Tarsykiia Matskiv
Tarsykiia Matskiv (ucraíno: Тарсикія Мацьків), nada como Olha Matskiv (en ucraíno: Ольга Мацьків) o 23 de marzo de 1919 en Khodoriv e finada o 17 de xullo de 1944 en Krystynopil, foi unha monxa e mártir greco-católica ucraína.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 23 de marzo de 1919 Khodoriv (pt) |
Morte | 18 de xullo de 1944 (25 anos) Chervonohrad |
Causa da morte | Ferida por arma de fogo |
Lugar de sepultura | Khodoriv (pt) (2007–) Cemitério Lychakiv (pt) , поле 21 49°49′55″N 24°03′22″L / 49.8319, 24.0562 |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | República Nacional de Ucraína Occidental República Popular de Ucraína Segunda República Polaca |
Relixión | Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | monxa |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 18 de xullo |
Traxectoria editar
Entrou na Congregación das Servas de María Inmaculada o 3 de maio de 1938, facendo os primeiros votos o 5 de novembro de 1940. Xa antes da chegada do Exército Vermello fixera a promesa ante o seu director espiritual Volodymyr Kovalyk de dar a súa vida pola conversión de Rusia e pola Igrexa católica.
O 17 de xullo de 1944, arredor das oito da mañá, un soldado ruso chamou á porta do convento. Cando Matskiv atendeu a porta, recibiu disparos e finou. Posteriormente se soubo que dispararon contra ela simplemente "porque era unha monxa".
Culto editar
O papa Xoán Paulo II beatificouna o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[1] A súa festa individual celébrase o 18 de xullo, día no que o Martiroloxio Romano a lembra do seguinte xeito:
Na vila de Krystynopil en Ucraína, beata Tarsicia (Olga) Matskiv, virxe da Congregación de Irmás Servas de María Inmaculada e mártir, que, en tempo de guerra, por ter defendido a fe ante os seus perseguidores conseguiu a dobre vitoria da virxindade e do martirio.[2]
Notas editar
- ↑ Os outros mártires da Igrexa católica ucraína beatificados canda ela foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Hryhorii Khomyshyn, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Nykyta Budka, Symeon Lukach e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.
- ↑ Calvi, Stefano; Istituto San Clemente I Papa e Martire (eds.). "Martirologio Romano". Vatican.va (en italiano). Consultado o 04/10/2018.
Nel villaggio di Krystonopil in Ucraina, beata Tarcisia (Olga) Mackiv, vergine della Congregazione delle Suore Ancelle di Maria Immacolata e martire, che, in tempo di guerra, per avere difeso la fede davanti ai suoi persecutori conseguì la duplice vittoria della verginità e del martirio.
Véxase tamén editar
- Páxina oficial das Servas de María Inmaculada no Canadá, inclúe un apartado coas causas de canonización (en inglés).
- Perfil en Santiebeati.it (en italiano).
- Perfil en Catholic-Saints.info (en inglés).