Taiwán

estado do leste de Asia
(Redirección desde «Taiwan»)

A República da China (en chinés tradicional: 中華民國; pinyin: ZhongHuá MínGuó; Wade-Giles: Chung Hua Min Kuo), coñecida polo xeral como Taiwán[1] (en chinés tradicional: 臺灣 ou 台灣; chinés simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân), é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a Illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República da China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fose a República Popular da China. Taiwán é recoñecido como a República da China por 14 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.

Modelo:Xeografía políticaTaiwán
中華民國 (zh)
Tiong-hoâ Bîn-kok (nan)
Chûng-fà Mìn-koet (hak)
中華民國 (zh-tw)
taiwan (pwn)
Tiong-huâ-bîn-kok (nan)
中華民國 (nan-hani)
臺灣 (zh-tw)
台灣 (nan-hani)
Tâi-oân (nan) Editar o valor em Wikidata
Imaxe

HimnoHimno nacional de Taiwán (1928) Editar o valor em Wikidata

Lema«sen valor» Editar o valor em Wikidata
Localización
Editar o valor em Wikidata Mapa
 24°N 121°L / 24, 121Coordenadas: 24°N 121°L / 24, 121
Territorio reivindicado porRepública Popular da China (1949–) Editar o valor em Wikidata
CapitalTaipei (1949–) Editar o valor em Wikidata
Contén a división administrativa
Fujian (pt) Traducir (1912–)
Kaohsiung (1979–)
Novo Taipé (pt) Traducir (2010–)
Província de Taiwan (pt) Traducir (1945–)
Taichung (pt) Traducir (2010–)
Tainan (2010–)
Taipei (1967–)
Taoyuan (pt) Traducir (2014–) Editar o valor em Wikidata
Poboación
Poboación23.593.794 (2019) Editar o valor em Wikidata (651,89 hab./km²)
Lingua oficialmandarim taiwanês (pt) Traducir
Taiwanese Hakka (en) Traducir
Língua taiwanesa (pt) Traducir
Lingua amis
Lingua paiwan
Kinmen dialect (en) Traducir
O-ku-uā (en) Traducir
Matsu dialect (en) Traducir
língua de sinais de Taiwan (pt) Traducir
Língua saisiyat (pt) Traducir
Puyuma (en) Traducir
Lingua atayal
Língua tsou (pt) Traducir
Língua bunun (pt) Traducir
Lingua rukai
Truku (en) Traducir
Lingua seediq
Lingua sakizaya
Língua yami (pt) Traducir
Língua kavalan (pt) Traducir
Língua kanakanavu (pt) Traducir
Língua saaroa (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Relixiónbudismo, Taoísmo e Relixión tradicional chinesa Editar o valor em Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie36.193 km² Editar o valor em Wikidata
Auga2,8 % Editar o valor em Wikidata
Bañado porMar da China Oriental, Estreito de Taiwán, Canal de Bashi (pt) Traducir e Océano Pacífico Editar o valor em Wikidata
Punto máis altoYu Shan (3.952 m) Editar o valor em Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación1 de xaneiro de 1912 Editar o valor em Wikidata
Evento clave
10 de outubro de 1911Revolución Xinhai
2 de setembro de 1945segunda guerra mundial
31 de marzo de 1946Guerra Civil Chinesa
27 de febreiro de 1947Incidente 228 (pt) Traducir
19 de maio de 1949Terror Branco (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Organización política
Forma de gobernoRepública semipresidencialista
democracia (1996–)
república constitucional Editar o valor em Wikidata
• Presidente (pt) Traducir Editar o valor em WikidataTsai Ing-wen (2016–) Editar o valor em Wikidata
Órgano executivoYuan Executivo (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
• Premier of the Republic of China (en) Traducir Editar o valor em WikidataChen Chien-jen (pt) Traducir (2023–) Editar o valor em Wikidata
Órgano lexislativoLegislativo Yuan (pt) Traducir Circunscrición: 73, (Escano: 113) Editar o valor em Wikidata
Máxima autoridade xudicialSupreme Court of the Republic of China (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Membro de
Moedanovo dólar taiwanês (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.tw Editar o valor em Wikidata
Prefixo telefónico+886 Editar o valor em Wikidata
Teléfono de emerxencia119 e 110 Editar o valor em Wikidata
Código de paísTW Editar o valor em Wikidata

Sitio webgov.tw Editar o valor em Wikidata

Historia editar

A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente os habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, a China foi obrigada a ceder Taiwán ao Xapón a perpetuidade.

Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, o Xapón aceptou os termos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba á China. As tropas recentemente chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refuxiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.

O Kuomintang mantivo unha ditadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai-shek, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo, e despois por Lee teng-hui. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial da China na ONU ata 1979. Nos anos noventa asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian.

Organización político-administrativa editar

Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda a China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.

Tanto a constitución da República Popular da China como a da República da China, o réxime que exerce a soberanía real sobre a illa, consideran o territorio de Taiwán e as Illas Pescadores como unha provincia da China.

Na propia illa, o feito de que desde 1949 o territorio baixo soberanía da República da China coincida case na súa totalidade co da Provincia de Taiwán provocou unha situación paradoxal de duplicidade burocrática, ao solaparse as administracións provincial e nacional. Esta situación levou nos últimos anos a unha progresiva eliminación das institucións provinciais. Ademais, as cidades de Taipei e Kaohsiung son na actualidade independentes do goberno provincial de Taiwán, atopándose baixo administración directa do goberno central.

A República Popular da China, aínda que reivindica este territorio como provincia propia, nunca exerceu a soberanía política sobre este.

Xeografía editar

A illa de Taiwán está situada a 200 quilómetros ó sueste da China continental, separadas polo estreito de Taiwán. Existe un contraste entre os dous terzos orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico Iu Shan a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.

O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Son frecuentes os Tifóns e os terremotos na illa.

Economía editar

Artigo principal: Economía de Taiwán.

A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertendo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiais de microprocesadores.

Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores investidores na República Popular da China. Estas relacións económicas víronse reforzadas en 2014 coa entrada en vigor do acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán.

Demografía editar

Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.

Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.

Cultura editar

Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar, Indonesia, Filipinas e a Polinesia.

Deporte editar

Notas editar

  1. López Martínez, María Cruz (2005). Gran dicionario século 21 da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1445. ISBN 9788482893419. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar