Mergo pequeno

(Redirección desde «Mergellus albellus»)

O mergo pequeno,[2][3] Mergellus albellus, é unha especie de ave da orde das anseriformes, familia dos anátidos e subfamilia dos merxinos, a única incluída no xénero Mergellus.

Mergo pequeno
Mergellus albellus

Macho (arriba) e femia de mergo pequeno
Estado de conservación
Pouco preocupante (LC)
Pouco preocupante[1]
Clasificación científica
Reino: Animalia
Filo: Chordata
Subfilo: Vertebrata
Clase: Aves
Orde: Anseriformes
Familia: Anatidae
Xénero: Mergellus
Selby, 1840
Especie: M. albellus
Nome binomial
Mergellus albellus
(Linnaeus, 1758)
Distribución de M. albellus     Área de reprodución      Área non reprodutora      De paso
Distribución de M. albellus     Área de reprodución      Área non reprodutora      De paso

Distribución de M. albellus     Área de reprodución      Área non reprodutora      De paso
Sinonimia
Véxase o texto

Este xénero está estreitamente relacionado con Mergus e estivo e ás veces está incluído nel, aínda que podería estar máis emparentado cos patos do xénero Bucephala.[4] O mergo pequeno hibrida con Bucephala clangula.[5]

Un pato mariño fósil do Mioceno medio demostra que existían patos similares ao mergo pequeno hai uns 13 millóns de anos. A especie existente data do Plistoceno tardío.

Taxonomía editar

Descrición editar

Xénero editar

O xénero foi descrito en 1840 polo ornitólogo, botánico e ilustrador inglés Prideaux John Selby.[6][7]

Especie editar

A especie fora descrita en 1758 por Linneo na páxina 129 do volume I da 12ª edición do seu Systema Naturae, co nome de Anas albellus.[6]

Etimoloxías editar

O nome científico Mergellus é un diminutivo de Mergus, derivado do latín mergere, "mergullarse".[8]

O epíteto específico, albellus, é o nominativo masculino singular do adexctivo latino albellus, -a, -um, diminitivo de albus, "branco".[9] (correspondente co galego albelo.[10]

Sinónimos editar

Ademais de polo nome actualmente válido, a especie coñeceuse tamén polos sinónimos:[6]

  • Mergullus albellus (Linnaeus, 1758)
  • Mergus albellus Aerc Tac, 2003
  • Mergus albellus Linnaeus, 1758 (protónimo)
  • Mergus albellus subsp. albellus Cramp & Simmons, 1977-1994

Características editar

 
Femia de Mergellus albellus en primeiro plano.

É unha especie inconfundible co macho con aparencia de "panda" pola súa mancha negra na zona do ollo e aspecto de "xeo roto" polas finas liñas negras sobre fondo branco que parecen gretas no xeo, que mostra as cores branca e negra cando voa.[5]

As femias e ps machos inmaturos son cincentos con frontes e píleos castaños, e poden confundirse a distancia con Oxyura jamaicensis.[5]

Ten áreas ovais brancas na ás que se ven en voo. O bico do mergo pequeno ten un extremo ganchudo e beiras con dentes de serras, que lle axudan a capturar os peixes cando se mergulla para cazar. Mide de 38 a 44 cm de longo.[5]

Distribución e ecoloxía editar

 
Engalando

Reprodúcese na taiga do norte de Europa e Asia. Necesita árbores para reproducirse, establecendo neles o niño. Vive en lagos con moitos peixes e en ríos de augas lentas.

Como é migrante, abandona as áreas reprodutoras e inverna en costas abrigadas ou lagos do interior, nas costas do mar Báltico, mar Negro, norte de Alemaña e os Países Baixos, e un pequeno número deles chegan a Gran Bretaña. As aves errantes poden chegar a Norteamérica ou a outros países europeos (en Galicia é unha ave accidental).[3].

Nos lagos prefire áreas polas ribeiras, a miúdo baixo árbores pequenas. Reprodúcese en maio e pon de 6 a 9 ovos cor crema. Nidifica en ocos de árbores, como os de vellos niños de petos. É unha ave tímida e foxe facilmente cando a molestan.

Protección editar

É unha das especies ás que se aplica o Acordo para a conservación das aves acuáticas migratorias africano-euroasiáticas (AEWA). Non se considera especie ameazada na Lista Vermella da IUCN, aínda que a súa poboación está decrecendo.[1]

Fósiles editar

Un fósil non nomeado de pato mariño, coñecido por un úmero atopado na formación Sajóvölgyi do Mioceno medio (Badeniano tardío, hai de 13 a 12 millóns de anos) de Mátraszõlõs, Hungría, foi asignado a Mergus. Porén, os autores incluían nese xénero ao mergo pequeno, e en consecuencia, o óso podería ser asignado máis propiamente a Mergellus, especialmente porque é máis similar a un úmero de mergo pequeno que aos restos de Bucephala que tamén se encontraron no sitio. Ás veces arguméntase[11] que o fósil de Mátraszõlõs é demasiado vello para representar ningún xénero moderno de pato mariño, pero aparentemente estes estaban xa ben diferenciados daquela.[12]

Tamén se atoparon subfósiles desta especie en Inglaterra.[11]

Galería editar

Notas editar

  1. 1,0 1,1 BirdLife International (2016): Mergellus albellus na Lista vermella da UICN. Versión 2022-1. Consultada o 7 de novembro de 2022.
  2. Conde Teira, M. A. (1999). "Nomes galegos para as aves ibéricas: lista completa e comentada" (PDF). Chioglossa (A Coruña) 1: 121–138. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 15 de marzo de 2016. Consultado o 28 de setembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 Penas Patiño, Xosé M.; Pedreira López, Carlos (setembro de 2004). Guía das aves de Galicia. Ilustrado por Calros Silvar (2ª ed.). A Coruña: Baía Edicións. ISBN 84-96128-69-5.
  4. Livezey, Bradley C. (1986). "A phylogenetic analysis of recent anseriform genera using morphological characters" (PDF). Auk]] 103 (4): 737–754. JSTOR 4088089. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Madge, Steve; Burn, Hilary (1988). Waterfowl: An Identification Guide to the Ducks, Geese, and Swans of the World. Boston: Houghton Mifflin. pp. 274–276. ISBN 0-395-46727-6. 
  6. 6,0 6,1 6,2 Mergellus albellus (Linnaeus, 1758) no GBIF. Consultado o 7 de novembro de 2022.
  7. Mergellus Selby, 1840 na BioLib. Consultada o 7 de novembro de 2022.
  8. Mergus Arquivado 17 de agosto de 2019 en Wayback Machine. en Myetymology.
  9. Jobling, James A. (2010): The Helm Dictionary of Scientific Bird Names. Lomdres: Christopher Helm. ISBN 978-1-4081-2501-4. p. 38.
  10. albelo, 2ª acep. no Dicionario da RAG.
  11. 11,0 11,1 Mlíkovský, Jiří (2002). Cenozoic Birds of the World, Part 1: Europe. Prague: Ninox Press. p. 123. ISBN 80-901105-3-8 |isbn= incorrecto: checksum (Axuda). 
  12. Gál, Erika; Hír, János; Kessler, Eugén; Kókay, József (1998–99). "Középsõ-miocén õsmaradványok, a Mátraszõlõs, Rákóczi-kápolna alatti útbevágásból. I. A Mátraszõlõs 1. lelõhely" [Middle Miocene fossils from the sections at the Rákóczi chapel at Mátraszőlős. Locality Mátraszõlõs I.] (PDF). Folia Historico Naturalia Musei Matraensis (en Hungarian e English) 23: 33–78. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21 de xullo de 2011. Consultado o 17 de agosto de 2019. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar