Nykyta Budka

Bispo greco-católico ucraíno e beato

O Beato Nykyta Budka (en ucraíno: Никита Будка), nado o 7 de xuño de 1877 en Dobromirka (Reino de Galicia e Lodomeria) e finado o 1 de outubro de 1949 nun campo de concentración en Qarağandı (RSS de Casaquistán), foi un eclesiástico católico ucraíno, exarca apostólico do Canadá entre 1912 e 1928, e posteriormente mártir baixo o réxime soviético.

Infotaula de personaNykyta Budka

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de xuño de 1877 Editar o valor em Wikidata
Dobromirka, Ucraína (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte1 de outubro de 1949 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Qarağandı Editar o valor em Wikidata
Bispo católico oriental
13 de outubro de 1912 –
Bispo diocesano
15 de xullo de 1912 – 9 de novembro de 1928
Bispo titular
15 de xullo de 1912 –
Diocese: Patara (en) Traducir
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadePolonia
Imperio Austrohúngaro
Canadá Editar o valor em Wikidata
RelixiónIgrexa católica bizantina ucraína Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade de Viena
Universidade de Innsbruck
Higher Scientific Institute for Diocesan Priests at St. Augustine's (en) Traducir
Collegium Canisianum Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpresbítero greco-católico (1905–) Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua polaca Editar o valor em Wikidata
ConsagraciónAndrei Sheptytskyi Editar o valor em Wikidata
Enaltecemento
Día de festividade relixiosa1 de outubro Editar o valor em Wikidata

Find a Grave: 88128920 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Nykyta Budka naceu o 7 de xuño de 1877 na aldea de Dobromirka, no Reino de Galicia e Lodomeria (hoxe no distrito de Zbarazh da rexión de Ternopil).[1][2] Logo de rematar a súa formación teolóxica no Collegium Canisianum de Innsbruck, foi ordenado sacerdote o 14 de outubro de 1905 polo metropolita Andrei Sheptytskyi,[1][2] e dende o comezo prestou moita atención á emigración ucraína.[2] O 8 de xaneiro de 1909 doutorouse en Teoloxía polo Frintaneum de Viena.[1][2]

O 15 de xullo de 1912 a Santa Sé nomeouno exarca apostólico do Canadá e bispo titular de Patara,[2] recibido a consagración episcopal o 13 de outubro de 1912 de mans de Andrei Sheptytskyi, e tendo como co-consagradores a Hryhorii Khomyshyn e a Konstantyn Chekhovych.[1]

En novembro de 1928 renunciou como exarca e volveu a Lviv como bispo auxiliar, e alí foi vigairo xeral.[1][2] O 11 de abril de 1945 foi arrestado xunto a outros bispos e condenado a oito anos de prisión. Caracterizouse por un constante apoio espiritual e consolación aos seus compañeiros no campo de concentración. Finou como mártir en Qarağandı, segundo algunhas fontes o 1 de outubro[2] e segundo outras o 6 de outubro de 1949.[1][3][4] O seu cadáver foi abandonado no bosque para ser devorado pola fauna salvaxe.[2]

Culto editar

O papa Xoán Paulo II beatificouno o 27 de xuño de 2001 na súa visita pastoral a Ucraína, xunto a Mykolai Charnetskyi e compañeiros mártires.[5][6]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 Blazejowskyj, Dmytro (1990). Hierarchy of the Kyivan Church (861-1990). Roma: Editiones Universitatis Catholicae Ucrainorum S. Clementi Papae. pp. 315, 348. OCLC 22834909. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Burns, Paul (2005). Butler's Saints of the Third Millennium: Butler's Lives of the Saints: Supplementary Volume. Bloomsbury Publishing. pp. 77–78. ISBN 9781441130778. 
  3. Zinkevych, Osyp; Sorokowski, Andrew, eds. (1988). A Thousand Years of Christianity in Ukraine: An Encyclopedic Chronology. Smoloskyp Publishers, National Committee to Commemorate the Millenium of Christianity in Ukraine. p. 247. ISBN 9780914834588. 
  4. Galter, Albert (1957). The Red Book of the Persecuted Church. Newman Press. p. 453. 
  5. Os outros mártires da Igrexa Católica Ucraína beatificados canda el foron: os bispos Yosafat Kotsylovskyi, Symeon Lukach, Vasyl Velychkovskyi, Ivan Sleziuk, Hryhorii Khomyshyn e Hryhorii Lakota; os presbíteros Mykola Konrad, Andrii Ishchak, Roman Lysko, Mykola Tsehelskyi, Petro Verhun e Oleksii Zarytskyi; os relixiosos Yakym Senkivskyi, Severiian Baranyk, Zenon Kovalyk, Vitalii Bairak e Ivan Ziatyk; as relixiosas Tarsykiia Matskiv, Olimpiia Bida e Lavrentiia Harasymiv; e o laico Volodymyr Pryima. Tamén foron beatificados os bispos grecocatólicos rusos Leonid Fedorov e Klymentii Sheptytskyi; e o bispo ruteno Teodor Romzha.
  6. Resch, Andreas (2006). I beati di Giovanni Paolo II. Libreria Editrice Vaticana. p. 108. ISBN 9788820978334. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • McVay, Athanasius (2014). God's Martyr, History's Witness: Blessed Nykyta Budka, the First Ukrainian Catholic Bishop of Canada (en inglés). Ukrainian Catholic Eparchy of Edmonton. ISBN 9780980930917. 
  • Hryniuk, Stella (1988). "Pioneer Bishop, Pioneer Times: Nykyta Budka in Canada". Historical Studies (en inglés) (Canadian Catholic Historical Association) (55): 21–41. ISSN 1193-1981.