The Mars Volta (álbum)
The Mars Volta é o sétimo álbum de estudio da banda estadounidense de rock progresivo The Mars Volta, publicado o 16 de setembro de 2022 a través do selo Clouds Hill.[1] Producido polo guitarrista, compositor e director musical Omar Rodríguez-López, o disco foi precedido polos sinxelos "Blacklight Shine", "Graveyard Love" e "Vigil".[2]
The Mars Volta | ||||
---|---|---|---|---|
Álbum de The Mars Volta | ||||
Publicado | 16 de setembro de 2022 | |||
Gravación | 2019 - 2021 | |||
Duración | 44:45 | |||
Xénero(s) | rock progresivo, pop progresivo, rock alternativo | |||
Selo(s) | Clouds Hill | |||
Produtor | Omar Rodríguez-López | |||
Cronoloxía | ||||
| ||||
Na rede | ||||
[ editar datos en Wikidata ] | ||||
É o primeiro álbum de estudio do grupo en máis de dez anos, tras o seu traballo de 2012 Noctourniquet e a posterior ruptura. Despois de reunirse en segredo en 2019, os líderes da banda Rodríguez-López e Cedric Bixler-Zavala fixeron un esforzo consciente para afastarse do seu anterior son de rock progresivo e gravar un álbum influenciado polo pop, con Bixler-Zavala abordando directamente nas súas letras as recentes loitas da súa familia coa Igrexa da Ciencioloxía.[3]
A baixista orixinal Eva Gardner e o teclista e percusionista Marcel Rodríguez-López, habitual na banda, regresaron a The Mars Volta durante o proceso de gravación, gravando as súas partes en Nova York xunto co batería Willy Rodriguez Quiñones.[4] O pianista de jazz Leo Genovese colaborou co disco, uníndose finalmente ao grupo para a xira de promoción do álbum, xunto coa batería Linda-Philomène Tsoungui.
Antecedentes
editarA finais do ano 2012, tras o lanzamento do sexto álbum de The Mars Volta, Noctourniquet, os membros principais Cedric Bixler-Zavala (voces) e Omar Rodríguez-López (guitarra, produción) disolveron o grupo despois de pelexarse entre eles. Escribindo na súa conta persoal de Twitter a principios de 2013, Bixler-Zavala afirmou: "Non podo sentarme aquí e finxir máis. Xa non son membro de Mars Volta. Para que conste, esforceime ao máximo para conseguir unha xira por América do Norte do Noctourniquet, pero Omar non quixo".[5] Reflexionando sobre isto en 2022 Bixler-Zavala destacou: "Estaba nun lugar realmente impaciente cando deixei a banda, moi inmaduro, facendo moito ruído nas redes sociais. Era tan só unha especie de mocoso".[5] Nesa época Bixler-Zavala unírase á Igrexa da Ciencioloxía, creando tensións entre el e Rodríguez-López e facendo que a parella se separase.[3]
Aos dous anos reconciliáronse, formando o supergrupo Antemasque e traballando no álbum de At the Drive-In In•ter a•li•a (2017), antes de reunir The Mars Volta en segredo en 2019.[6] Remarcando as diferenzas entre At the Drive-In e The Mars Volta, Rodríguez-López destacou: "O de At the Drive-In thing era algo moi finito. Era en parte nostalxia e pasado, e de onde vimos e as nosas raíces. Hai unhas certas expectativas e algo que debes dar aí, e os parámetros están moi axustados. Con The Mars Volta sempre volve a idea de, "¿é emocionante, conmóveme? ¿É o que escoito saír dos altofalantes só algo que me fai bailar?"[5]
Unha nota de prensa para o álbum afirmaba que o traballo contén tan só "dous temas de máis de catro minutos", marcando un cambio do son e fastándose do rock progresivo para achegarse a un terrtorio marcado por "toques máis sutís e ritmos caribeños".[7] A mesma nota de prensa tamén dicía que a banda está no seu momento "máis maduro, máis conciso, máis centrado".[2]
Listaxe de cancións
editarN.º | Título | Duración |
---|---|---|
1. | "Blacklight Shine" | 2:55 |
2. | "Graveyard Love" | 3:14 |
3. | "Shore Story" | 3:15 |
4. | "Blank Condolences" | 3:27 |
5. | "Vigil" | 3:14 |
6. | "Qué Dios Te Maldiga Mí Corazón" | 1:41 |
7. | "Cerulea" | 3:45 |
8. | "Flash Burns from Flashbacks" | 2:38 |
9. | "Palm Full of Crux" | 3:36 |
10. | "No Case Gain" | 2:41 |
11. | "Tourmaline" | 3:34 |
12. | "Equus 3" | 4:09 |
13. | "Collapsible Shoulders" | 2:24 |
14. | "The Requisition" | 4:12 |
Notas
editar- ↑ Anderson, Carys (2022-08-05). "The Mars Volta announce new self-titled album, share "Vigil": Stream". Consequence (en inglés). Consultado o 2022-11-11.
- ↑ 2,0 2,1 Nast, Condé (2022-08-05). "The Mars Volta Announce First Album in a Decade, Share New Song". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2022-11-11.
- ↑ 3,0 3,1 "Stay Vigilant: The Mars Volta Interviewed". The Quietus (en inglés). Consultado o 2022-11-11.
- ↑ Kamiński, Karol (2022-09-12). "THE MARS VOLTA unveil new chapter of their impressve ongoing artistic revolution with their new 7th album". IDIOTEQ.com (en inglés). Consultado o 2022-11-12.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Pareles, Jon (7 de setembro de 2022). "The Mars Volta Returns With a Swerve: Its Own Version of Pop". The New York Times. Consultado o 13 de novembro de 2022.
- ↑ Krol, Charlotte (2022-08-05). "The Mars Volta announce first album in 10 years and share new single 'Vigil'". NME (en inglés). Consultado o 2022-11-13.
- ↑ Blistein, Jon; Blistein, Jon (2022-08-05). "The Mars Volta's First Album Since 2012 Will Drop This Year". Rolling Stone (en inglés). Consultado o 2022-11-13.