Liga Española de Baloncesto 1957

A temporada 1957 da Primeira Divisón, celebrada entre o 31 de marzo e o 19 de maio de 1957, foi a primeira campaña da Liga Española de Baloncesto. O ano anterior, a Federación Española de Baloncesto estudou a posibilidade de crear un campionato nacional cos mellores equipos das ligas rexionais de Cataluña e Castela, que convivise coa única competición nacional até ese momento, a Copa do Generalísimo. Participaron seis equipos, e o gañador disputaría ao ano seguinte a Copa de Europa.

Primeira División 1957
LigaLiga Española de Baloncesto
Temporada1957
Equipos6
Xogos30
Datas31 de marzo a 19 de maio
Resultado
CampiónReal Madrid
SubcampiónCF Barcelona
TerceiroOrillo Verde Sabadell
CuartoCB Aismalíbar Montcada
Ascendidos Canoe NC
CD Layetano
Club Hesperia Madrid
RCD Español
Líderes estatísticos
Puntos España Alfredo Pérez (RMA) 180
P. nacional España Alfredo Pérez (RMA) 180
1958

Participaron na competición seis equipos, que xogaron entre si unha liga de todos contra todos con ida e volta. Os primeiro campión, o Real Madrid, gañou a súa participación na Copa de Europa. Por outra banda, ningún dos seis equipos perdeu a categoría, xa que a competición foi ampliada na seguinte edición coa incorporación de catro novos equipos. O máximo anotador foi Alfonso Martínez do Real Madrid.[1]

Equipos editar

Os seguintes son os equipos que competiron na primeira edición da Primeira Divisón.

Equipo Cidade Provincia
C. Juventud Badalona Barcelona
CB Aismalíbar Montcada Montcada i Reixac Barcelona
CF Barcelona Barcelona Barcelona
Estudiantes Madrid Madrid
Orillo Verde Sabadell Sabadell Barcelona
Real Madrid Madrid Madrid

Clasificación editar

Pos Equipo PX G P PF PC DP Pts. Clasificación ou descenso
1 Real Madrid (C) 10 7 3 706 593 +113 17 Copa de Europa
2 CF Barcelona 10 7 3 547 514 +33 17
3 Orillo Verde Sabadell 10 6 4 593 600 −7 16
4 CB Aismalíbar Montcada 10 5 5 536 526 +10 15
5 Estudiantes 10 3 7 585 662 −77 13
6 C. Juventud 10 2 8 520 592 −72 12
Fonte: Linguasport
(C) Campión

Resultados editar

Local \ Visitante JUV AIS BAR EST ORI RMA
C. Juventud 40–53 38–42 62–69 65–50 49–80
CB Aismalíbar Montcada 43–47 45–43 65–46 49–56 65–58
CF Barcelona 52–39 59–52 58–53 48–55 60–50
Estudiantes 78–74 48–74 50–59 61–79 68–63
Orillo Verde Sabadell 53–45 56–49 59–71 52–51 73–75
Real Madrid 72–61 73–41 73–55 76–61 86–60
Fonte: Linguasport
Lenda: azul = vitoria do equipo local; vermello = vitoria do equipo visitante.

Líderes estatísticos editar

Puntos editar

Posto Xogador País Equipo Puntos
1 Alfonso Martínez   España Real Madrid 180
2 José María Soro   España Orillo Verde Sabadell 176
3 Joaquín Hernández   España Real Madrid 162
4 Jorge Bonareu   España CF Barcelona 134
5 Leopoldo Codina   España Estudiantes 132
6 Antonio Díaz-Miguel   España Estudiantes 126
7 José Brunet   España C. Juventud 124
8 Joaquín Enseñat   España C. Juventud 124
9 Juan Navarro   España CB Aismalíbar Montcada 118
10 Andrés Oller   España Orillo Verde Sabadell 118

Notas editar

  1. "Liga Española 1957". Linguasport. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar