Somateria fischeri

Somateria fischeri, coñecido na bibliografía internacional como eider de anteollos,[2][3] é unha especie de ave da orde dos anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos (os patos mergulladores), que cría no noroeste de América do Norte (Alasca) e o nordés de Asia (Siberia), que presenta un acusado dimorfismo sexual, característico do seu xénero.

Somateria fischeri
Eider de anteollos

Parella de Somateria fischeri
O macho, diante; a femia, detrás.
Estado de conservación
Case ameazada (NT)
Case ameazada[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Somateria
Especie: S. fischeri
Nome binomial
Somateria fischeri
(Brandt, 1847)
En laranxa: Área reprodutora En azul: Árean non reprodutora
En laranxa: Área reprodutora
En azul: Árean non reprodutora

En laranxa: Área reprodutora
En azul: Árean non reprodutora
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1847 polo naturalista alemán, especializado en botánica e zooloxía, que traballou no Reino de Prusia e no Imperio Ruso,[4][5] co nome Lampronetta fischeri.[4]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Somateria.

O epíteto específico, fischeri, foi unha homenaxe de Brandt ao anatomista, entomólogo e paleontólogo alemán, nacionalizado ruso, Johann Fischer von Waldheim.

Sinónimos editar

Ademais de polo seu nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[4]

  • Fuligula fischeri Brandt, 1847
  • Lampronetta fischeri Brandt, 1847 (protónimo)

Características editar

Son aves acuáticas de gran tamaño, miden entre 52 e 57 cm de lonxitude. Os machos pesan entre os 1 500 e os 1 850 g, as femias poden pesar desde 1 400 até 1 850 g.[6] A súa envergadura alar oscila entre os 80 e os 95 cm.4​ A especie é lixeiramente máis pequena que o eider común (Somateria mollissima).[7]

O macho é inconfundíbel polo seu corpo coas parten inferiores negras, co dorso branco e a cabeza amarela-verdosa con dúas grandes manchas oculares brancas (os anteollos). As plumas do pescozo son un pouco máis longas que o resto, dando a impresión de que teñen un colo groso. O pico é laranxa, as fosas nasais están cubertas por unha viseira de cor verde clara co bordo branco. As patas son de cor gris clara, coas aletas de cor amarelada. O iris é de cor marrón avermellada. As femias son sobre todo de cor marrón, pero pódese distinguir doutros patos polo seu tamaño e forma. Son diferentes doutros eideres polos anteollos moi visíbeis.

Distribución editar

Como outras aves do Ártico Somateria fischeri ten unha área de distribución claramente definida. A súa área de nidificación encóntrase entre as desembocaduras dos ríos Kolyma e Indigirka de Siberia e a ambos os lados do delta do río Yukon en Alasca.

Na costa norte de Siberia distribúese desde o estreito de Bering até a desembocadura do río Lena. Na costa de Alasca a súa área de distribución inclúe a zona costeira entre punta Barrow e a baía de Bristol. Adéntranse até 120 km no interior.

Actualmente, os eideres de anteollos encóntranse ao longo das costas de Alasca e nas máis orientais de Rusia e no mar de Bering. Hai dúas poboacións reprodutoras en Alasca e unha en Rusia. Historicamente houbo máis individuos reprodutores en Alasca, pero máis recentemente a poboación rusa é moito maior.[8] Actualmente a poboación nos Estados Unidos estímase entre as 3 000 e as 4 000 parellas nidificantes.[9]

Somateria fischeri muda no mar, a unha distancia de 2 a 45 km da costa e ao norte dos 63° N. Dado que raramente se ven fóra dos seus lugares de cría, os seus lugares de invernada no mar de Bering non foron coñecidos até hai pouco,[9] coa axuda da telemetría por satélite en 1995.[10]

Bioloxía editar

Nutrición editar

Somateria fischeri, como os outro patos mergulladores, busca a comida na auga nadando e mergullándosea. Crese que pode permanecer mergullado máis tempo que a maioría dos patos mergulladores, e aliméntase principalmente de crustáceos e moluscos capturados por mergullo mentres está no mar, e de insectos acuáticos, crustáceos e materia vexetal durante a época de cría.[11]

Reprodución editar

Somateria fischeri só ten un período moi curto para a reprodución despois do desxeo. Adoitan construír os seus niños cerca dun pequeno corpo de auga que serve xeralmente da súa única fonte de alimento. No niño —que se constrúe directamente sobre o solo da tundra— as femias poñen de 5 a 9 ovos. Os ovos eclosionan despois de 24 días. Os pitos son capaces de voar despois duns 50 días. Os machos tenden a deixar o niño no momento da desova e migran cara ao mar de Bering.[11]

Os niños son ás veces atacados por raposos árticos, visóns, papamerdas ou gaivotas. Cando isto sucede a femia pode realizar unha posta de substitución.[11][12]

Ameazas editar

Existen múltiples factores que ameazan as poboacións desta especie no futuro, incluíndo o cambio climático e a perda de hábitat. Historicamente, a súa área de distribución era moito máis grande que a costa de Alasca e Rusia. Tamén adoitaba estenderse desde a península de Nushagak até Barrow e case todo o camiño até a fronteira canadense. Dado que os eideres de anteollos viven en zonas frías que non son facilmente accesíbeis para os humanos, a súa principal perda de hábitat foi o resultado do cambio climático. Unha ameaza futura para o seu hábitat é o posible desenvolvemento de perforacións de petróleo e gas natural preto do lago Teshekpuk, que se considera como unha importante área de aves a nivel mundial.[9]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando quen hai descensos rápidos da poboacións nalgúns lugares, e que hai unha serie de ameazas que poderían afectar a poboación no seu conxunto, suxiren que a especie está a diminuír en xeral a un ritmo que é polo menos moderadamente rápido. Así, o status da especie é culificada como LC (case ameazada), pero futuras enquisas poderían mostrar que a especie está a diminuír a un ritmo aínda maior.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International 2020: Somateria mollissima na Lista vermella da UICN. Version 2022-1. Consultada o 18 de febreiro de 2022.
  2. En inglés: Spectacled eider.
  3. En castelán: Eider de anteojos.
  4. 4,0 4,1 4,2 Somateria fischeri (Brandt, 1847) no GBIF. Consultado o 18 de febreiro de 2022.
  5. Somateria fischeri (J. F. Brandt, 1847) na BioLib. Consultada o 18 de febreiro de 2022.
  6. John Gooders & Trevor Boyer (1997): Ducks of Britain and the Northern Hemisphere. London: Collins & Brown. ISBN 978-1-8558-5570-0.
  7. Hume, R. (2006): Aves de España y de Europa. Barcelona: Ediciones Omega. ISBN 84-2821-438-7.
  8. Spectacled Eider Somateria fischeri en birdsoftheworld.org.
  9. 9,0 9,1 9,2 Spectacled Eider en endangered.org.
  10. Petersen, M. R. (1996): "Satellite telemetry solves eider mystery". Endangered Species Bulletin 21 (5): 7.
  11. 11,0 11,1 11,2 [https://www.audubon.org/field-guide/bird/spectacled-eider Spectacled Eider Somateria fischeri] en audubon.org.
  12. ​Eider à lunettes Somateria fischeri en oiseaux.net.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amundson, C. L., P. L. Flint, R. A. Stehn, R. M. Platte, H. M. Wilson, W. W. Larned & J. B. Fischer. (2019): "Spatio-temporal population change of Arctic-breeding waterbirds on the Arctic Coastal Plain of Alaska". Avian Conservation & Ecology 14 (1): 18.
  • Carboneras, C. & Kirwan, G. M. (2017): "Spectacled Eider (Somateria fischeri). En: del Hoyo, J., Elliott, A., Sargatal, J., Christie, D. A. & de Juana, E. (eds.) Handbook of the Birds of the World Alive. Barcelona: Lynx Edicions.
  • Lewis, T. L.; Swaim, M. A.; Schmutz, J. A. & Fischer, J. B. (2019): "Improving population estimates of threatened spectacled eiders: correcting aerial counts for visibility bias". Endangered Species Research 39: 191-206.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar