Acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán
O Acordo de Libre Comercio entre a China e Taiwán (chinés: 海峽兩岸服務貿易協議 pinyin: Hǎixiá Liǎng'àn Fúwù Màoyì Xiéyì) é un acordo asinado entre a China continental e Taiwán que ten como obxectivo reducir as barreiras económicas e comerciais entre os dous territorios e é produto dun acordo xeral de comercio preferencial entre os dous países asinado en xuño de 2010 en Chongqing.
Contexto
editarO acordo asinárono dúas organizacións semioficiais dedicadas ás relacións comerciais entre dous territorios o 21 de xuño de 2013 en Shanghai[1]. O 18 de marzo de 2014, centos de estudantes taiwaneses ocuparon o Parlamento de Taiwán cando este ía referendar o acordo.
Acordo
editarO acordo consiste en catro capítulos e 24 artigos, e abre 64 sectores económicos taiwaneses aos investimentos da China continental a cambio da apertura de 80 sectores chineses [2].
Reacción en Taiwán
editarO 18 de marzo de 2014 varios centos de mozos taiwaneses ocuparon o hemiciclo do parlamento taiwanés, manifestándose contra a aprobación do acordo polo lexislativo [3], considerando que o acordo prexudica a economía de Taiwán deixándoa vulnerable ás presións políticas de Pequín [4][5]
Notas
editar- ↑ Christophe Jqffrelot,La frontière sino-taiwanaise"CERISCOPE", 21/03/2014
- ↑ Taipei Times, SERVICES PACT: TSU knocks cross-strait service trade agreement, 23 de xuño de 2013
- ↑ Brice Pedroletti,A Taipei, l'accord de libre-échange sino-taïwanais provoque la colère des étudiants"Le Monde", 20/03/2014
- ↑ "Protesters occupy Taiwan parliament over China trade deal". BBC. 19 de marzo de 2014. Consultado o 19 de marzo de 2014.
- ↑ Slideshare, ed. (13 de setembro de 2013). "服貿自救寶典(I) : 服貿協議將對誰有影響". Consultado o 19 de marzo de 2014.