A hemólise consiste na desintegración de eritrocitos (glóbulos vermellos). Comunmente os glóbulos vermellos teñen un período de vida próximo ós 120 días; logo deste período morren e descompóñense naturalmente. Algunhas enfermidades poden producir unha hemólise temperá na vida dos eritrocitos, o que provoca un descenso na súa concentración, producindo así un descenso no transporte activo de osíxeno. Un exemplo de devanditas enfermidades é un tipo de anemia, denominada anemia hemolítica.