Grand Royal Records foi un selo discográfico estadounidense baseado nos Ánxeles (California), fundado en 1992 polos Beastie Boys xunto con Capitol Records despois de que o grupo deixase Def Jam Recordings.

Grand Royal Records
Fundado en1992
FundadorBeastie Boys e Capitol Records
Estadodefunta
OrixeEstados Unidos
LocalizaciónOs Ánxeles, California

Debido ao aumento das débedas, Grand Royal cesou as súas actividades no ano 2001. Os seus activos foron vendidos a través de poxas en Bid4Assets; estas non incluían os dereitos da música dos Beastie Boys. Os activos e o fondo de catálogo serían mercados por un grupo de seareiros que á súa vez crearon GR2 Records.

Grand Royal foi tamén o nome dunha revista escrita e publicada polo grupo. Foi famosa polo artigo "Mulling Over the Mullet"[1] (reflexionando sobre o Mullet), aparecido no seu número 2, que satirizaba o peiteado mullet (os Beastie Boys tamén gravaron un tema chamado "Mullet Head", que foi editado a través de Grand Royal no seu sinxelo de 12" "Sure Shot").

Notas editar

  1. "Artigo "Mulling over the Mullet"" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 27 de setembro de 2011. Consultado o 24 de novembro de 2011.