Club Voleibol Emeve
O Club Voleibol Emeve (EMEVE son as siglas en castelán de: El Mejor Equipo de Voleibol de España)[1] é un equipo de voleibol da cidade de Lugo. Conta con equipos en tódalas categorías e os seus dous equipos sénior compite na máxima categoría de voleibol do país, o masculino na Superliga masculina e o feminino na Superliga feminina. Xoga os seus partidos como local no Pavillón Municipal de Deportes de Lugo.
Club Voleibol Emeve | |
---|---|
![]() | |
Tipo | club deportivo |
Deporte | voleibol |
Data de fundación | 1983 |
Sede | Lugo |
País | Galicia |
Na rede | |
http://cvemeve.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarO equipo foi fundado pola familia Bouza no principios dos anos 1980 na cidade de Lugo co nome de EMEVE (El Mejor Equipo de Voleibol de España). Nos inicios o club lucense era un equipo feminino. O voleibol masculino dependía do Estudiantes, un equipo de baloncesto.[2] O equipo ascendeu a Primeira División na temporada 1985/86.
O 3 de maio de 2009 o autobús do equipo de voleibol xuvenil feminino que viña de quedar subcampión de España nas Canarias sufriu un accidente na estrada SC-21 da rotonda de acceso á A-54 á saída do aeroporto da Lavacolla.[3] No accidente morreron tres xogadoras.[4][5]
En febreiro de 2014 presentáronse ás eleccións da sociedade as irmás Bibí e Coté Bouza en candidaturas enfrontadas. Bilí saíu elixida presidenta e a súa irmá Coté fundou o Volei Praia Lugo. Ata 2016 as irmáns mantiveron un litixio no Xulgado Mercantil da Coruña polo nome e marcas do club. Chegouse a un acordo antes do xuízo para compartir o seu uso.
Competicións
editarCompeticións nacionais
editar- Superliga Masculina 2
- Superliga Feminina 2
Competicións autonómicas
editar- 2ª División Autonómica Sénior Segunda División Sénior Feminina
- 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Masculina
- 1ª División Autonómica Xuvenil Primeira División Xuvenil Feminina
- 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Masculina
- 1ª División Autonómica Cadete Primeira División Cadete Feminina
- 3ª División Autonómica Cadete Terceira División Cadete Feminina
- 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Masculina
- 1ª División Autonómica Infantil Primeira División Infantil Feminina
- 2ª División Autonómica Infantil Segunda División Infantil Feminina
Recoñecementos
editar- Mellor club de base do voleibol español, Real Federación Española de Voleibol (RFEVB), en 2009[6]
- Campión da 7 Copa da Princesa de Voleibol, Miranda de Ebro en 2014
Notas
editar- ↑ "Acaba la polémica en la familia Bouza por el nombre del club Emeve", La Voz de Galicia, 17 de febreiro de 2016 (en castelán).
- ↑ Aquel sueño llamado Emevé elprogreso.es
- ↑ "Tragedia en la vuelta a casa de un equipo juvenil de voleibol", El País, 4 de maio de 2009 (en castelán)
- ↑ "Las supervivientes del accidente del Emevé insisten en que el bus iba excesivamente rápido", El Progreso, 20 de febreiro de 2013 (en castelán).
- ↑ "Una jugadora de 15 años ingresada en la UCI, tercera víctima mortal del accidente de Lavacolla", Faro de Vigo, 14 de maio de 2009 (en castelán).
- ↑ "El Emevé, mejor club de base del voleibol español", El Progreso, 10 de xuño de 2009 (en castelán)
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar Este artigo sobre deporte é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |