Ska-P
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Ska-P é un grupo de ska español formado en Madrid no 1994. Politicamente, poderíase catalogar como un grupo anarquista.
Orixe | Vallecas, España |
---|---|
Período | 1994–2005; 2008–presente |
Xénero(s) | Ska punk |
Selo(s) discográfico(s) | AZ Records RCA Records BMG Music Spain |
Membros | Pulpul Pipi Joxemi Julitros Kogote Luismi |
Antigos membros | Toni Escobar Pako |
Na rede | |
www.ska-p.net | |
As súas cancións caracterízanse polo seu inconformismo, a crítica ao capitalismo, fascismo, sionismo e ó racismo, a defensa da igualdade. A súa canción "Cannabis", reivindicando e apoiando a legalización de dita substancia, foi o seu trampolín para conseguir certa popularidade no territorio español, parte de América do Sur, e tamén en México. Ademais conta con seguidores no Reino Unido, Bélxica, Colombia, Italia, Suíza, Francia e Alemaña. Nos últimos anos actuou en diversos festivais multiculturais, alternativos e anti-globalización do vello continente.
Membros
editar* | Pulpul | Voz, guitarra |
* | Pipi | Segunda voz |
* | Joxemi | Guitarra |
* | Julitros | Baixo, coros |
* | Kogote | Teclado, coros |
* | Luismi | Batería |
Membros anteriores
editar* | Toni Escobar | Guitarra, coros | (1994) |
* | Pako | Batería | (1994) |
Historia
editarEn febreiro de 2005 anunciaron que ían facer un parón indefinido. Ó contrario da información acerca dunha separación dada por numerosos medios de comunicación, deixarían aberta a posibilidade dun futuro retorno, como dixeron os membros do grupo. Anunciaron ademais unha xira de despedida. O seu último concerto en España foi o 24 de setembro de 2005 na Cuberta de Leganés. Aínda así, algúns do grupo, como «pipi», montaron un grupo alternativo parecido a Ska-P,pero menos guitarreiro. Ademais de «pipi» no grupo «The Locos» está tamén «Gari» (pero que por motivos de distancia entre a súa residencia e o estudio de ensaio tivo que abandonar o grupo). Outro integrante de Ska-P, «Joxemi», tamén formou un grupo paralelo á movida de Ska-P pero notase un ton máis punk, o grupo, chamado «No-Relax», sacou un disco de nome «Gridalo!» que contén 13 temas, 12 deles están cantadas en italiano e a outra; en español. Os integrantes de «No-Relax» son: «Micky» na voz e coros, «Joxemi» na guitarra, baixo e voz e «David» na batería.
Finalmente, tras anuncialo «Pulpul» na web oficial do grupo, o grupo vólvese a xuntar para falar e intentar que o grupo volva a activo. Así foi, e sacaron un disco en outubro do 2008 (tras 5 anos sen publicar discos de estudio) chamado Lágrimas y gozos, que segue a súa temática antisocial, criticando especialmente a pederastia e a Igrexa católica.
Actualmente, seguen sendo un dos grupos máis famosos do ska en castelán. Ademais, teñen organizada unha pequena xira de regreso.
Formacións
editar1994
editar- Pulpul – voz e guitarra
- Toni Escobar – guitarra e coro
- Julio – baixo
- Kogote – teclado e coros
- Pako – batería
1996–1998
editar- Pulpul – voz e guitarra
- Pipi – segunda voz
- Joxemi – guitarra
- Julio – baixo
- Kogote – teclado
- Pako – batería
2000–2002
editar- Pulpul – voz e guitarra
- Pipi – segunda voz
- Joxemi – guitarra
- Julio – baixo
- Kogote – teclado
- Luismi – batería
2005
editar- Pulpul – voz e guitarra
- Pipi – segunda voz
- Joxemi – guitarra
- Julio – baixo
- Kogote – teclado
- Luismi – batería
- Gari – trombón
- Txiquitín – trompeta
2008
editar- Pulpul – voz e guitarra
- Pipi – segunda voz
- Joxemi – guitarra
- Julio – baixo
- Kogote – teclado
- Luismi – batería
Discografía
editarÁlbums
editar- Ska-P (1994)
- El vals del obrero (1996)
- Eurosis (1998)
- Planeta Eskoria (2000)
- ¡¡Que corra la voz!! (2002)
- Lágrimas y gozos (2008)
- 99% (2013)
- Game Over (2018)
Álbums en directo
editar- Incontrolable (2003)
- Live in Woodstock Festival (2016)