Bucephala
Ollodourados | |||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
![]() Bucephala clangula | |||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||
| |||||||||||||||
Especies | |||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||
Glaucionetta |
Bucephala é un xénero de patos mergulladores que viven no hemisferio Norte, que reciben o nome de ollodourados. O nome do xénero deriva da palabra do grego antigo boukephalos, 'cabeza de touro', de bous 'touro', e kephale, 'cabeza', en referencia á forma da súa cabeza e o inchamento das plumas do ollodourado de touca (B. albeola) que fai que a súa cabeza pareza máis grande.[1]
A taxonomía das especies deste xénero foi discutida e sometida a cambios. O ollodourado de touca (B. albeola) fora anterirmente tratado como o único membro do seu xénero (ás veces innecesariamente cambiado a Charitonetta), mentres que os outros ollodourados foran incorrectamente situados no xénero Clangula (como Clangula americana), que hoxe é o xénero de Clangula hyemalis, que daquela estaba situado no xénero Harelda.[2] Podería ser correcto aínda recoñecer dous xéneros, xa que B. albeola e os outros dous ollodourados son bastante diverxentes. Nese caso, Bucephala quedaría restrinxido só a B. albeola e o nome Glaucionetta (Stejneger, 1885) foi recuperado para os outros ollodourados.
EspeciesEditar
As tres especies vivas son:
Imaxe | Nome científico | Nome común | Distribución |
---|---|---|---|
Bucephala clangula | ollodourado | Canadá e norte dos Estados Unidos, Esandinavia, estados bálticos e norte de Rusia | |
Bucephala islandica | ollodourado islandés | noroeste de Norteamérica | |
Bucephala albeola | ollodourado de touca | norte de Norteamérica e sur dos estados Unidos. |
Estas tres especies foron rexistrdas en Galicia, B. clangula como invernante regular e as outras dúas como aves errrantes accidentais moi raras.
Os taxons fósiles coñecidos son:
- Bucephala cereti (Sajóvölgyi, Mioceno medio de Mátraszõlõs, Hungría - Plioceno tardío de Chilhac, Francia)
- Bucephala ossivalis (Mioceno tardío/Plioceno tenperán de Bone Valley, Estados Unidos), que é moi similar ao ollodourado (B. clangula) e pode mesmo ser unha paleosubespecie ou un devanceiro directo seu
- Bucephala fossilis (Plioceno tardío de California, Estados Unidos)
- Bucephala angustipes (Plistoceno temperán de Europa central)
- Bucephala sp. (Plistoceno temperán de Dursunlu, Turquía: Louchart et al. 1998)[3]
NotasEditar
Commons ten máis contidos multimedia sobre: Bucephala |
- ↑ Jobling, James A (2010). The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. London: Christopher Helm. p. 79. ISBN 978-1-4081-2501-4.
- ↑ Report of the National conference on utilization of forest products. New national museum, Washington, DC, November 19 and 20, 1924. Issue 13. US Govt. print. off. 1925.
- ↑ Louchart, Antoine; Mourer-Chauviré, Cécile; Guleç, Erksin; Howell, Francis Clark & White, Tim D. (1998). L'avifaune de Dursunlu, Turquie, Pléistocène inférieur: climat, environnement et biogéographie. C. R. Acad. Sci. Paris IIA 327(5):341-346. [en francés cunha versión abreviada en inglés] doi 10.1016/S1251-8050(98)80053-0 (resumo HTML)
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Ollodourado en Birdzilla