Merxinos
Merxinos Merginae | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Mergus serrator | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
Xéneros | |||||||||||||
|
Os merxinos (Merginae) son unha subfamilia de aves anseriformes da familia dos anátidos. Porén, algúns autores considéranos como unha tribo, a dos Mergini, dentro da subfamilia dos anatinos (Anatinae).[1]
A maioría das especies, pero non todas, son esencialmente mariñas, fóra da estación reprodutora. Moitas especies desenvolveron glándulas do sal, especializadas para permitirlles tolerar o consumo de auga salgada, como na orde dos procelariformes, pero estas non están desenvolvidas en aves inmaturas. Algunhas prefiren os hábitats de ribeira.
O grupo está formado por patos coñecidos como patos mergulladores ou patos mariños. (Tamén son patos mergulladores os membros da subfamilia dos aitiínos).
Descrición
editarSon un grupo moi pouco homoxéneo, tanto en aspecto como en comportamento.
Moitos son voluminosos e de constitución pesada, e remontan o voo despois dunha laboriosa carreira. Porén, outras especies son moito máis pequenas e áxiles.
Todas as especies presentan dimorfismo sexual, tendo os machos cores negras ou contrastadas en branco e negro, o cores iridescentes.
Hábitat e distribución
editarA maioría das especies son esencialmente mariñas, agás na época de cría, pero algunhas prefiren os hábitats de das ribeiras dos ríos ou lagos.
Excepto dúas especies, o resto viven en latitudes setentrionais.
Alimentación
editarUn grupo de especies da subfamilia (os mergos) son piscívoros e teñen un bico estreito e serrado, perfectamente adaptado para a captura dos peixes.
Outros comen moluscos e crustáceos que apañan no fondo do mar, e dispoñen, algúns deles, como os éideres, de fortes e anchos bicos que lles permiten, por exemplo, arrincar os mexillóns das rochas.
Taxonomía
editarEstudos xenéticos realizados nos últimos anos propiciaron a consideración deste grupo como unha tribo (Mergini) dos anátidos.[2][3]
A clasificación do Congreso Ornitolóxico Internacional (versión 2.7, 2011) contempla 9 xéneros con 20 especies vivas:
- Xénero Polysticta
- Polysticta stelleri - eider de Steller
- Xénero Somateria
- Somateria mollissima - eider común
- Somateria fischeri - eider de anteollos
- Somateria spectabilis - eider real
- Xénero Histrionicus
- Histrionicus histrionicus - pato arlequín
- Xénero Camptorhynchus (†)
- Camptorhynchus labradorius - extinto
- Xénero Melanitta
- Xénero Clangula
- Xénero Bucephala
- Xénero Mergellus
- Xénero Lophodytes
- Xénero Mergus – mergos
Notas
editar- ↑ Peterson, A. P.: Zoonomen. Zoological Nomenclature - Anseriformes.
- ↑ Cladograma dos anseriformes baseada nos traballos de Burgarella et al, (2010)
- ↑ J. Gonzalez, H. Düttmann, M. Wink (2009): "Phylogenetic relationships based on two mitochondrial genes and hybridization patterns in Anatidae" (resumo)
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Hoyo, Josep del; Andrew Elliot e Jordi Sargatal (eds.) (1992): Handbook of the birds of the world - Volume 1, Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 84-8733-410-5.
- Kear, Janet (2005): Ducks, Geese and Swans. Oxford University Press. ISBN 0-19-854645-9.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Sea Ducks (tribo Mergini) en SeaDucks.org (en inglés)