Abrir o menú principal

Semente de xirasol

froito do xirasol
Pebidas de xirasol torradas e salgadas.

As sementes de xirasol son sementes comestíbeis dos aquenios do xirasol (Helianthus annuus). Adoitan venderse con ou sen casca, torradas e salgadas como aperitivo, coñecido como pebidas. Tamén son comúns as pebidas de cabaza[1][2]. Existen distintas variedades de pebids, dependendo da variedade de xirasol; ademais de se empregar na alimentación humana, algunhas delas empréganse en alimentación animal, especialmente de aves, en cuxo caso non se salgan.

Índice

HistoriaEditar

 
Pebidas salgadas, típicas como aperitivo.

En orixe, o xirasol bravo procede de América do Norte e Centroamérica, aínda que a comercialización da planta aconteceu por vez primeira en Rusia. Porén, os nativos americanos empregaron diferentes cultivares, cuxa produción de sementes era diversa: habíaas de cor do mel, abrancazadas, e a variedade máis coñecida, a pebida con raias brancas e negras.[3][4]

Dits nativos empregaban as sementes de xirasol de diversa forma: podían moer a semente e utilizala para facer tortas en forma de pan. En ocasións mesturaban as sementes con cabaza ou millo. É moi probábel que incluso fabricasen un aceite que utilizasen na elaboración do pan. Outros usos alleos á alimentación eran: como colorante, tinguindo roupas ou o propio corpo, con función decorativa; e como aceite, empregado na pel e o cabelo. Había cerimonias onde tanto a semente de xirasol como a propia planta eran un elemento utilizado.

Valor nutritivoEditar

 
Sementes: aquenios sen casca.
 
Sementes torradas con sal.
Semente de xirasol
Valor nutricional por 100 g
Enerxía2,445 kJ (584 kcal)
20 g
Azucres2.62 g
Fibra alimentaria8.6 g
51.46 g
Saturadas4.455 g
Monoinsaturadas18.528 g
Poliinsaturadas23.137 g
20.78 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
129%
1.48 mg
Riboflavina (B2)
30%
0.355 mg
Niacina (B3)
56%
8.335 mg
Ácido pantoteico (B5)
23%
1.13 mg
Vitamina B6
103%
1.345 mg
Ácido fólico (B9)
57%
227 μg
Colina
11%
55.1 mg
Vitamina C
2%
1.4 mg
Vitamina E
234%
35.17 mg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
8%
78 mg
Ferro
40%
5.25 mg
Magnesio
92%
325 mg
Manganeso
93%
1.95 mg
Fósforo
94%
660 mg
Potasio
14%
645 mg
Sodio
1%
9 mg
Cinc
53%
5 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga4.7 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.

As pebidas de xirasol son un alimento hipergraxo, moi rico en minerais e con algunhas vitaminas. Conteñen por cada 100 g de produto, 49,57 g de lípidos, 8,76 g de glícidos e 22,78 g de proteínas. Teñen unha porcentaxe de materia seca de 92,53%, de extracto etéreo de 32,65%, de fibra crúa de 26,61%, de cinzas de 3,72% e de extracto libre de nitróxeno de 16,08%. O seu valor enerxético por cada 100 g es de 570 kcal ou 2.390 kJ. En canto á súa composición en vitaminas e minerais (por cada 100 g de produto) destacan, polo seu alto contido, o fósforo, con 705 mg; o magnesio, con 354 mg; e maila vitamina E, con 4,5 mg.

ComercializaciónEditar

 
Un "simit" feito con sementes de xirasol no canto das tradicionais sementes de sésamo.

Son comercializadas torradas con sal ou sen ela. Tamén é posíbel atopalas sen a casca, recibindo logo o nome de “pebidas peladas”.

Países produtoresEditar

Principais produtores - 2012
(millóns de toneladas métricas)
1   Ucraína 8,39
2   Rusia 7,99
3   Arxentina 3,34
4   China 2,37
5   Francia 1,57
6   Romanía 1,40
7   Bulgaria 1,39
8   Turquía 1,37
9   Hungría 1,32
10   Estados Unidos 1,26
Total mundial 37,07 Fonte:
FAO
[5]

NotasEditar

  1. Dicionario de alimentación e restauración, VV. AA. (2012), Santiago de Compostela, Termigal. Xunta de Galicia. Real Academia Galega
  2. Cómpre evitar o castelanismo pipas
  3. Historia del Girasol en National Sunflower Association
  4. Albert A. Schneiter, ed. - Sunflower Technology and Production, The American Society of Agronomy, No. 35, 1997, p. 1-19.
  5. FAOSTAT

Véxase taménEditar

Outros artigosEditar