Península de Nushagak

A península de Nushagak é unha península de 56 km de longo por 24 km de largo, e unha superficie de 210 000 ha, no Estado de Alasca.

Modelo:Xeografía físicaPenínsula de Nushagak
Tipopenínsula Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaAlasca, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Mapa
 58°33′09″N 158°58′34″O / 58.5525, -158.976
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Illa fronte á costa da península de Nushagak

Está situada ao oeste da península de Alasca.[1]

Cunha grande área de lagos, lagoas e lagos de marea, a península contén o maior complexo de zonas húmidas do "Refuxio Nacional de Vida Silvestre de Togiak".[2]

Destaca pola súa gran poboación de gaivotas e pola presenza, cada vez menor, do pato Somateria fischeri.

Non hai presenza humana.[3]

A península separa as baías de Bristol e de Nushagak.

O nome da península foille dado a causa da baía homónima en 1910, polo U.S. Coast and Geodetic Survey.

Xeografía

editar

As terras baixas da baía de Nushagak-Bristol comezan ao nivel do mar e elévanse até 170 m nas proximidades do Refuxio Nacional de Vida Silvestre de Togiak.[2]

O desenvolvemento potencial da extracción de petróleo foi descrito en 1980.[4]

A península, densamente poboada de gaivotas, é un lugar de anidación de Antigone canadensis, e observouse polo menos un niño de Haliaeetus leucocephalus (aguia calva). Outras especies de avifauna observadas son o ollodourado, o asubiador americano, a Melanitta americana, o ollodourado de touca, o eider común, o eider de anteollos e moitas outras aves. O oso pardo e os alces frecuentan a zona. Osservouse un parto de beluga próximo á península.[2] A península levaba máis de 100 anos carente de caribú até a súa reintrodución en 1988; comezando con 146 espécimes en 1988, o rabaño foi de 1 000 en 1993, preto de 1 400 en 1997-98 e diminuíu a 500-550 en 2007.

  1. Roderick, Jack (1997): Crude Dreams: A Personal History of Oil & Politics in Alaska. Epicenter Press. ISBN 978-0-9453-9760-1, p.87.
  2. 2,0 2,1 2,2 U.S. Fish and Wildlife Service. Region 7 (1986). Togiak National Wildlife Refuge: Final Comprehensive Conservation Plan, Wilderness Review, and Environmental Impact Statement. U.S. Fish and Wildlife Service, Region 7. pp. 43.
  3. Report of Investigations. U.S. Department of the Interior, Bureau of Mines. 1963. p. 23.
  4. United States. Dept. of the Interior (1980). Report for Alaska land withdrawals: section 204(c) of FLPMA (P.L. 94-579). The Dept. p. 9.