Acrobatic Tenement
Acrobatic Tenement é o álbum de estrea da banda estadounidense de post-hardcore At the Drive-In, publicado o 18 de agosto de 1996 polo selo Flipside.[1] O disco, xunto con In/Casino/Out e Relationship of Command, sería reeditado por Fearless Records en 2004, e novamente en 2013.
Acrobatic Teenment | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de At the Drive-In | ||||
Publicado | 18 de agosto de 1996 | |||
Gravación | xullo de 1996 | |||
Estudio(s) | Commercial Soundworks, Hollywood | |||
Duración | 32:20 | |||
Xénero(s) | post-hardcore | |||
Selo(s) | Flipside | |||
Produtor | Blaze James e Doug Green | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
Só un dos seus temas, "Initiation", dos álbum apareceu no recompilatorio de 2005 This Station Is Non-Operational,[2] aínda que como unha gravación ao vivo na BBC sacada do sinxelo de 2001 "Invalid Litter Dept.".
Antecedentes e gravación
editarO disco foi lanzado inicialmente o 18 de agosto de 1996 unicamente en CD a través do selo/fancine dos Ánxeles Flipside, despois de que varios membros da discográfica quedasen impresionados pola actuación do grupo nun pequeno club da cidade.[3] O traballo gravouse nos Ánxeles cun custo de tan só 600$ despois de rematar unha xira polos Estados Unidos en xullo de 1996.[4]
O álbum destaca pola súa falta de distorsión, que se debe ao feito de que o guitarrista Jim Ward cría que as súas gravacións non serían usadas para o máster final.[5] Reflexionando sobre as consecuencias da gravación de Acrobatic Tenement, o vocalista Cedric Bixler dixo en 2013: "Antes [do lanzamento do álbum] a banda rompera. Fixéramos unha xira estadounidensense e decidimos separarnos. Sempre necesitaba que Jim estivese alí, pero tivera unha pelexa con Omar. Fixemos un montón de movementos estúpidos nesa época, botamos ao batería [Ryan Sawyer] que estaba no disco, e despois ao outro guitarra [Adam Amparan], pero entón Tony e Paul viñeron e tocaron. Omar pasouse á guitarra nese momento, porque tocaba o baixo no álbum, así que cando tocabamos ao vivo era moi diferente".[6]
Gran parte do álbum, particularmente o tema "Ebroglio", inspirouse na vida e suicidio de Julio Venegas, un amigo da banda.[7] Venegas posteriormente foi a inspiración para o álbum de 2003 de The Mars Volta De-Loused in the Comatorium.
Listaxe de cancións
editarN.º | Título | Duración | |||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1. | "Star Slight" | 1:18 | |||||||
2. | "Schaffino" | 2:49 | |||||||
3. | "Ebroglio" | 2:47 | |||||||
4. | "Initiation" | 3:26 | |||||||
5. | "Communication Drive-In" | 1:44 | |||||||
6. | "Skips on the Record" | 3:07 | |||||||
7. | "Paid Vacation Time" | 3:33 | |||||||
8. | "Ticklish" | 4:35 | |||||||
9. | "Blue Tag" | 3:17 | |||||||
10. | "Coating of Arms" | 2:46 | |||||||
11. | "Porfirio Diaz" | 2:58 | |||||||
32:20 |
Persoal
editar- Cedric Bixler - voces principais
- Jim Ward - guitarra e coros
- Adam Amparan - guitarra
- Omar Rodríguez - baixo
- Ryan Sawyer - batería
Notas
editar- ↑ "At The Drive-in". web.archive.org. 2000-04-22. Archived from the original on 22 de abril de 2000. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "At∙The∙Drive-In - This Station Is Non-Operational" (en inglés). 2005-05-24. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "At the Drive-In Songs, Albums, Reviews, Bio & More". AllMusic (en inglés). Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "Album Review: At the Drive-In - Acrobatic Tenement". DrownedInSound (en inglés). 1997-02-02. Arquivado dende o orixinal o 04 de marzo de 2016. Consultado o 2023-10-26.
- ↑ Cepeda, Eduardo (2017-06-14). "At the Drive-In's 'El Gran Orgo' EP Captured a Band Struggling to Survive". Vice (en inglés). Consultado o 2023-10-26.
- ↑ "Cedric Bixler-Zavala Talks At the Drive-In Reissues, His Real Mars Volta Role". Spin. Consultado o 26 de outubro de 2023.
- ↑ Diaconescu, Sorina (2003-06-26). "Secrets of the Sun - LA Weekly". www.laweekly.com (en inglés). Consultado o 2023-10-26.