Salvador Moreno

Militar e político galego

Salvador Moreno Fernández, nado en Ferrol o 14 de outubro de 1886 e finado en Madrid o 2 de maio de 1966, foi un militar galego. Participou na rebelión militar contra a II República que desencadeou a Guerra civil española (1936-1939), tralo cal ocupou varios cargos na ditadura de Franco, entre eles o de ministro de Mariña.

Infotaula de personaSalvador Moreno
Nome orixinal(es) Salvador Moreno Fernández Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento14 de outubro de 1886 Editar o valor em Wikidata
Ferrol, España Editar o valor em Wikidata
Morte2 de maio de 1966 Editar o valor em Wikidata (79 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Procurador en Cortes
3 de xullo de 1964 – 25 de maio de 1966
Procurador en Cortes
31 de maio de 1961 – 6 de xuño de 1964
Procurador en Cortes
16 de maio de 1958 – 18 de abril de 1961
Procurador en Cortes
14 de maio de 1955 – 14 de abril de 1958 – Felipe José Abárzuza (en) Traducir →
Procurador en Cortes
14 de maio de 1952 – 13 de abril de 1955
Procurador en Cortes
13 de maio de 1949 – 5 de abril de 1952
← Francisco Regalado Rodríguez
Procurador en Cortes
12 de maio de 1946 – 4 de maio de 1949
Procurador en Cortes
6 de outubro de 1945 – 1 de maio de 1946 – Francisco Regalado Rodríguez →
Deputado no Congreso dos Deputados
Ministro de Mariña de España
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Madrid Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónpolítico , militar , oficial da armada Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
Rango militaralmirante Editar o valor em Wikidata
ConflitoGuerra civil española Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesFrancisco Bastarreche Díaz de Bulnes (irmão da esposa (pt) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

Traxectoria editar

En 1903 ingresou como aspirante de Mariña, logrando en 1908 o rango de Oficial, e en 1927 foi nomeado Xentilhome de cámara con exercicio do rei Afonso XIII, sendo destinado á base de Ríos, en Vigo. En 1933 asignóuselle o mando do buque-escola Juan Sebastián Elcano[1].

Tralo levantamento militar de 1936, incorporouse inmediatamente á sublevación no Arsenal de Ferrol, conseguindo apoderarse do cruceiro Almirante Cervera, fondeado no porto de Ferrol controlado por oficiais, mariñeiría e civís contrarios á sublevación. Subiu ao cruceiro só e sen escolta, como se lle solicitara desde o buque, conseguindo disuadir a tripulación e tomar o control do mesmo, motivo polo cal se lle concedeu en 1939 a Cruz Laureada de San Fernando[2]. O 23 de xullo, sendo capitán de Fragata, botouse ao mar nese barco, tendo gran protagonismo en operacións marítimas da Fronte Norte. A primeira misión foi acudir a Xixón en auxilio dos militares alí sublevados, que foran sitiados nos cuarteis de Zapadores e Simancas, aos que axudaba disparando cos canóns do buque cara aos obxectivos solicitados por eles, especialmente nos arredores dos cuarteis sitiados. A eficacia militar dos disparos non era moi grande, pero si a impresión que causaban na moral dos sitiados[3]. A última comunicación entre os cuarteis sitiados e o cruceiro Cervera foi "Disparade sobre nós. O inimigo está dentro" , orde que nunca se executou ao crer o Comandante Moreno que era unha táctica do inimigo[4].

Despois pasou a mandar o cruceiro Canarias, dentro das operacións no Mediterráneo e o Atlántico, onde tamén obtivo importantes vitorias. Con ese buque participou na Batalla de Machichaco, onde recolleu e fixo prisioneiros os 20 superviventes do bou Nabarra, que uns meses despois foron xulgados en consello de guerra e condenados a morte, pero o comandante Moreno intercedeu directamente ante o xeneral Franco impresionado polo valor demostrado pola tripulación do Nabarra, logrando que Franco os indultase e os puxese en liberdade en recoñecemento á súa valentía[5].

En 1937 foi nomeado segundo Xefe de Estado Maior da Armada, e en agosto de 1939 foi proclamado Ministro de Mariña, cargo que desempeñou en dúas etapas (1939-45 e 1951-57). Foi o encargado de acometer a reconstrución da Armada española trala guerra civil. Como Ministro de Mariña, foi un dos altos cargos do réxime que máis insistiu para que España non tomase parte na segunda guerra mundial. De feito, el e o entón capitán de fragata Luis Carrero Blanco redactaron en 1940 o informe que desaconsellaba a intervención española no conflito[6], aínda que España participou apoiando o Eixo fascista, coa División Azul, a LEV, ou construíndo submarinos para a Kriegsmarine, operación na que Salvador Moreno participou.

Ascendido a Almirante en 1950, en 1951 foille concedida a Gran Cruz do Mérito Aeronáutico[7] e cabaleiro da Orde Militar e Hospitalaria de San Lázaro de Xerusalén.

Trala súa morte, foi soterrado no Panteón de Mariños Ilustres de San Fernando (provincia de Cádiz).

Imputación por crimes contra a humanidade e detención ilegal editar

En 2008 foi un dos trinta e cinco altos cargos do franquismo imputados pola Audiencia Nacional no sumario instruído por Baltasar Garzón, polos delitos de detención ilegal e crimes contra a humanidade cometidos durante a guerra civil e nos primeiros anos do réxime. Non foi procesado tras comprobarse o seu falecemento[8][9][10]. Posteriormente, o Tribunal Supremo estimou que a cualificación de «crimes contra a humanidade» por parte de Garzón fora errónea, xa que este concepto foi definido con posterioridade aos feitos imputados (principio de legalidade)[11].

Notas editar

  1. Armada: Nuestros marinos (en castelán).
  2. BOE (en castelán).
  3. "Sangriento 14 de agosto", artigo de Javier Rodríguez Muñoz en La Nueva España, 29 de agosto de 2011 (en castelán).
  4. Mortera Pérez, A.: De Comandante crucero "Cervera" a Comandante Militar Gijón. AF editores, 2005. ISBN 978-84-96016-63-7 (en castelán).
  5. "La Marina de Guerra Auxiliar de Euzkadi" Arquivado 02 de xaneiro de 2013 en Archive.is, artigo de Juan Pardo San Gil en Deia, 25 de febreiro de 2012 (en castelán).
  6. "Las veintiuna razones para que España no entrase en la II Guerra Mundial", artigo en Generalísimo Franco (en castelán).
  7. "Decretos de 18 de julio de 1951 por los que se concede la Gran Cruz del Mérito Aeronáutico a los Excelentisimos señores don Salvador Moreno Fernández don José María Fernández-Ladreda y Menéndez-Valdés, don José Rodríguez y Díaz de Lecea y don Eugenio de Frutos Dieste." (PDF). BOE (en castelán) (208): 3 538. 27 de xullo de 1951. BOE-A-1951-8287. 
  8. Auto de 16 de outubro de 2008 Arquivado 24 de outubro de 2012 en Wayback Machine. (en castelán).
  9. Auto do xuíz Garzón no que se inhibe de investigar a causa do franquismo Arquivado 05 de setembro de 2015 en Wayback Machine., novembro de 2008 (en castelán).
  10. "Garzón reparte la causa del franquismo", artigo en El País, 19 de novembro de 2008 (en castelán).
  11. "El Supremo considera que Garzón erró, pero no prevaricó, y lo absuelve", artigo en El País, 27 de febreiro de 2012 (en castelán).

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Nova creación
 
Ministro de Mariña de España

1939-1945
Sucesor:
Francisco Regalado
Predecesor:
Francisco Regalado
 
Ministro de Mariña de España

1951-1957
Sucesor:
Felipe José Abárzuza