Superliga española 2 de voleibol feminino
A Superliga 2 Feminina de Voleibol é a segunda categoría do voleibol español e é organizada pola Real Federación Española de Voleibol (RFEVB). Esta competición naceu na tempada 2007-08 coa presenza de 10 equipos: 3 descendidos da Superliga, o perdedor da Fase de Promoción para o ascenso á Superliga, e o resto dos clasificados nas catro primeiras posicións dos dous grupos da Liga FEV que non conseguiron ascender na tempada 2006-07. As renuncias permitiron o ascenso doutros equipos.
Equipos da tempada 2010-2011
editarNome | Sede | País | Pavillón |
---|---|---|---|
C.V. Sant Cugat | Sant Cugat del Vallès | Cataluña | Pavelló Municipal Valldoreix |
CV Vall d'Hebron | La Vall d'Hebron | Cataluña | Olimpics CM d´Esports de la Vall d'Hebron |
CV Viladecans | Viladecans | Cataluña | Poliesportiu del Centre |
CVB Barça | Barcelona | Cataluña | Instituto Nacional Educ. Física Barcelona |
Emeve Laboratorios Nupel | Lugo | Galiza | Pabellón Municipal De Deportes |
Extremadura Arroyo | Arroyo de la Luz | Estremadura | Pabellón Municipal |
Feel Volley Alcobendas | Alcobendas | Comunidade de Madrid | Pabellón Amaya Valdemoro |
Nuchar Eurochamp Murillo | Murillo de Río Leza | A Rioxa | Polideportivo Federico García Lorca |
Vóley Ciutat Cide | Palma | Baleares | Polideportivo CIDE |
Vóley Murcia | Murcia | Rexión de Murcia | Pabellón Municipal Infante |
V.P. Madrid | Madrid | Comunidade de Madrid | CDM Francisco Fernández Ochoa |
Palmarés
editarEquipos máis laureados
editarClub | Localidade | País | 1º | 2º | 3º | 20 11 |
20 10 |
20 09 |
20 08 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Cantabria Infinita | Torrelavega | Cantabria | |||||||
Nuchar Eurochamp Murillo | Murillo de Río Leza | A Rioxa | |||||||
Ribeira Sacra | Monforte de Lemos | Galiza | |||||||
Haro Rioja Vóley | Haro | A Rioxa | |||||||
Promociones Díez Rical Miranda | Miranda de Ebro | Castela e León | |||||||
Playa de Finestrat | Finestrat | Comunidade Valenciana | |||||||
Cajasur Córdoba | Córdoba | Andalucía |
Normativa
editarInscrición de equipos
editar- Admítese ata un máximo de 12 equipos.
- A cota de inscrición é de 6378 € (tempada 2010/2011).
- Deben presentar un aval bancario de 10400 € (tempada 2010/2011).
Requirimentos e obrigas que deben cumprir os clubs inscritos
editar- Cada club debe designar, tendo en conta que unha mesma persoa non poderá desempeñar varios cargos á vez durante a celebración dos partidos:
- Delegados de equipo.
- Delegados de campo (poderá nomearse ata 3 persoas).
- Un xefe de prensa.
- Un médico.
- Un responsable de estatística.
- Cada equipo terá durante toda a tempada, como mínimo, dez licenzas federativas.
- Cada equipo só pode contar con tres xogadoras con autorización federativa non seleccionables (que non poidan xogar na selección española).
Sistema de competición
editarO sistema de puntuación é o seguinte:
- Resultado de 3 - 0 ou 3 – 1: equipo vencedor 3 puntos e perdedor 0 puntos.
- Resultado de 3 – 2: equipo vencedor 2 puntos e perdedor 1 punto.
Con este sistema de puntuación na clasificación, en caso de empate a puntos valórase como primeira opción o número de vitorias.
Ascensos e Descensos
editarFinalizada a liga regular, os equipos clasificados nos postos 2º e 3º xogan un play-off final para determinar o 2º posto.
Ascenden directamente á Superliga o equipo clasificado en primeiro lugar da Liga Regular e o gañador do play-off.
Os equipos que ocupan as posicións 11 e 12 na Liga regular descenden á Liga FEV. No caso de que haxa 11 ou menos equipos participantes, unicamente descenderá o último clasificado.