Alberto Javier Amado
Alberto Javier Amado, máis coñecido como Kogote, nado en Madrid en abril de 1972, é un músico español. É coñecido por ser o teclista do grupo ska punk Ska-P.
(2013) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | abril de 1972 (52 anos) Madrid, España |
Actividade | |
Ocupación | músico |
Xénero artístico | Ska |
Traxectoria
editarNado no barrio de La Latina e criado no de Carabanchel (Madrid), Kogote comeza a se interesar pola música aos 12 anos tocando un vello teclado de seu pai. No instituto forma parte de distintos grupos. Cun deles, Akrópolis, gaña o primeiro premio dun concurso que organiza o parque de atraccións de Madrid. En 1990, conxuntamente co vocalista, forma Fuera de Lugar, chegando a gravar un disco de estudo. Tras diversas mudanzas na formación decide abandonar o grupo e a música de xeiro temporal. Despois de dous anos traballando reúne os cartos necesarios para mercar o seu primeiro teclado profesional, co que debutará tocando en distintas vodas e banquetes. Máis tarde, amais de realizar distintos traballos, continúa a tocar con diferentes bandas de distintos xéneros musicais: heavy, rock, pop, hip hop, rap... sendo o nexo común o carácter reivindicativo de todos eles.
En 1993, en resposta a un anuncio nun local de ensaio no que se solicita un teclista, Kogote ponse en contacto cos membros iniciais da aínda non fundada banda Ska-P.
Discografía
editarCon Ska-P
editar* | El vals del obrero | (1996) | |
* | Eurosis | (1998) | |
* | Planeta Eskoria | (2000) | |
* | ¡¡Que corra la voz!! | (2002) | |
* | Incontrolable | (2003) | En directo |
* | Lágrimas y gozos | (2008) |