Vasyl Velychkovskyi
Vasyl Velychkovskyi[1] (en ucraíno: Василь Величковський), nado en Stanislau (Austria-Hungría) o 1 de xuño de 1903[2] e finado en Winnipeg o 30 de xuño de 1973,[2] foi un eclesiástico católico ucraíno, bispo auxiliar de Lviv entre 1959 e 1973, beatificado en 2001 por Xoán Paulo II.
(2016) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1 de xuño de 1903 Ivano-Frankivsk, Ucraína (pt) |
Morte | 30 de xuño de 1973 (70 anos) Winnipeg, Canadá |
Lugar de sepultura | Winnipeg |
Bispo auxiliar | |
1959 – | |
Bispo católico oriental | |
Abade | |
Datos persoais | |
Relixión | Igrexa católica bizantina ucraína e Igrexa católica |
Actividade | |
Ocupación | bispo católico (1963–), sacerdote católico (1925–), diácono (1923–), presbítero greco-católico |
Orde relixiosa | Congregación do Santísimo Redentor |
Consagración | Yosyf Slipyi |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 30 de xuño |
Traxectoria
editarO 29 de agosto de 1925 profesou na Congregación do Santísimo Redentor,[2] e o 9 de outubro foi ordenado sacerdote da mesma polo auxiliar de Lviv Yosyf Botsian. En 1942 chegou a ser abade do mosteiro de Ternopil, mais o NKVD arrestouno en 1945.[2] Foi condenado a morte, mais a súa sentenza foi trocada por 10 anos de traballos forzados.[2]
O 4 de febreiro de 1963 o metropolita Yosyf Slipyi, antes de ser expulsado do país polos soviéticos, ordenouno nun hotel de Moscova bispo auxiliar e locum tenens de Lviv.[2] En 1969 foi arrestado novamente, e permaneceu na cadea até a súa liberación e expulsión do país en 1972.[2] Finou en Winnipeg o 30 de xuño de 1973.[2]
Culto
editarFoi beatificado polo papa Xoán Paulo II o 27 de xuño de 2001 na súa viaxe a Ucraína. A súa festa celébrase o 27 de xuño, xunto a Mykolai Charnetskyi e 24 compañeiros.[3]
Trinta anos logo do seu pasamento, o seu corpo foi achado case incorrupto. Os seus restos descansan na igrexa ucraína de San Xosé, en Winnipeg.
Notas
editar- ↑ Tamén citado como Vasyl Vsevolod Velychkovsky e Wasyl Wełyczkowski.
- ↑ 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Paul Burns, ed. (2001). Butler's Saints of the Third Millennium: Butler's Lives of the Saints: Supplementary Volume (en inglés). A&C Black. p. 81. ISBN 9780860123828.
- ↑ Burns (ed.) (2001), pp. 74-82.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Kavats, Kseniya (2014). The Arrest and Imprisonment of Bishop Vasyl' Velychkovs'kyi, 1945-1955 (en inglés). ProQuest Dissertations Publishing. ISBN 978-0-499-26224-0.