Vršac (en serbio cirílico: Вршац, húngaro: Versec, Versecz, alemán: Werschetz, romanés: Vârşeţ, turco: Virsac) é unha localidade e municipio situados na Provincia Autónoma de Voivodina, en Serbia. En 2002 a súa poboación era de 40.000 habitantes, sendo de 54.369 a do municipio.[1] Vršac atópase na rexión histórica do Banato, no distrito de Banat do Sur.

Modelo:Xeografía políticaVršac
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor em Wikidata Mapa
 45°07′14″N 21°17′55″L / 45.1206, 21.2986Coordenadas: 45°07′14″N 21°17′55″L / 45.1206, 21.2986
EstadoSerbia
Autonomous province of Serbia (en) TraducirVoivodina
Distritos da Sérvia (pt) TraducirBanato Sur
Município da Sérvia (pt) TraducirVršac municipality (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación35.701 (2011) Editar o valor em Wikidata (179,85 hab./km²)
Xeografía
Superficie198,5 km² Editar o valor em Wikidata
Altitude101 m Editar o valor em Wikidata
Identificador descritivo
Código postal26300 Editar o valor em Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico13 Editar o valor em Wikidata
Outro
Irmandado con
Reșița (pt) Traducir
Kriva Palanka (en) Traducir
Novo Mesto
Banská Bystrica (2004–)
Lugoj (pt) Traducir (2005–) Editar o valor em Wikidata

Sitio webvrsac.org.rs Editar o valor em Wikidata

Etimoloxía editar

 
Panorámica.

O nome de Vršac é de orixe serbia; derívase da palabra eslava Vrh, que significa "cumio".[2] En Serbia, a cidade é coñecida como Вршац ou Vršac, en romanés como Vârşeţ, en húngaro, como Versec, en alemán como Werschetz, e en turco como Virsac.

Historia editar

 
Vršac, nun selo de correos iugoslavo de 1981.
 
Catedral de San Xerardo, Bispo e Mártir da Igrexa católica.

Desde a antigüidade, a zona sobre a que se asenta Vršac foi poboada por celtas, dacios, romanos e sármatas, para ser habitada sobre o século VII polos eslavos e un século máis tarde os húngaros.

O primeiro documento escrito sobre Vr?ac remóntase a principios do século XIV. Desde esa época, sobre a cidade gobernaron indistintamente reis serbios e húngaros. Aínda que se mantivo baixo o Reino de Hungría, chegou a ser conquistada polos turcos, que foron expulsados en 1716.[3] Porén, a composición étnica da cidade variou substancialmente, coa chegada masiva de serbios que fuxían da represión turca no sur. Tras o colapso otomán, e como parte do Banato (dende 1849 Voivodato de Serbia e Banato de Timişoara), mantívose baixo o Imperio Austrohúngaro até a primeira guerra mundial (1914-1918), en que quedou integrada no Reino de Iugoslavia dentro do Banato serbio. Ao final da segunda guerra mundial produciuse un éxodo da poboación alemá, tras a derrota da Alemaña nazi e a chegada do comunismo. Xa como parte da provincia serbia de Voivodina mantívose até os nosos días.

Economía editar

Vršac ten unha industria bastante desenvolvida en comparación coa media do país. Está dedicada principalmente a produtos farmacéuticos, alimentarios e téxtiles. A compañía farmacéutica máis importante de Serbia, o Grupo Hemofarm, está establecida na cidade.[4]

Vršac, situada na fértil Chaira Panónica é tamén considerado un dos centros agrícolas máis importantes da rexión de Banat do Sur, que é tamén a parte sur da provincia de Voivodina, situada nunha zona dunhas 54.000 ha de terra cultivable e moi fértil. Existe unha importante porcentaxe de poboación dedicado a actividades relacionadas coa agricultura.

Demografía editar

Segundo o censo de 2002, o último realizado en Serbia, os 54.369 habitantes de Vršac estaban etnicamente repartidos así:

Patrimonio editar

 
A torre de Vršac, que domina a cidade desde o alto dun outeiro.
 
O Millennium Center, palacio de deportes da cidade.
 
Mosteiro de Mesiš, do século XV.
  • Torre de Vršac: é o símbolo da cidade. A Vršačka kula data do século XV. É o último vestixio dunha antiga fortaleza medieval.
  • Mosteiros: existen dous mosteiros ortodoxos no municipio, o Mosteiro de Mesić, do século XV, e o Mosteiro de Središche, que é unha construción máis moderna.
  • Adegas: o municipio de Vršac é unha fértil rexión vinícola, onde se producen os viños Tinto Vržole e Branco Vržole, grazas aos cales se desenvolveu un incipiente turismo vinícola.[5]

Transportes editar

Vržac, situada a 84 km de Belgrado, é lugar de paso da Ruta europea E70, que une a capital serbia con Timisoara e o sur de Romanía (a fronteira atópase a só 12 km), e tamén da liña de ferrocarril que une estas dúas cidades.

A cidade tamén é sede do Aeroporto Internacional de Vršac]], un do catro aeródromos internacionais do país, e que tamén é sede da Academia de voo Jat Airways, un dos máis recoñecidos centros de formación de pilotos de Europa.[6] A compañía de bandeira nacional, Jat Airways, opera desde Vršac voos a 28 cidades de toda Europa.

Deportes editar

Artigo principal: KK Hemofarm.
Véxase tamén: Millennium Center.

A cidade de Vršac é sede dun dos equipos de baloncesto punteiros da liga serbia, a Naša Sinalko Liga, e da Liga do Adriático o KK Hemofarm, que xoga os seus encontros como local no Millennium Center, inaugurado en 2002 e que tamén foi unha das sedes do Eurobasket 2005. Tamén albergará encontros do Campionato Europeo de Balonmán Masculino de 2012, a celebrar en Serbia.

Cidades irmandadas editar

Notas editar

  1. Statistics of Population[Ligazón morta]
  2. Istorija[Ligazón morta]
  3. "History". Arquivado dende o orixinal o 23 de novembro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  4. "Hemofarm in Serbia". Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2009. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  5. "Wine Tourism". Arquivado dende o orixinal o 07 de marzo de 2016. Consultado o 28 de abril de 2010. 
  6. JAT, ofertas e promocións[Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar