Saint Kitts e Nevis

(Redirección desde «San Cristovo e Neves»)

Saint Kitts e Nevis (Escoitari/-ˈkɪts ...ˈnvɪs/)[1] (en inglés: Saint Kitts and Nevis) é un país do Caribe, constituído polas illas de Saint Kitts, ou Saint Christopher, e Nevis. Os territorios veciños máis próximos son as Antillas Holandesas no noroeste, Antiga e Barbuda polo leste e sueste, e Saint-Barthélemy, unha dependencia de Guadalupe, no norte. É o estado soberano máis pequeno no hemisferio occidental, tanto en superficie como en poboación.[2] O país é un reino da Commonwealth, con Carlos III do Reino Unido como rei e xefe do Estado.[3][4]

Modelo:Xeografía políticaSaint Kitts e Nevis
Federation of Saint Kitts and Nevis (en) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoOh Land of Beauty! (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata

Lema«Country Above Self (en) Traducir» Editar o valor en Wikidata
Localización
Editar o valor en Wikidata Mapa
 17°16′18″N 62°40′00″O / 17.271667, -62.666669
CapitalBasseterre Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación55.345 (2017) Editar o valor en Wikidata (205,47 hab./km²)
Lingua oficiallingua inglesa Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie269,358763 km² Editar o valor en Wikidata
Punto máis altoMonte Liamuiga (pt) Traducir (1.156 m) Editar o valor en Wikidata
Punto máis baixoMar Caribe (0 m) Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Creación27 de febreiro de 1967 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
12 de febreiro de 1782Siege of Brimstone Hill (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
Forma de gobernomonarquía constitucional
monarquia federal (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
• Monarca Editar o valor en WikidataCarlos III do Reino Unido (2022–) Editar o valor en Wikidata
• Prime Minister of St Kitts and Nevis (en) Traducir Editar o valor en WikidataTerrance Drew (pt) Traducir (2022–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoAssembleia Nacional (São Cristóvão e Neves) (pt) Traducir , (Escano: 15) Editar o valor en Wikidata
Membro de
PIB nominal860.844.444 $ (2021) Editar o valor en Wikidata
MoedaDólar Caribe-Leste Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
Dominio de primeiro nivel.kn Editar o valor en Wikidata
Prefixo telefónico+1869 Editar o valor en Wikidata
Teléfono de emerxencia911 Editar o valor en Wikidata
Código de paísKN Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

Sitio webgov.kn Editar o valor en Wikidata
BNE: XX461792

A súa capital é Basseterre na illa máis grande de Saint Kitts.[5] A pequena illa de Nevis está aproximadamente a 3 km. ao sueste a través dunha canle pouco profunda chamada The Narrows.[6]

A dependencia británica de Anguila tamén foi parte desta unión, que entón era coñecida colectivamente como Saint Christopher-Nevis-Anguila, así a todo optou por apartarse da unión e segue sendo un Territorio Británico de Ultramar.[7] Ao norte-noroeste atópanse as illas de Santo Eustaquio, Saba, Saint-Barthélemy, Saint-Martin / Sint Maarten e Anguila. Ao leste e ao nordés atópanse Antiga e Barbuda, e ao sueste a pequena illa deshabitada de Redonda (parte de Antiga e Barbuda) e a illa de Montserrat.

Saint Kitts e Nevis foron as primeiras illas do Caribe en colonizarse polos europeos. Saint Kitts foi o fogar das primeiras colonias británicas e francesas do Caribe, e así foi tamén chamada "A Colonia Nai das Indias Occidentais". [Cómpre referencia]

Historia

editar

Saint Kittts, ou San Cristovo, era orixinalmente chamada Liamuiga polos indíxenas que a habitaban. Nevis era orixinalmente chamada Oualie, "terra das augas belas". Cristovo Colón avistou Nevis o 1493.

As illas tornáronse colonias do Reino Unido no 1624. Nevis foi colonizada no 1628 con colonos orixinarios de Saint Kitts. A pesar de separadas por apenas 3 km de auga, as dúas illas foron colonias separadas ata o final do século XIX, cando foron unidas entre si e a Anguila.

San Cristovo, Nevis e Anguila, tornáronse un Estado en conxunto, con autonomía interna completa en 1967. Anguilla rebelouse e foi permitida súa separación en 1971. San Cristovo e Nevis conseguiron a súa independencia en 1983. En agosto do 1998, celebrouse un referendo de autodeterminación en Nevis, os votos favorables á secesión non chegaron aos dous terzos requiridos pola constitución. En setembro do mesmo ano, o furacán Georges causou aproximadamente 445 millóns de dólares en danos, e limitou o crecemento do PIB para aquel ano.

Política

editar

Como a maior parte dos países que integran a Mancomunidade Británica de Nacións, o xefe de Estado das illas segue sendo o monarca británico, o cal elixe un Gobernador Xeral residente para que lle represente nos asuntos locais. Desde o 1 de xaneiro de 1996 o Gobernador Xeral das illas é Cuthbert Montraville Sebastian. O xefe de goberno é o Primeiro Ministro Denzil Douglas, que é tamén líder do partido que ten a maioría no parlamento.

O Parlamento unicameral (National Assembly, Asemblea Nacional) ten 14 membros, sendo 11 elixidos directamente pola poboación (3 da illa de Nevis) e 3 senadores, que son indicados polo Gobernador Xeral.

O país forma parte do Caricom e da Organización dos Países do Caribe-Leste (OECS).

Subdivisións

editar

Hai 14 subdivisións ou parroquias nas dúas illas:

San Cristovo (Saint Kitts)

Christ Church Nichola Town - Saint Anne Sandy Point - Saint George Baseterre - Saint John Capisterre - Saint Mary Cayon - Saint Paul Capisterre - Saint Peter Baseterre - Saint Thomas Middle Island - Trinity Palmetto Point.

Nevis

Saint George Gingerland - Saint James Windward - Saint John Figtree - Saint Paul Charlestown - Saint Thomas Lowland -  

Parroquias Capital Poboación Superficie
(km2)
Poboación
densidade
por km2
Illa
Christ Church Nichola Town Nichola Town 1,922 18 107 Saint Kitts
Saint Anne Sandy Point Sandy Point Town 2,626 13 202 Saint Kitts
Saint George Basseterre Basseterre 12,635 29 436 Saint Kitts
Saint John Capisterre Dieppe Bay Town 2,962 25 118 Saint Kitts
Saint Mary Cayon Cayon 3,435 15 229 Saint Kitts
Saint Paul Capisterre Saint Paul Capisterre 2,432 14 174 Saint Kitts
Saint Peter Basseterre Monkey Hill 4,670 21 222 Saint Kitts
Saint Thomas Middle Island Middle Island 2,535 25 101.4 Saint Kitts
Trinity Palmetto Point Trinity 1,701 16 106 Saint Kitts
Saint George Gingerland Market Shop 2,496 18 139 Nevis
Saint James Windward Newcastle 2,038 32 64 Nevis
Saint John Figtree Figtree 3,827 22 174 Nevis
Saint Paul Charlestown Charlestown 1,847 4 462 Nevis
Saint Thomas Lowland Cotton Ground 2,069 18 115 Nevis


Xeografía

editar

Artigo principal: Xeografía de Saint Kitts e Nevis

 
Mapa do país.
 
Nevis vista desde Saint Kitts

O país está formado por dúas illas antillanas principais, Saint Kitts e Nevis, separadas por unha distancia de 3 km. polo estreito de The Narrows.[8] Ambas son de orixe volcánica, con grandes picos centrais cubertos de selva tropical.[9] A maioría da poboación vive ao longo das zonas costeiras máis planas.[9] St Kitts contén varias cadeas montañosas (a North West Range, Central Range e South-West Range) no seu centro, onde está o pico máis alto do país, o Monte Liamuiga con 1156 m..[8] Ao longo da costa leste pódense atopar os outeiros Canadá e Conaree. A terra estreitase considerablemente no sueste, formando unha península moito máis plana que contén a maior masa de auga, a Great Salt Pond. Ao sueste, en The Narrows, atópase a pequena illa de Booby Island. Son numerosos os ríos que descenden das montañas de ambas illas, que proporcionan auga doce á poboación local. Nevis, a máis pequena das dúas illas principais e de forma aproximadamente circular, está dominada polo Nevis Peak 985 m.[9]

O clima das illas é tropical húmido cunha media de 26,7 graos durante todo o ano.

É o país máis pequeno de América.

Economía

editar

Artigo principal: Economía de Saint Kitts e Nevis

O turismo e as finanzas internacionais son a fonte principal de ingresos para a súa poboación.

San Cristovo e Nevis é membro da Comunidade do Caribe (Caricom). A Suprema Corte do Caribe Oriental encárgase dos seus asuntos xudiciais e a súa moeda é o dólar do Caribe Oriental.

Demografía

editar

A poboación das illas está composta na súa maioría por negros descendentes dos escravos traídos da África Occidental.

A maioría da poboación é cristiá, principalmente anglicanos, aínda que tamén existen outras confesións protestantes e a igrexa católica.

O inglés é o principal idioma, aínda que tamén se fala o patois.

  1. "Listaxe de países participantes en Rio2016, ordenados por continente" (PDF). Portal das Palabras. Consultado o 16 de agosto de 2016. 
  2. "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  3. "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  4. "Enclopedia Britannica - St Kitts e Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  5. "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  6. "CIA World Factbook- St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  7. "CIA World Factbook-St Kitts e Nevis". Arquivado dende o orixinal o 13 de febreiro de 2016. Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  8. 8,0 8,1 "Enclopedia Britannica – St Kitts and Nevis". Consultado o 10 de xullo de 2019. 
  9. 9,0 9,1 9,2 "CIA World Factbook- St Kitts and Nevis". www.cia.gov. Consultado o 10 de xullo de 2019.