación na televisión nacional foi en Farmclub, un desaparecido programa que e emitía pola noita en USA Network. Tras esa actuación apareceron en Later with Jools Holland, Late Night with Conan O'Brien e Late Show with David Letterman. Ademais, o seu éxito menor na radio "One Armed Scissor" apareceu na MTV e axudou a aumentar a popularidade da banda.

Mellor producido e distribuído, este disco transformou definitivamente a At The Drive-In nunha banda grande, pero ao contrario do que todo indicaba, o fin do conxunto estaba próximo. Despois dun período sen actividades en 2001 (descontando un novo sinxelo para Relationship of Command e un proxecto paralelo de Cedric e Omar), o grupo oficializou a separación, seguida case inmediatamente pola formación de dúas novas bandas: Cedric e Omar crearon The Mars Volta, mentres que Jim, Tony e Paul formaron Sparta.

O fin non fixo que a banda perdese popularidade, todo o contrario: At the Drive-In goza hoxe de gran prestixio e a súa música honesta e extrema serve de influencia para moitas bandas actuais.

Primeira reunión

editar

Durante unha entrevista con Drowned in Sound en xuño de 2009, Bixler-Zavala afirmou que estivera falando cos antigos membros da banda e suxeriu que poderían regresar despois de que resolvesen os seus negocios. Cedric engadiu: "Non me importaría. Podería suceder, só temos que resolver moitas cousas persoais. Xa tratamos moito diso e pedín perdón por moitas cousas que dixen e a forma na que rematou... veremos que ocorre".[7]

O 9 de xaneiro do ano 2012 a banda anunciou que se reuniría a súa formación orixinal para realizar unha serie de concertos[8][9].O grupo realizou o seu primeiro concerto dende 2001 o día 9 de abril no Red 7 de Austin, Texas, como parte dunha xira de catro datas nese estado con Zechs Marquise como preparación antes das súas actuacións no Coachella Valley Music and Arts Festival os días 15 e 22 de abril.[10] Ese mesmo ano At the Drive-in tamén actuou noutros festivais como Lollapalooza, Splendour in the Grass, Fuji Rock e Reading and Leeds Festival.

A banda tamén adquiriu os dereitos de Fearless Records para reeditar a meirande parte do seu catálogo (tres álbums e o EP Vaya) e lanzou o seu propio selo discográfico, Twenty-first Chapter, para encargarse das reedicións. O nome do selo é unha referencia ao capítulo omitido da versión estadounidense do libro de Anthony Burgess A Clockwork Orange.[11]

Aínda que os concertos de reunión recibiron críticas na súa maioría positivas, Rodríguez-López foi criticado por seguidores e observadores pola súa evidente falta de entusiasmo mentres tocaba no escenario; inicialmente isto foi atribuído á recente morte da súa nai, pero Rodríguez-López afirmou máis tarde que tampouco se sentía conectado coa música de At the Drive-in.[12]

Rodríguez-López tamén descartou a posibilidade de que a banda gravase material novo,[13] aínda que reverteu esta postura á luz da postarior reunión da banda en 2016.

Tras a disolución de The Mars Volta en 2013, Bixler-Zavala e Rodríguez-López deixaron todo contacto entre si. Bixler-Zavala responsabilizou a Rodríguez-López da ruptura en Twitter; con todo, declarou que aínda estaba feliz coa reunión de At the Drive-In: "E para que conste, aínda estou namorado de ATDI. A proba estaba na MIÑA actuación. Nunca subiría ao escenario se o meu corazón estivese noutro lugar". Posteriormente, os dous centraron os seus esforzos nos seus respectivos proxectos, Zavalaz e Bosnian Rainbows, e mantivéronse sen falar ata principios de 2014, cando finalmente resolveron os seus problemas. Porén, un intento inicial de reiniciar At the Drive-In non deu resultado, polo que Bixler-Zavala e Rodríguez-López pasaron a formar Antemasque, saíndo de xira e gravando durante os dous anos seguintes.

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Acrobatic Tenement 1996 Flipside
In/Casino/Out 1998 Fearless
Relationship of Command 2000 Grand Royal
in•ter a•li•a 2017 Rise Records
Álbum Ano Selo
Hell Paso 1994 Western Breed
Alfaro Vive, Carajo! 1995 Western Breed/Headquarter/Restart
El Gran Orgo 1997 Offtime
Vaya 1999 Fearless

Sinxelos

editar

Recompilatorios

editar
  1. Amanda Hatfield. "At The Drive In played their last show before "taking a break" (videos, setlist)". BrooklynVegan (en inglés). Consultado o 2021-11-10. 
  2. "At the Drive-In". Genius (en inglés). Consultado o 2023-10-24. 
  3. "At The Drive-In - Hell Paso" (en castelán). 1995. Consultado o 2023-10-24. 
  4. "Interview: Wonky Talk With Cedric Bixler-Zavala By Mikey More Or Less". The Cosmic Clash (en inglés). 2012-08-28. Consultado o 2023-12-10. 
  5. 5,0 5,1 "///at.the.drive-in///". web.archive.org. 2009-11-29. Arquivado dende o orixinal o 29 de novembro de 2009. Consultado o 2023-12-10. 
  6. "At the Drive-In Biography". web.archive.org. 2017-04-12. Arquivado dende o orixinal o 12 de abril de 2017. Consultado o 2023-12-10. 
  7. June 8th, Frederick Blood-Royale; 2009. "Artist 'n' Artist: Frederick Blood-Royale meets The Mars Volta". DrownedInSound (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2012. Consultado o 2019-05-09. 
  8. Alternative Press - At The Drive-In to reunite
  9. "Confirmación dos concertos na páxina de Omar Rodriguez-Lopez". Arquivado dende o orixinal o 20 de xaneiro de 2012. Consultado o 09 de xaneiro de 2012. 
  10. Swiatecki, Chad (2012-04-10). "At the Drive-In Play First Show in 11 Years". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-07-04. 
  11. Jackson, Nate (11 de abril de 2012). "Cutting-Room Floor At the Drive-In Interview Outtakes: "We Found Love Together, We Lost Love Together"". LA Weekly
  12. Niesel, Jeff. "Omar and the Howlers". Cleveland Scene (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 
  13. Goodwyn, Tom (2012-02-22). "Omar Rodriguez–Lopez: 'There will be no new At The Drive-In album'". NME (en inglés). Consultado o 2024-10-06. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar