Abrir o menú principal

Selección de rugby de Galicia

(Redirixido desde "Selección galega de rugby")
Flag of Galicia.svg
Galicia
[[Imaxe:|15px|Actual campión do mundo]] Campión do Mundo
Actual campión do Seis NaciónsCampión do Seis Nacións
[[Imaxe:|15px|Actual campión do Tri Nations]]Campión do Tri Nations
Team colours
Kit body bluehorizontal.png
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Na casa
Team colours
Kit body unknown.png
Team colours
Team colours
Team colours
Team colours
Fóra
Unión Federación Galega de Rugby
Fundación: 1983
Emblema: A Flor do Toxo
Alcume: O XV do Toxo
Estadio: Manuel Anxo Cortizo, Lalín (8.000)
Adestrador: Carlos Bernardos Vallejo
Evaristo Martínez Barallobre
Capitán:
Estrea internacional
Galicia Galicia : Flag of Portugal.svg Portugal
1999
Maior vitoria
Navarra Navarra 5:45 Galicia Galicia
17 de decembro de 2006
Maior derrota
País Vasco País Vasco 59:0 Galicia Galicia
21 de decembro de 2003
Copa do Mundo de Rugby
Participacións 0
Mellor resultado -
Copa de Europa
Participacións 2
Mellor resultado -

A Selección de rugby de Galicia representa a Galicia no deporte de rugby en competicións internacionais de carácter oficial e amigábeis[1], independentemente de que os xogadores participen ou non con outras seleccións nacionais recoñecidas pola IRB.

HistoriaEditar

A Federación Galega de Rugby data do ano 1983, malia que houbo algúns clubs anteriores á fundación da federación coma o Club de Rugby Arquitectura Técnica da Coruña. Hoxe en día os recursos do rugby galego son moi limitados e a nivel de clubs o rugby galego non pasa por un bo momento, a pesar diso o XV do Toxo está a xogar a un grande nivel estando entre as mellores do estado[2], e chegando a participar en competicións internacionais de rugby oficiais, sendo a primeira selección galega en acadalo[3].

O seu primeiro partido foi unha derrota fronte a potente Selección de rugby de Portugal en Santa Isabel na capital galega, os seguintes partidos que xoga a selección son no Campionato de Seleccións territoriais, campionato no que nunca venceu pero no que ten acadado moi boas clasificacións, que a levaron a xogar na Copa de Europa de rexións, onde até o de agora saíu derrotada en tódolos partidos.

O seu debut nun partido internacional foi contra o equipo de Bearn, equipo que representa a esta rexión do Iparralde de fala gascona, no estadio Manuel Anxo Cortizo de Lalín. Os do Toxo saíron derrotada 8 a 26 nunha data histórica para o deporte galego, ao ser o primeiro partido oficial disputado por unha selección do país.

Os símbolosEditar

 
Flor do toxo, símbolo da selección.[Cómpre referencia]

A Flor do ToxoEditar

O símbolo da selección galega de rugby é a flor do toxo, a chorima (tamén coñecido coma xorima, e outras formas dialectais) a cal é considerada flor nacional de Galiza[4], debido a súa abundancia nas terras galegas e ao seu significado, unha fermosa flor que xermina entre espiñas.

O himnoEditar

O himno da selección é "Os Pinos", coma himno de Galicia, con trazas do celtismo (común a grandes seleccións europeas de rugby coma Irlanda, Escocia ou Gales) e do helenismo sempre presentes na obra de Pondal.

Estadios representativos do XV do ToxoEditar

A selección galega ten disputado xogos por toda Galicia. Os primeiros partidos do equipo foron xogados en Santa Isabel, en Santiago de Compostela. Este estadio foi inaugurado o 22 de setembro de 1963, tiña un peche sinxelo cunha cuberta, e en 1969 instalouse nel unha tribuna e uns focos luminosos, cun custo de 1 millón de pesetas e capacidade para 8.000 espectadores. O equipo de fútbol SD Compostela xogou neste campo até 1993. En 2003, o campo foi remodelado como parte do Centro Municipal de Deportes, co nome de Santa Isabel.

Posteriormente pasa a xogar partidos tanto en Vigo coma en Culleredo, na cidade olívica no Estadio Universitario e na cidade da comarca coruñesa no Complexo Deportivo de Acea de Ama. Os partidos internacionais xogados até o de agora en territorio galego foron xogados no Estadio Manuel Anxo Cortizo en Lalín, na comarca do Deza, estadio moderno (recentemente en remodelación), e con capacidade para 8.000 seareiros.

RexistrosEditar

Relación de tódolos partidos xogados pola Selección de rugby de Galiza en campionatos estatais e internacionais[5]

Partidos amigábeisEditar

Data Lugar Equipo Local Equipo Visitante Resultado
1999 Santa Isabel, Compostela   Galicia   Portugal
-

Campionato de seleccións territoriaisEditar

Data Lugar Equipo local Equipo visitante Resultado
12-10-2003 Campo Municipal de Santa Isabel, Santiago de Compostela   Galicia   Cataluña
20 - 26
21-12-2003   País Vasco   Galicia
59 - 0
10-10-2004 La Foixarda, Barcelona   Cataluña   Galicia
23 - 3
18-12-2004 As Lagoas-Marcosende, Vigo   Galicia   País Vasco
6 - 65
16-01-2005 Campos de Pepe Rojo, Valladolid   Galicia   Asturias
26 - 22
29-10-2005 Acea de Ama, Culleredo   Galicia   Navarra
7 - 0
27-11-2005 Instalacións Deportivas UNBE, Éibar   País Vasco   Galicia
51 - 0
25-11-2006 Acea de Ama, Culleredo   Galicia   País Vasco
5 - 37
17-12-2006 Nafarroako Unibertsitate Publikoa, Pamplona   Navarra   Galicia
5 - 45
13-01-2007 Las Mestas, Xixón   Galicia   Castela e León
25 - 26
22-09-2007 Estadio Universitario, Vigo   Galicia   Comunidade Valenciana
24 - 29
29-09-2007 Plaiaundi, Irún   País Vasco   Galicia
35 - 7
16-12-2007 Santa Bárbara de Llaranes, Avilés   Galicia   Castela e León
9 - 10

Copa de Europa de RexiónsEditar

Data Lugar Equipo local Equipo visitante Resultado
07-10-2006 Manuel Anxo Cortizo, Lalín   Galicia   Bearn
8 - 26
04-11-2006 Antoine Béguère, Lourdes   Armagnac-Bigorre   Galicia
43 - 8
22-12-2007 Manuel Anxo Cortizo, Lalín   Galicia   Armagnac-Bigorre
22 - 51

NotasEditar

Véxase taménEditar