Antemasque (estilizado como ANTEMASQUE) foi un supergrupo estadounidense de rock formado en 2014 polos antigos membros de At the Drive-In e The Mars Volta Omar Rodríguez-López e Cedric Bixler-Zavala. O seu primeiro álbum conta con Flea dos Red Hot Chili Peppers no baixo e con Dave Elitch na batería.[1][2] Tanto Flea como Elitch tocaran anteriormente con The Mars Volta.[3] O irmán de Omar, Marfred Rodríguez-López (anteriormente en Zechs Marquise), uniuse finalmente como baixista permanente e o membro de Blink-182 Travis Barker encargouse da batería.[4][5]

Antemasque
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
Período2014 - 2015
Xénero(s)rock alternativo, punk rock
Selo(s) discográfico(s)Nadie Sound
MembrosOmar Rodríguez-López
Cedric Bixler-Zavala
Marfred Rodríguez-López
Travis Barker
Dave Elitch
Flea (só no estudio)
Na rede
http://antemasque.com/
Facebook: antemasque Twitter: ANTEMASQUE Instagram: antemasque Youtube: UCVy9VARy_ihe4-g0PcB8S5w Bandcamp: antemasqueSouncloud: antemasque Spotify: 4NjUYhiL8KL363WwGeLnqZ iTunes: 858222937 Last fm: ANTEMASQUE Musicbrainz: 1985d53e-d4e4-4705-9341-8747091b0b18 Songkick: 8243118 Discogs: 3815030 Deezer: 6980905 Editar o valor en Wikidata

Historia

editar

O 9 de abril de 2014 Bixler-Zavala e Rodríguez-López nunciaron o seu novo proxecto, acompañando o anuncio co lanzamento do seu primeiro sinxelo, "4AM".[6] Durante a seguinte semana lanzáronse tres sinxelos máis, e o seu álbum de estrea, Antemasque, foi editado o 10 de novembro de 2014. Aínda que Flea gravou o baixo para o disco non foi membro da banda.[7]

O 2 de novembro de 2015 a banda estreou oito cancións novas para un seguinte lanzamento, titulado Saddle on the Atom Bomb.[8][4] Porén, en 2022 o álbum aínda non tiña sido editado, e as redes sociais da banda levaban inactivas dende 2015, o que implica que probablemente a banda non siga activa.

Membros

editar

Liña de tempo

editar

Discografía

editar

Álbums

editar
Álbum Ano Selo
Antemasque 2014 Nadie
  1. "Mars Volta Members Unite With Flea For New Project, Antemasque". Music Feeds. 2014-04-09. Consultado o 2022-06-21. 
  2. "RHCP bassist Flea forms Antemasque supergroup with the Mars Volta". the Guardian (en inglés). 2014-04-09. Consultado o 2022-06-21. 
  3. Grow, Kory (2014-04-09). "Former Mars Volta Members Form New Group". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-21. 
  4. 4,0 4,1 "Cedric Bixler Zavala (@cedric_bixler_zavala_) on Instagram". Ghostarchive. Consultado o 2022-06-21. 
  5. "Travis Barker on Twitter". Twitter. Consultado o 2022-06-21. 
  6. "4AM - Single". music.apple.com. Arquivado dende o orixinal o 21 de xuño de 2022. Consultado o 2022-06-21. 
  7. Grow, Kory (2014-04-15). "Hear Another New Antemasque Track". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-06-21. 
  8. "Antemasque Unleashes a Set of New Songs At The Observatory". OC Weekly. 2015-11-17. Archived from the original on 17 de novembro de 2015. Consultado o 2022-06-21.