Stefan Momirov (en serbio: Стефан Момиров), nado o 18 de decembro de 1999 en Vršac, é un xogador serbio de baloncesto profesional internacional. Formado nas categorías inferiores do Crvena zvezda (Estrela Vermella) de Belgrado, actualmente xoga para o Río Breogán da Liga ACB.[1] Cunha altura de 1,98 m, xoga na posición de ala.[2]

Stefan Momirov
Río Breogán  – No. 9
Información persoal
Nacemento 18 de decembro de 1999 (24 anos)
Serbia e Montenegro Vršac, Iugoslavia
Nacionalidade Serbia Serbia
Altura 1,98 m (6 ft 6 in)
Peso oficial 87 kg (192 lb)
Posición Ala
Liga ACB / Champions League
Información da carreira
Canteira Crvena zvezda
NBA Draft 2021 / Rolda: Non drafteado
Internacional Categorías inferiores
Carreira 2017−presente
Historial de equipos
KK FMP (2017–2020)
KK Vršac (2018)
KK Mega Basket (2020–2021)
Kolossos Rodou (2021–2022)
Río Breogán (2022− )

Traxectoria editar

Nado en Vršac, Serbia, Momirov formouse nas categorías inferiores dun dos clubs máis prestixiosos do país, o KK Crvena zvezda de Belgrado. Momirov é fillo de dous exxogadores de baloncesto, Snežana Pavlović e Jovan Momirov. A súa nai foi internacional coa selección iugoslava e xogou para o Radnički Kragujevac, Hemofarm Vršac e o MiZo-Pécsi VSK. Por outra banda, o seu pai xogou para o KK Vršac e o Profikolor.

A comezos da temporada 2017−18 foi cedido ao KK FMP Beograd, onde debutou na ABA Liga. Asina entón un contrato multianual e no que remataba de temporada foi cedido ao equipo da súa localidade natal, o KK Vršac. No ano da pandemia de COVID-19, Momirov finalizou o seu contrato co FMP e uniuse aos adestramentos do KK Partizan. En agosto de 2020 asinou un novo contrato cun equipo serbio, esta vez ao Mega Mozzart. En xullo de 2021 asinou co Kolossos Rodou da A1 Ethniki grega. Na liga grega fixo unha media de 6,6 puntos e 3,6 rebotes en 27 minutos por encontro. Após finalizar a temporada, o 15 de xuño de 2022 asinou co Río Breogán da Liga ACB.[1]

Clubs editar

Ao longo da súa carreira, Momirov ten xogado para os seguintes equipos profesionais:[2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "Stefan Momirov, novo xogador do Río Breogán". CB Breogán. 15 de xuño de 2022. Consultado o 15 de xuño de 2022. 
  2. 2,0 2,1 "Stefan Momirov, Basketball Player". Proballers (en inglés). Consultado o 15 de xuño de 2022. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar