Mergus octosetaceus

Mergus octosetaceus é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, unhas das catro incluídas no xénero Mergus.

Taxonomía

editar

Descrición

editar

A especie foi descrita en 1817 polo ornitólogo francés Louis Jean Pierre Vieillot,[2][3] na páxina 222 da súa obra:

Vieillot, L. J. P. (1817): Nouveau Dictionnaire d’Histoire naturelle, appliquée aux arts, à l'agriculture, à l'économie rurale et domestique, à la médecine, etc. Par une société de naturalistes et d'agriculteurs. Avec des figures tirées des trois règnes de la nature. Tome 14. Déterville, París.

Non ten sinónimos nin subespecies.[2][3]

Características

editar

Ten a cabeza e o fino pescozo anegrados, presentando un logo copete nucal, o dorso é de cor parda escura, cun amplo espello alar branco, máis notábel en voo. O ventre é barreado de cor parda ocrácea. O pico é longo e fino, de cor negra. As patas son avernelladas.

Hábitat e distribución

editar

O seu hábitat de cría son os ríos pouco profundos, rápidos e fluídos do sur e o centro do Brasil e o leste de Paraguai. Na Arxentina está presente na provincia de Misiones soamente.

Bioloxía

editar

Aniñan nas cavidades dunha árbore e, posibelmente, nas cavidades de rochas. Comen peixes, principalmente anguías pequenas, larvas de insectos e caracois.

Monumento natural

editar

Mergus octosetaceus foi declarado monumento natural da provincia de Misiones na Arxentina pola ley nº 3320 sancionada o 22 de agosto de 1996.[4]

Estado de conservación

editar

Esta especie está en perigo de extinción crítico. As poboaciónes reducíronse debido á contaminación dos ríos, á destrución dos bosques e a extensión da agricultura. A poboación actual estímase en menos de 250 parellas.

Rexistros recentes no Brasil indican que o estado da especie pode ser lixeiramente mellor do que se pensaba. Porén, o resto da poboación coñecida aínda é extremadamente pequena e fragmentada, e é probáblel que a perturbación do hábitat, os encoros, e a contaminación dos ríos estean provocando un continuo descenso.[1]

Por estes motivos, a Unión Internacional para a Conservación da Natureza e dos Recursos Naturais catalogou o seu status como CR (en perigo crítico de extinción). Pero máis informacións sobre o tamaño da poboación (en particular se supera os 250 individuos maduros) e sobre a estrutura da subpoboación pode provocar a súa inclusión no futuro na categoría "en perigo de extinción".[1]

  1. 1,0 1,1 1,2 BirdLife International (2019): Mergus octosetaceus na Lista vermella da UICN. Consultada o 26 de novembro de 2022.
  2. 2,0 2,1 Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 no GBIF. Consultado o 26 de novembro de 2022.
  3. 3,0 3,1 Mergus octosetaceus Vieillot, 1817 na BioLib. Consultada o 26 de novembro de 2022.
  4. LEY XVI – Nº 44 (Antes Ley 3320) Arquivado 18 de febreiro de 2018 en Wayback Machine..

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar