Camp Municipal de Rugbi La Foixarda

O Camp Municipal de Rugbi La Foixarda é un recinto deportivo de Barcelona adicado á práctica do rugby no que xoga como local o Barcelona Universitari Club e antigamente tamén o Futbol Club Barcelona e a Selección de rugby de España.

Camp de rugbi La Foixarda
Camp de la Foixarda - Barcelona.jpg
Cataluña La Foixarda
Datos
LocalizaciónBarcelona
Construción
Inauguración1921
Renovación1953 e 2013
Estadio
SuperficieHerba sintética
Capacidade800 asentos
LocalíaBarcelona Universitari Club

O estadio orixinal foi construído nunha antiga canteira chamada "La Foixarda" situada ós pes de Montjuïc. No momento da súa inauguración en 1921 foi o maior estadio da cidade (aínda non existían o Estadi de Montjuïc nin o Camp de Les Corts) cunha capacidade para acoller a 25.000 seareiros.[1] A intención era que fose unha das sedes dos Xogos Olímpicos de 1924 que a cidade de Barcelona pretendía organizar.

O FC Barcelona contruíu o Camp de Les Corts en 1922 e en 1933 foi construído o campo de rugby de La Bordeta, de xeito que despois dunha tempada como parque de atraccións La Foixarda foi abandonada e mesmo empregada como cemiterio de coches. En decembro de 1953 La Foixarda foi reinaugurado como campo de rugby, acollendo a competición de rugby durante os Xogos Mediterráneos de 1955, e foi nove veces a sede da final da Copa do Rei de Rugby.

Co tempo as remodelacións reduciron a capacidade das bancadas ate menos de mil asentos, e en 2013 o terreo de xogo de herba natural foi cambiado por outro sintético mais axeitado para soportar o alto número de encontros de rugby que nel se xogan.

NotasEditar

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar