Baía de Nushagak
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Nushagak.
A baía de Nushagak (en inglés: Nushagak Bay) é unha pequena baía localizada na parte norte da gran baía de Bristol, en Alasca (Estados Unidos).[1]
Tipo | baía | |||
---|---|---|---|---|
Localización | ||||
División administrativa | Alasca, Estados Unidos de América | |||
| ||||
Afluentes | ||||
É un grande estuario que abarca máis de 100 km2 na parte suroeste do estado de Alasca.
Ábrese á baía de Bristol, unha gran masa de auga no leste do mar de Bering ao norte da península de Alasca.
A baía discorre principalmente de norte a sur desde a desembocadura do río Nushagak até a baía de Bristol a uns 48 km cara ao sur.
Nela desembocan os ríos Nushagak, Wood e Snake.
Forma parte da rede hemisférica de reservas para aves como sitio de categoría rexional.[1]
Nas súas proximidades sitúase a cidade máis grande da rexión, Dillingham (2 466 habitantes en 2000), famosa pola pesca do salmón.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Baía de Nushagak |