Igrexa católica rutena
Igrexa particular oriental católica
A Igrexa católica bizantina rutena é unha igrexa particular oriental da Igrexa católica. A estrutura da igrexa é complexa, xa que non ten unha organización unificada.
Igrexa católica rutena | |
---|---|
Historia | |
Fundación | 1595 (Unión de Uzhhorod) |
Motivo | Volta á comuñón coa Santa Sé de ortodoxos rutenos |
Separada de | Igrexa ortodoxa |
Parte de | Igrexa católica |
Goberno | |
Tipo de goberno | Episcopal |
Papa | Francisco |
Bispo de Mukacheve | Milan Šašik |
Metropolita de Pittsburgh | William C. Skurla |
Estrutura | 1 metrópole (1 arquieparquía e 3 eparquías), 1 eparquía e 1 exarcado apostólico |
Clasificación | |
Grupo | Catolicismo |
Orientación | Cristianismo oriental |
Demografía e cultura | |
Fieis | arredor de 600.000 |
Países | Ucraína, Chequia, Estados Unidos de América |
Linguas litúrxicas | Eslavo eclesiástico, ucraíno, checo, eslovaco, inglés |
Ritos litúrxicos | Bizantino |
Outros datos | |
Sede central | Mukacheve, Pittsburgh |
A igrexa é unha das sucesoras da predicación dos santos Cirilo e Metodio entre os eslavos, e logo do Gran Cisma permaneceu na Igrexa ortodoxa de Constantinopla. Coa Unión de Uzhhorod de 1646 entrou en comuñón co resto da Igrexa católica.
Organización
editarA Igrexa organízase en tres xurisdicións diferentes:
- A metrópole de Pittsburgh composta pola arquieparquía de Pittsburgh e polas eparquías de Parma, Passaic e Phoenix, que emprega o nome de Igrexa católica bizantina.
- A eparquía de Mukacheve, en Ucraína.
- O exarcado apostólico da República Checa.