Suplemento mineral milagroso

O «suplemento mineral milagroso» coñecido como MMS polas siglas en inglés de Miracle Mineral Supplement, tamén chamado solución mineral milagrosa, solución mineral mestra ou protocolo CD (siglas en inglés de chlorine dioxide, dióxido de cloro) e ás veces vendido como "solución purificadora de auga",[1] é unha solución ao 28 % de clorito de sodio (NaClO2) en auga destilada que ao mesturarse cun ácido, xa sexa ácido cítrico ou o ácido clorhídrico do zume gástrico, reacciona formando dióxido de cloro, un produto químico usado na desinfección en ambientes domésticos e industriais[2] e cuxa inxesta pode producir náuseas, vómito, diarrea e unha baixada da presión arterial potencialmente mortal debido á deshidratación.[3] É moi similar á lixivia industrial, a cal contén hipoclorito de sodio, e, como esta última, é tóxico.[4] O nome foi acuñado por Jim Humble no seu libro The Miracle Mineral Solution of the 21st Century autopublicado en 2006.[5]

O MMS promóvese falsamente como unha cura para o arrefriado común, o acne, a diabetes,[6] o autismo,[6] a malaria,[6] os virus da hepatite, o virus da gripe H1N1, o VIH,[6] o cancro,[6] a COVID-19[7][8] e moitas máis doenzas. Non se realizaron ensaios clínicos estándar para probar estas afirmacións, que proveñen só de casos anecdóticos e do libro de Humble.[9][10] Os vendedores ás veces describen o MMS como un potabilizador de auga coa finalidade de evadir as regulacións médicas.[11] A Federación Internacional de Sociedades da Cruz Vermella e da Media Lúa Vermella rexeitou «nos termos máis enérxicos» informes dos promotores do MMS de que esta o utilizara combater a malaria.[12]

Metabolismo editar

Cando o clorito de sodio activado entra no estómago, queda en contacto co zume gástrico. O pH extremadamente baixo do estómago reduce o clorito de sodio a dióxido de cloro. En cuestión de minutos o dióxido de cloro é reducido e hidrolizado a clorito e clorato.[13] Isto contradí as afirmacións dos que promoven o MMS como cura, pois eles afirman que o dióxido de cloro é absorbido ao sangue, onde exercería o seu efecto antioxidante. Porén, isto non ocorre, senón que o corpo absorbe os metabolitos que poden ser tóxicos[14][15] ata causar insuficiencia renal aguda[16] desde cantidades de só un gramo. Os efectos adversos inclúen náuseas, vómitos e mesmo unha hemólise potencialmente mortal en persoas deficientes en glicosa-6-fosfato deshidroxenase.

A EPA (Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos) estableceu un nivel máximo de 0,8 mg/L de dióxido de cloro na auga potable.[17] Naren Gunja, director do Centro de Información de Velenos de Nova Gales do Sur, declarou que o uso do produto é "algo parecido a beber lixivia concentrada" e que os usuarios mostraron síntomas compatibles con lesións corrosivas, tales como vómitos, dores de estómago e diarrea.[18]

Seguridade e situación legal editar

A inxestión de MMS pode producir diversos trastornos, nalgún casos graves e mesmo mortais. En agosto de 2009, unha muller mexicana, que viaxaba co seu marido estadounidense en iate por Vanuatu, utilizou o MMS como preventivo para a malaria. Aos 15 minutos estaba enferma e en 12 horas estaba morta.[19][20]

Os promotores da solución mineral milagrosa advirten que en ocasións o paciente pode sentir náuseas, vómitos e diarrea, e que iso é debido a que o corpo se está «desintoxicando». Isto é especialmente perigoso porque estes síntomas indican, en realidade, que se está sufrindo un envelenamento e pode levar á hipertensión arterial e á redución de auga por deshidratación. Pode causar danos no intestino e aos glóbulos vermellos do sangue, podendo orixinar insuficiencia respiratoria.[21][22]

En 2010 a Axencia Española de Medicamentos e Produtos Sanitarios ordenou a retirada do MMS porque ao ser tomado seguindo as indicacións dos provedores, pode producir efectos adversos que nalgúns casos poden ser graves.[23]

No Canadá o produto prohibiuse despois de que case causase a morte a unha persoa.[24] [25][26] No Reino Unido a Axencia de Estándares de Alimentos tamén publicou unha advertencia, despois después da advertencia inicial de Health Canadá e outra similar da FDA estadounidense, na cal se dicía que «o MMS é unha solución de clorito sódico ao 28 %, o que equivale á lixivia de uso industrial».

A Food Standards Agency (axencia de estándares alimentarios de EUA) reiterou a súa advertencia sobre o MMS e ampliouna para incluír a CDS (solución de dióxido de cloro).[27]

En decembro de 2009, o Centro de Control de Envelenamento de Bélxica emitiu unha alerta ante a Asociación Europea de Centros de Toxicoloxía e de Toxicoloxía Clínica. En resposta, en marzo de 2010 o Comité de Coordinación de Toxicovixilancia (de Francia) levou a cabo unha avaliación advertindo sobre unha irritación dependente da dose e os posibles efectos tóxicos. Tamén advertiron que os pacientes afectados por doenzas graves poderían verse tentados a deixar os seus tratamentos a favor desta suposta alternativa de tratamento.[28] En xullo de 2010, a FDA (Administración de Medicamentos e Alimentos) dos Estados Unidos fixo unha advertencia similar, dicindo que as instruciónes para a preparación da solución mesturándoa cunha solución ácida, ou mesmo zume de laranxa produce dióxido de cloro, «un branqueador potente utilizado para branquar fibras téxtiles e para o tratamento de augas industriais». Debido aos informes que inclúen náuseas, vómitos e presión arterial perigrosamente baixa como resultado do uso do MMS, a FDA instou aos consumidores a desfacerse do produto inmediatamente.

Toxicidade editar

O MMS non está aprobado para o tratamento de ningunha enfermidade. Segundo a Axencia de Protección Ambiental dos Estados Unidos, a exposición crónica a pequenas doses de dióxido de cloro pode causar danos na reprodución e o desenvolvemento neurolóxico.[29]

O dióxido de cloro demostrou ser prexudicial para a función do tiroide e reducir a contaxe de células T4 en monos despois de estar 6 meses administrándolles doses menores ás recomendadas.[30]

Outro estudo en ratas observou unha diminución na contaxe de glóbulos vermellos cando eran expostas a concentrcións de 100 mg/L de dióxido de cloro na auga potable, despois de 3 meses. O Departamento de Traballo dos Estados Unidos restrinxe a exposición laboral á inhalación de dióxido de cloro a 0,1 ppm, xa que as concentracións de 10 ppm deron lugar a mortes en ratas, despois de 10 días, mentres que un caso no que un traballador se expuxo accidentalmente a 19 ppm tivo como resultado a súa morte.[31] Segundo a mesma organización (en 2009), «o dióxido de cloro causa unha doenza respiratoria grave e é irritante para os ollos en humanos».[31]

Promoción ilegal do produto editar

Na área de Seattle (Estados Unidos), a solución mineral milagrosa foi promocionada por unha parella australiana. Esta parella difundiu sitios web que utilizan testemuñas falsas (acompañadas de debuxos atractivos), fotografías e direccións de Seattle para promover descargas de libros nos que se promocionaba o MMS como axente sanador milagreiro, así como as botellas que venden coa etiqueta «purificación da auga» co nome de marca MMS Professional.[32][33] A Oficina do procurador xeral do Estado de Washington presentou a demanda e, en conxunción coa Australian Competition and Consumer Commission (ACCC), conseguiu un acordo de máis de 40000 dólares estadounidenses (aproximadamente 25000 dólares por honorarios de avogados estatais e 14000 dólares máis) que se dividiría entre 200 consumidores.[34] Na acción legal de ACCC, o xuíz describiu aos acusados como curandeiros e considerou as afirmacións das páxinas web «falsas, equívocas ou enganosas».[35]

O 28 de maio de 2015 un xurado federal estadounidense encontrou culpable a Louis Daniel Smith de vender o MMS como cura para varias doenas. Foi condenado por conspiración, tráfico, venda de fármacos mal etiquetados e fraude aos Estados Unidos. De acordo coas probas presentadas no xuízo, Smith creou un falso negocio de "purificación de auga" e "tratamento de auga residual" coa finalidade de obter clorito de sodio e enviar MMS sen ser detectado polo goberno.[36]

Outro caso foi o dunha muller do norte de Mackay (Australia), que foi multada con 2000 dólares australianos por inxectar sen titulación MMS a varios pacientes no seu garaxe, que carecía de instalacións axeitadas para a esterilización, e chegou mesmo a aconsellar a unha persoa que evitase a quimioterapia, mentres promovía un tratamento sen «ningunha base científica». A Oficina de Comercio de Queensland ten unha orde xudicial que prohibe «facer calquera declaración de que o MMS é capaz de tratar, curar ou beneficiar a calquera persoa que sofre de cancro» baixo multa de 12000 dólares australianos.[37]

Andreas Kalcker, un promotor do produto, fundou en Berlín unha ONG chamada Earth Help Project que, aínda que se presenta como entidade de axuda en temas de enerxía alternativa, auga potable e saúde no Terceiro Mundo, ten como principal fin promocionar e vender o MMS (solución mineral mestra).[38]

Este produto tamén o vende a Igrexa da Saúde e Sanación Xénese II, grupo cuxo propósito é que "o mundo acceda á saúde". QAnon é outro grupo que segue unha teoría que xira arredor das mensaxes en clave que un usuario denominado Q posteaba no foro 4chan e propón tomar o MMS para curar o coronavirus.[39]

En xaneiro de 2010, The Sydney Morning Herald informou que un vendedor admitiu que eles non repiten ningunha das declaracións de Humble por escrito para eludir as regulacións contra o seu uso como medicamento.[40]

En España editar

A venda do produto como terapia foi prohibida en España no ano 2010. Malia iso, o produto séguese promovendo e vendendo. En 2012 o propio Andreas Kalcker, un empresario inmobiliario alemán falsamente autoanunciado como investigador científico[41] foi detido xunto a dous holandeses por vender a solución nun acto publicitario en Eivisa.[38] En España entre os seus máximos divulgadores están Josep Pàmies (agricultor de Lleida)[42][43] e tamén Teresa Forcades, monxa e doutora en medicina, que foi inhabilitada temporalmente en 2023 polo Colexio de Médicos de Barcelona en relación con estes asuntos.[44][45]

Notas editar

  1. "EE.UU. pide a la población que no beba cloro creyendo que previene el autismo y el cáncer". 16 de agosto de 2019. p. www.rt.com. Consultado o 19 de agosto de 2019. ...trátase de produtos coñecidos con diversos nomes, tales como "solución mineral milagrosa ou mestra, suplemento mineral milagroso, MMS (siglas en inglés), protocolo de dióxido de cloro (CD, polas súas siglas en inglés) e solución purificación de auga (WPS, polas súas siglas en inglés)". 
  2. Commissioner, Office of the (20 de decembro de 2019). "Peligro: No beba la solución mineral milagrosa o productos similares". FDA (en inglés). Consultado o 16 de agosto de 2020. 
  3. Food and Drug Administration (2019-08-12). "FDA warns consumers about the dangerous and potentially life threading side effects of Miracle Mineral Solution". fda.gov (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2019-08-14. Consultado o 2019-08-16. 
  4. "FDA Warns Consumers of Serious Harm from Drinking Miracle Mineral Solution (MMS)" (en inglés). U.S. Food and Drug Administration. Arquivado dende o orixinal o 3 de febreiro de 2011. Consultado o 30 de xullo de 2010. 
  5. Humble, Jim V. (2006): The Miracle Mineral Solution of the 21st Century (‘A solución mineral milagrosa do século XXI’). Estados Unidos: Jim Humble Books, en inglés, cuarta edición, 2009. Consultado o 7 de xuño de 2013.
  6. 6,0 6,1 6,2 6,3 6,4 «Alertan sobre los peligros de la "solución mineral milagrosa". El MMS se vende por internet como supuesta cura para el cáncer, el sida y otras dolencias. Está compuesto de un químico desinfectante industrial disuelto en agua», artigo do 22 de outubro de 2012 no sitio web Cooperativa (Chile).
  7. "No, aguantar la respiración no sirve para detectar el Covid-19". RTVE. Consultado o 7 de abril de 2020. 
  8. "José Ramon Alonso, neurobiólogo: "El MMS es tóxico y nocivo aunque quienes lo difundan digan que lo cura todo"". eldiario.es. Consultado o 2 de maio de 2020. 
  9. F.D.A. Warning letter
  10. Calligeros, Marissa (24 de abril de 2009). "Backyard cancer "healer" deceived patients". The Brisbane Times. Arquivado dende o orixinal o 31 de agosto de 2010. Consultado o 28 de decembro de 2009. 
  11. Jensen, Erik (2010): «Deadly chemical being sold as miracle cure» (‘un produto químico mortal estase a vender como cura milagrosa’), artigo do 9 de xaneiro de 2010 (en inglés) no diario The Sydney Morning Herald (Sídney). Consultado o 18 de febreiro de 2011.
  12. "IFRC strongly dissociates from the claim of a ‘miracle’ solution to defeat malaria" (Nota de prensa). International Federation of Red Cross and Red Crescent Societies. 15 de maio de 2013. Consultado o 25 de outubro de 2014. 
  13. Bercz JP, Jones L, Garner L, Murray D, Ludwig DA, Boston J. "Subchronic toxicity of chlorine dioxide and related compounds in drinking water in the nonhuman primate.". Environ Health Perspect. PMID 7151767. doi:10.1289/ehp.824647. 
  14. "Sodium Chlorite - Summary Report of the European Agency for the Evaluation of Medicinal Products - Veterinary Medicines Evaluation Unit" (PDF). European Medicines Agency. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 10 de xullo de de 2007. 
  15. "Health risks associated with use of Miracle Mineral Solution". Health Canada. 12 de maio de 2010. Consultado o 17 de febreiro de 2011. 
  16. Lin JL, Lim PS (1993). "Acute sodium chlorite poisoning associated with renal failure". Ren Fail 15 (5): 645–8. PMID 8290712. doi:10.3109/08860229309069417. 
  17. "ATSDR: ToxFAQs™ for Chlorine Dioxide and Chlorite". 
  18. Jensen, Erik (9 de xaneiro de 2010). "Deadly chemical being sold as miracle cure". The Sydney Morning Herald. Consultado o 24 de xaneiro de 2012. 
  19. "Muerte en el paraíso" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 14 de marzo de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2013. In the harbour of Port Vila, a husband awaits scientific explanation of his wife's agonising end 
  20. "La fiscal decide non presentar cargos no caso de morte asociada á solución mineral mestra" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 30 de maio de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2013. Prosecutor decides no charges can be laid in case of death linked to MMS 
  21. "Advertencia de la FSA respecto al MSM" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de xuño de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2013. Warning against consumption of Miracle Mineral Solution 
  22. "Alerta emitida por el peligro del suplemento" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. O comite de vixilancia alimentario emitiu unha alerta despois de descubrir que un composto químico vendido on line omo suplemento para a saúde era similar á lixivia de forza industrial 
  23. Escribano Romero, Belén (14 de maio de 2010) Asunto: Alerta de medicamentos ilegales, Nº. 5/10. Agencia Española de Medicamentos y Productos Sanitarios.
  24. "The man who encourages the sick and dying to drink industrial bleach" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. 
  25. "Un home de 60 anos foi hospitalizado tras unha mala resposta ao MMS" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 2 de novembro de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2013. Sketchy supplements on Calgary website prompt Health Canada warning 
  26. "Advertencia de Salud en Canadá" (en inglés). Consultado o 7 de de xuño de 2013. Health Canada provides timely information on issues that concern the health of Canadians 
  27. "La cura basada en lejía podría matar" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. Advírtese aos compradores de Reino Unido de evitar a Solución mineral milagrosa e a solución de dióxido de cloro, que son a miúdo anunciadas desde o estranxeiro 
  28. "Comité de Coordinación de Toxicovigilancia" (PDF) (en francés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de outubro de 2019. Consultado o 7 de xuño de 2013. Avaliación dos risgos ligados ao consumo do produto denominado «Solution Mineral Milagrosa» 
  29. "Exposición oral al clorito" (PDF) (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. Chlorite (sodium salt) (CASRN 7758-19-2) 
  30. "Estudio de exposición oral al clorito de sodio en monos verdes africanos" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. Subchronic toxicity of chlorine dioxide and related compounds in drinking water in the nonhuman primate 
  31. 31,0 31,1 "Pautas de salud ocupacional del dióxido de cloro" (PDF) (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. Occupational health guideline for clorine dioxide 
  32. "Acusaciones por suministro de producto" (PDF) (en inglés). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 19 de outubro de 2013. Consultado o 7 de xuño de 2013. Australian Competition and Consumer Commission v Vassallo 
  33. "Acusaciones por suministro de producto" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. Sexy stories, bogus cures lead to action by state AG 
  34. "Demanda del fiscal" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. Washington Attorney General reels in refunds for consumers hooked by Aussies’ quack medicine Web sites 
  35. "Apreciación do xuíz" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. "Quacks" shut down by joint U.S.-Australia investigation 
  36. "Seller of "Miracle Mineral Solution" Convicted for Marketing Toxic Chemical as a Miracle Cure". United States Department of Justice. Consultado o 30 de maio de 2015. 
  37. "Unha muller sen titulación multada por tratamentos con MMS" (en inglés). Consultado o 7 de xuño de 2013. A north Queensland woman has been ordered to stop treating cancer patients with what she claimed was a "miracle mineral supplement" 
  38. 38,0 38,1 "Detenido en Eivissa el gurú alemán de la medicina alternativa por divulgar pócimas contra el cáncer y el sida". Noudiari. 
  39. Gayozzo, Piero (2020). "Pandemia: coronavirus y virus mentales" (PDF). researchgate.net. 
  40. Harvey, Sarah (24 de xaneiro de 2010). "'Miracle' chemical dubbed a danger". Sunday Star Times. Consultado o 12 de xuño de 2012. 
  41. "Las mentiras del doctor Kalcker y su MMS/Dioxilife". La Búsqueda (en castelán). 2013-11-02. Consultado o 2021-01-06. 
  42. Brais Cedeira (2/4/2017). "El embaucador de la infusión: Josep Pàmies 'cura' el cáncer, el ébola y el sida con hierbas y lejía". El Español. 
  43. Pau Rodríguez (17/4/2020). "Josep Pàmies, el curandero sancionado por difundir pseudoterapias vuelve a la carga con el coronavirus". elDiario.es. 
  44. C., B. (19/12/2018). "La otra cruzada de la monja 'indepe': curar enfermedades... con la terapia de la lejía". El Confidencial. 
  45. La Vanguardia Colegio de Médicos inhabilita a la monja Teresa Forcades por defender clorito Arquivado 02 de setembro de 2023 en Wayback Machine.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Enlaces externos editar