Estreito de Taiwán

Coordenadas: 24°48′40″N 119°55′42″L / 24.811111111111, 119.92833333333

O estreito de Taiwán ou estreito de Formosa é un estreito de 180 km de largo que separa a illa de Taiwán da China continental. O estreito forma parte do mar da China Meridional e conéctao polo norte co mar da China Oriental. A parte máis estreita mide 130 km de largo.[1]

Mapa da rexión do estreito de Taiwán

Nomes editar

Outros nomes do estreito de Taiwán son estreito de Formosa (polo antigo nome de Taiwán), estreito de Fokien ou estreito de Fujian pola provincia chinesa ao occidente do estreito,[2] e Gabia Negra, calco do nome do estreito en hokkien e hakka.

Xeografía editar

O estreito de Taiwán é o corpo de auga que separa a provincia de Fujian da illa de Taiwán.

Os acordos internacionais non definen o estreito de Taiwán, senón que inclúen as súas augas no mar da China Meridional, que ten como límite norte a liña dende o cabo Fugui (punto máis setentrional de Taiwán) e a illa Niushan ata a parte sur da illa Pingtan para rematar na costa de Fujian.[3]

Historia editar

O estreito separou a cultura han da China continental dos aborixes de Taiwán durante milenios, aínda que os hakka e os hoklo comerciaron e migraron por el.

Dende 1949 cando o goberno chinés do Kuomintang, liderado por Chiang Kai-shek, se refuxiou en Taiwán trala derrota na guerra civil chinesa fronte aos comunistas de Mao Tse Tung, o estreito foi escenario dunha forte tensión política, e mesmo de bombardeos nas illas de Quemoy e Matsu, entre os réximes enfrontados da República Popular da China e a República da China.

Durante moitos anos, os contactos entre ambos os lados do estreito estiveron prohibidos. A partir de 2001, o goberno da República da China autorizou algúns servizos de transbordador e en 2008 establecéronse voos directos.[4]

Notas editar

  1. "Geography". Government Information Office. Arquivado dende o orixinal o 29 de decembro de 2010. Consultado o 23 de xaneiro de 2011. 
  2. EB (1879), p. 415.
  3. IHO (1953), §49.
  4. BBC

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar