Selección de rugby de Galicia
A Selección de rugby de Galicia representa a Galicia no deporte de rugby en competicións internacionais de carácter oficial e amigábeis[1], independentemente de que os xogadores participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola IRB.
Galicia | |||
---|---|---|---|
Alcume(s) | O XV do Toxo | ||
Emblema | A Flor do Toxo | ||
Unión | Federación Galega de Rugby | ||
Adestrador | Carlos Bernardos Vallejo Evaristo Martínez Barallobre | ||
Estadio | Manuel Anxo Cortizo, Lalín (8.000) | ||
| |||
Estrea internacional | |||
![]() ![]() 1999 | |||
Maior vitoria | |||
![]() ![]() 17 de decembro de 2006 | |||
Maior derrota | |||
![]() ![]() 21 de decembro de 2003 | |||
Copa do Mundo | |||
Participacións | 0 | ||
Mellor resultado | - |
Historia
editarA Federación Galega de Rugby data do ano 1983, malia que houbo algúns clubs anteriores á fundación da federación coma o Club de Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Hoxe en día os recursos do rugby galego son moi limitados e a nivel de clubs o rugby galego non pasa por un bo momento, a pesar diso o XV do Toxo está a xogar a un grande nivel estando entre as mellores do estado[2], e chegando a participar en competicións internacionais de rugby oficiais, sendo a primeira selección galega en acadalo[3].
O seu primeiro partido foi unha derrota fronte a potente Selección de rugby de Portugal en Santa Isabel na capital galega, os seguintes partidos que xoga a selección son no Campionato de Seleccións territoriais, campionato no que nunca venceu pero no que ten acadado moi boas clasificacións, que a levaron a xogar na Copa de Europa de rexións, onde até o de agora saíu derrotada en tódolos partidos.
O seu debut nun partido internacional foi contra o equipo de Bearn, equipo que representa a esta rexión do Iparralde de fala gascona, no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Os do Toxo saíron derrotada 8 a 26 nunha data histórica para o deporte galego, ao ser o primeiro partido oficial disputado por unha selección do país.
Os símbolos
editarA Flor do Toxo
editarO símbolo da selección galega de rugby é a flor do toxo, a chorima (tamén coñecido coma xorima, e outras formas dialectais) a cal é considerada flor nacional de Galiza[4], debido a súa abundancia nas terras galegas e ao seu significado, unha fermosa flor que xermina entre espiñas.
O himno
editarO himno da selección é "Os Pinos", coma himno de Galicia, con trazas do celtismo (común a grandes seleccións europeas de rugby coma Irlanda, Escocia ou Gales) e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal.
Estadios representativos do XV do Toxo
editarA selección galega ten disputado xogos por toda Galicia. Os primeiros partidos do equipo foron xogados en Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Este estadio foi inaugurado o 22 de setembro de 1963, tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas e capacidade para 8.000 espectadores. O equipo de fútbol SD Compostela xogou neste campo até 1993. En 2003, o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel.
Posteriormente pasa a xogar partidos tanto en Vigo coma en Culleredo, na cidade olívica no Estadio Universitario e na cidade da comarca coruñesa no Complexo Deportivo de Acea de Ama. Os partidos internacionais xogados até o de agora en territorio galego foron xogados no Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, na comarca do Deza, estadio moderno (recentemente en remodelación), e con capacidade para 8.000 seareiros.
Rexistros
editarRelación de tódolos partidos xogados pola Selección de rugby de Galiza en campionatos estatais e internacionais[5]
Partidos amigábeis
editarData | Lugar | Equipo Local | Equipo Visitante | Resultado |
---|---|---|---|---|
1999 | Santa Isabel, Compostela | Galicia | Portugal |
Data | Lugar | Equipo local | Equipo visitante | Resultado |
---|---|---|---|---|
12-10-2003 | Campo Municipal de Santa Isabel, Santiago de Compostela | Galicia | Cataluña | |
21-12-2003 | País Vasco | Galicia | ||
10-10-2004 | La Foixarda, Barcelona | Cataluña | Galicia | |
18-12-2004 | As Lagoas-Marcosende, Vigo | Galicia | País Vasco | |
16-01-2005 | Campos de Pepe Rojo, Valladolid | Galicia | Asturias | |
29-10-2005 | Acea de Ama, Culleredo | Galicia | Navarra | |
27-11-2005 | Instalacións Deportivas UNBE, Éibar | País Vasco | Galicia | |
25-11-2006 | Acea de Ama, Culleredo | Galicia | País Vasco | |
17-12-2006 | Nafarroako Unibertsitate Publikoa, Pamplona | Navarra | Galicia | |
13-01-2007 | Las Mestas, Xixón | Galicia | Castela e León | |
22-09-2007 | Estadio Universitario, Vigo | Galicia | Comunidade Valenciana | |
29-09-2007 | Plaiaundi, Irún | País Vasco | Galicia | |
16-12-2007 | Santa Bárbara de Llaranes, Avilés | Galicia | Castela e León |
Copa de Europa de Rexións
editarData | Lugar | Equipo local | Equipo visitante | Resultado |
---|---|---|---|---|
07-10-2006 | Manuel Anxo Cortizo, Lalín | Galicia | Bearn | |
04-11-2006 | Antoine Béguère, Lourdes | Armagnac-Bigorre | Galicia | |
22-12-2007 | Manuel Anxo Cortizo, Lalín | Galicia | Armagnac-Bigorre |
Notas
editar- ↑ "A Nosa Terra". Arquivado dende o orixinal o 31 de maio de 2008. Consultado o 07 de marzo de 2009.
- ↑ "Entrevista a Manuel Espiña" en Vieiros.
- ↑ "Cal é a primeira Selección Galega que ten un partido internacional oficial?"[Ligazón morta] Nova en www.xornal.com.
- ↑ "Flores nacionais", no Setestrelo do Portal das Palabras, 25 de xullo de 2014.
- ↑ FER Outras Competicións (en castelán)