Teira dugesii
Teira dugesii | |||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Teira dugesii na illa de São Jorge | |||||||||||||||||||||||||
Estado de conservación | |||||||||||||||||||||||||
![]() Pouco preocupante[1] | |||||||||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||||||||
Teira dugesii (Milne-Edwards, 1829) | |||||||||||||||||||||||||
Subespecies | |||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||||||||||
|
Teira dugesii é unha especie de lagarto da familia dos lacértidos, subfamilia dos lacertinos, e tribo dos Lacertini, a única do xénero Teira.[2][3]
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/1/18/Lizard%2C_Madeira_-_Mar_2012.jpg/240px-Lizard%2C_Madeira_-_Mar_2012.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/e/ee/Lagartija_de_Madeira_%28Teira_dugesii%29%2C_Ponta_de_S%C3%A3o_Louren%C3%A7o%2C_Madeira%2C_Portugal%2C_2019-05-28%2C_DD_29.jpg/240px-Lagartija_de_Madeira_%28Teira_dugesii%29%2C_Ponta_de_S%C3%A3o_Louren%C3%A7o%2C_Madeira%2C_Portugal%2C_2019-05-28%2C_DD_29.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/8/89/Teira_dugesii_k2.jpg/240px-Teira_dugesii_k2.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b0/Lagarta_en_Porto_Moniz._Madeira._Portugal.jpg/240px-Lagarta_en_Porto_Moniz._Madeira._Portugal.jpg)
![](http://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/thumb/b/b4/Quixqas_lutam.jpg/240px-Quixqas_lutam.jpg)
A especie é endémica do arquipélago de Madeira, Portugal. Nas Azores este lagarto naturalizouse tras a súa introdución involuntaria polo comercio marítimo entre os dous arquipélagos. Así mesmo, tamén hai poboacións introducidas na área de Lisboa.
Taxonomía
editarDescrición
editarXénero
editarO xénero foi descrito en 1838 polo naturalista, botánico, zoólogo e micólogo inglés John Edward Gray,[2][3]
Especie
editarA especie describíraa en 1829 o médico e zoólogo francés Henri Milne-Edwards, baixo o nome de Lacerta dugesii.[4]
Etimoloxía
editarO epíteto específico, dugesii, é unha homenaxe ao médico e naturalista francés Antoine Louis Dugès.[5]
Sinónimos
editarAdemais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]
- Lacerta dugesii Milne-Edwards, 1829 (protónimo)
- Podarcis dugesii Engelmann et al., 1993
- Teira dugesii Mayer & Bischoff, 1996
Subespecies
editarNa especie recoñécenese as seguintes catro subespecies,[4] que se diferencian principalmente na aparencia e na área de distribución.
Nome científico | Autor | Distribución |
---|---|---|
Teira dugesii dugesii | Milne-Edwards, 1829 | Na maior parte da área de distribución |
Teira dugesii jogeri | Bischoff, Osenegg & Mayer, 1989 | Illa de Porto Santo |
Teira dugesii mauli | Mertens, 1938 | Illas Desertas |
Teira dugesii selvagensis | Bischoff, Osenegg & Mayer, 1989 | Illa Salvaxe Grande |
Hábitat
editarOs hábitats naturais desta especie son bosques e matogueiras temperadas, vexetación arbustiva de tipo mediterráneo, zonas rochosas, costas rochosas e areosas, terras cultivadas, pastos, plantacións, xardíns rurais e zonas urbanas.[1]
Características
editarTeira dugesii alcanza unha lonxitude corporal, desde o fociño atá a fenda clocacal, duns 8 cm, tendo a cola unha lonxitude dunhas 1,7 veces a lonxitude da parte anteriormente citada. A súa coloración é variábel, e tende a coincidir coa cor da contorna do animal, de tons marróns ou grises con, ocasionalmente, un matiz verdecente. A maioría dos animais están finamente manchados con marcas máis escuras. As partes inferiores son brancas ou de cor crema, ás veces con manchas escuras, e algúns machos teñen as partes inferiores alaranxadas ou vermellas e a gorxa azul, pero estas cores brillantes poden desaparecer se o animal é perturbado.[6]
Bioloxía
editarComportamento
editarTeira dugesii é moi común no arquipélago de Madeira, onde é un dous únicos réptiles presentes (o outro é o xeco Tarentola bischoffi, que só se atopa nas illas Salvaxes). Encóntrase desde as costas do mar até altitudes de 1 850 m. Adoita atoparse en lugares rochosos ou entre matogueiras, e pode gabear ás árbores. Tamén se atopa nos xardíns e nas paredes dos edificios. A cola despréndese facilmente e o toco rexenérase lentamente.[6]
Dieta
editarAlimentación|Aliméntase de pequenos invertebrados como as formigas, e tamén come algo de materia vexetal, como as bananas.[6]
Reprodución
editarAs femias adultas de Teira dugesii poñen de dúas a tres camnadas de ovos ao ano, e os xuvenís miden uns 3 cm cando os ovos eclosionan.[6]
Nos Azores e en Lisboa
editarExisten algunhas poboacións nas illas Azores, descendentes de animais introducidos accidentalmente durante o século XIX por barcos que viaxaban entre os dous arquipélagos, sen alcanzar nunca as cifras de poboación que acadan no seu territorio de orixe.[7][8]
E aínda hai unha pequena poboación na zona portuaria de Lisboa, probabelmente transportada accidentalmente en barcos bananeiros, e detectada por primeira vez en 1992.[8] Un estudo de 2001 descubriu que a poboación se mantívose estábel desde o seu descubrimento.
Todos os espécimes introducidos corresponden á subespecie Teira dugesii dugesii.[8]
Ameazas
editarNon se coñecen grandes ameazas para esta especie. Adoita considerarse unha especie de praga, e está controlada nos viñedos xa que come uvas.[1]
Estado de conservación
editarA Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante) porque, aínda que a extensión da área onde aparice é inferior a 5 000 km2, é común, vive en hábitats que non están significativamente ameazados e a súja poboación non parece estar en declive.[1]
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 1,2 1,3 Paulo Sá-Sousa & Roberto Sindaco (2009): Teira dugesii na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de outubro de 2022.
- ↑ 2,0 2,1 Teira Gray, 1838 no GBIF. Consultado o 7 de outubro de 2022.
- ↑ 3,0 3,1 Teira Gray, 1838 na BioLib. Consultada o 3 de outubro de 2022.
- ↑ 4,0 4,1 4,2 Teira dugesii (Milne-Edwards, 1829) en The Reptile Database.
- ↑ Beolens, Bo; Watkins, Michael & Grayson, Michael (2011): The Eponym Dictionary of Reptiles. Baltimore: Johns Hopkins University Press. ISBN 978-1-4214-0135-5. ("Lacerta dugesii", p. 76; "Joger", p. 135).
- ↑ 6,0 6,1 6,2 6,3 Arnold & Ovenden 2002.
- ↑ Bischoff et al. 1989.
- ↑ 8,0 8,1 8,2 Sá-Sousa 1995.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Teira dugesii |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Teira dugesii |
Bibliografía
editar- Arnold, E. Nicholas & Ovenden, Denys W. (2002): Field Guide: Reptiles & Amphibians of Britain & Europe. London: Collins & Co. ISBN 978-0-0021-9964-3, pp. 154–155.
- Bischoff, W., Osenegg, K. & Mayer W (1989): "Untersuchungen zur subspezifischen Gliederung der Madeira-Mauereidechse, Podarcis dugesii (Milne-Edwards, 1829)". Salamandra 25 (3-4): 237-259.
- Engelmann, Wolf-Eberhard; Fitzsche, Jürgen; Günther, Rainer & Obst, Fritz Jürgen (1993): Lurche und Kriechtiere Europas: Beobachten und bestimmen. Radebeul, Alemaña: Neumann Verlag. ISBN 3-7402-0094-4.
- Mayer, W. & Bischoff, W. (1996): "Beiträge zur taxonomischen Revision der Gattung Lacerta (Reptilia: Lacertidae) Teil 1: Zootoca, Omanosaura, Timon und Teira als eigenständige Gattungen". Salamandra 32 (3): 163–170. (Teira dugesii, nova denominación).
- Milne-Edwards H (1829); "Recherches zoologiques pour servir à l'histoire des Lézards, extraites d'une Monographie de ce genre". Annales des Sciences Naturelles, Paris 16: 50–89 + Plates V–VIII. (Lacerta dugesii, new species, p. 84 + Plate VI, figure 2).
- Sá-Sousa, P. (1995): "The introduced Madeiran lizard, Lacerta (Teira) dugesii in Lisbon". Amphibia-Reptilia 16 (2): 211-214.