Melanitta deglandi

Melanitta deglandi é unha especie de pato mergullador mariño da orde das anseriformes, familia dos anátidos, e subfamilia dos merxinos, unha das seis integradas no xénero Melanitta.

Melanita deglandi

Macho adulto

Femia adulta
Femia adulta

Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Subfamilia: Merginae
Xénero: Melanitta
Especie: M. deglandi
Nome binomial
Melanitta deglandi
(Bonaparte, 1850)
En laranxa: Área de reprodución. En amarelo: Ruta de migración. En azul: Área de invernada.
En laranxa: Área de reprodución.
En amarelo: Ruta de migración.
En azul: Área de invernada.

En laranxa: Área de reprodución.
En amarelo: Ruta de migración.
En azul: Área de invernada.
Sinonimia
Véxase o texto

Taxonomía editar

Descrición editar

A especie foi descrita en 1850 polo naturalista, político e ornitólogo francés Charles Lucien Bonaparte.[2][3]

Etimoloxías editar

Para a do xénero, ver Melanitta.

O epíteto específico, deglandi, é unha homenaxe de Bonaparte ao médico e zoólogo francés Côme-Damien Degland.[4]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[3]

  • Melanitta deglandi deglandi Bonaparte, 1850 (protónimo)
  • Melanitta fusca deglandi (Bonaparte, 1850)

Nota taxonómica editar

Anteriormente considerábase conespecífica con Melanitta fusca. Esta especie e Melanitta perspicillata conformaban o subxénero Melanitta, en oposición ao subxénero Oidemia, formado por Melanitta americana e Melanitta nigra.

Distribución editar

Melanitta deglandi cría no extremo nororiental de Asia, ao leste da conca do río Ienisei, e en Norteamérica. É un pato migratorio que tras a época de cría viaxa cara ao sur até rexións temperadas, os Grandes Lagos, as costas do norte dos Estados Unidos e o sur do Canadá, e en Asia chega até o sur da China.

Características editar

Melanitta deglandi é a maior das tres especies de Melanitta de América do Norte. Caracterízase pola súa forma avultada e o seu gran pico. As femias pesan entre 950 e 1 950 g e miden entre 48 e 56 cm de lonxitude, son de cor parda con manchas pálidas na cabeza. Os machos pesan entre 1 360 e 2 128 g e miden entre 53 e 60 cm de longo, son completamente negros, excepto por un sector branco en torno aos ollos e espelliños brancos nas ás. A base do pico desta especie é negra e está avultada.

Ameazas editar

A caza supón unha ameaza importante para a especie, da que se abatiron, segundo estimaciós, de 6 000 a 14 000 individuos no período de 10 anos (de 2004 a 2014) nos Estados Unidos e o Canadá, pero cunha tendencia á baixa.[5] Unha estimación recente suxire que a caza deMelanitta deglandi pode ser un 29-37 % superior á taxa máxima sostíbe.[6]

A especie aliméntase a profundidades de 30 a 40 m e, polo tanto, é moi susceptíbel á captura incidental nas redes de pesca, como documentaron Good et al.[7] As poboacións de muda e invernada tamén son vulnerábeis aos verteduras de petróleo xa que adoitan ocorrer en altas densidades nas proximidades das rutas de transporte de petróleo. Unha vertedura catastrófica podería afectar a unha gran proporción da poboación. A contaminación por petróleo tamén pode causar a interrupción a longo prazo do abastecemento de alimentos, o que pode ter efectos máis graves sobre as poboacións a longo prazo que a mortalidade directa por petróleo.[8] documentaron probas dun efecto negativo a longo prazo como resultado do accidente do Exxon Valdez de 1989. A perturbación e a degradación do hábitat causada polo aumento dos niveis de exploración de petróleo e gas natural no Ártico probabelmente terá só impactos menores ou insignificantes nesta especie.[9][10]

Nalgúns lugares do noroeste do Pacífico, os patos mariños poderían estar expostos a niveis toxicoloxicamente significativos de cadmio asociados aos mexillóns que se alimentan de estruturas acuícolas, o que aumenta a posibilidade de que esa exposición estea a contribuír ao descenso da poboación observado.[11] O cambio climático é unha ameaza adicional, xa que a teledetección mostra a diminución da do tamaño dos estanques no subártico de Alasca,[12] sendo estas zonas húmidas un importante lugar de cría para a especie na actualidade. En xeral, prevese que o cambio climático provocará cambios dramáticos do hábitat na rexión ártica.[13] A diminución da duración da cuberta de neve primaveral nas rexións boreais estivo relacionada co descenso da poboación de patos, probabelmente debido ao desaxuste trófico, que se prevé que cause un descenso da poboación do 31,0 % entre 1980 e 2080.[14]A acidificación dos océanos pode provocar descensos dos moluscos que forman unha gran parte da dieta de Melanitta deglandi.[15][16]

Estado de conservación editar

A Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais, considerando que esta especie ten unha área de distribución moi grande e, polo tanto, non se aproxima aos limiares de vulnerábel baixo o criterio de tamaño da área de distribución e, a pesar de que a tendencia da poboación parece estar en diminución, non se cre que o descenso sexa o suficientemente rápido como para achegarse aos limiares de vulnerábel segundo o criterio de tendencia da poboación, e de que non se cuantificou o tamaño da poboación, pero non se cre que se achegue aos limiares de vulnerábe baixo o criterio do tamaño da poboación, cualifica o status da especie como LC (pouco preocupante).[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2018): Melanita deglandi na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 19 de novembro de 2022.
  2. Melanitta deglandi (Bonaparte, 1850) no GBIF. Consultado o 19 de novembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Melanitta deglandi (Bonaparte, 1850) na BioLib. Consultada o 19 de novembro de 2022.
  4. Jobling, James A (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4, pp. 132, 246.
  5. Canadian Wildlife Service Waterfowl Committee (2015): ""Population Status of Migratory Game Birds in Canada". CWS Migratory Birds Regulatory Report.
  6. Koneff, M. D. et al. (2017): "Evaluation of harvest and information needs for North American sea ducks". PloSone 12 (4): e0175411.
  7. Good, T. P. et al. (2009): "Ghosts of the Salish Sea: threats to marine birds in Puget Sound and the Northwest Straits from derelict fishing gear". Marine Ornithology 37 (1): 67-76.
  8. Lance, B. K. et al, (2001): "An Evaluation of Marine Bird Population Trends Following the Exxon Valdez Oil Spill, Prince William Sound, Alaska". Marine Pollution Bulletin 42 (4): 298-309.
  9. Poland, J. S., Riddle, M. J., & Zeeb, B. A. (2003): "Contaminants in the Arctic and the Antarctic: a comparison of sources, impacts, and remediation options". Polar Records 39 (4): 369-383.
  10. Henderson, Jemes & Julia Loe (2014): The Prospects and Challenges for Arctic Oil Development. Oxford: Oxford Institute for Energy Studies. ISBN 978-1-7846-7015-3.
  11. Bendell, L. I. (2011): "Sea ducks and aquaculture: the cadmium connection". Ecotoxicology 20 (2): 474-478.
  12. Riordan, B., Verbyla, D., & McGuire, A. D. (2006): "Shrinking ponds in subarctic Alaska based on 1950–2002 remotely sensed images". Journal of Geophysical Research: Biogeosciences 111.
  13. Fox, A. D. et al. (2015): "Current and Potential Threats to Nordic Duck Populations — A Horizon Scanning Exercise". Annales Zoologici Fennici 52 (4): 193-220.
  14. Drever, M. C.et al. (2011): "Population vulnerability to climate change linked to timing of breeding in boreal ducks". Global Change biology 18 (2): 480-492.
  15. Steinacher, M. et al. (2009): "Imminent ocean acidification in the Arctic projected with the NCAR global coupled carbon cycle-climate model". Biogeosciences 6: 515-533.
  16. del Hoyo, Elliot & Sargatal 1992.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • del Hoyo, Josep; Elliott, Andrew; Sargatal, Jordi (1992): Handbook of the Birds of the World. Volume 1 Ostrich to Ducks. Barcelona: Lynx Edicions. ISBN 978-84-8733-410-8.
  • Godfrey, W. Earl (1986): Birds of Canada. Toronto: University of Toronto Press. ISBN 978-0-6601-0758-5.
  • Sibley, David Allen (2000): The Sibley Guide to Birds. New York: Alfred A. Knopf. ISBN 978-0-6794-5122-8.

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar